Por fin rematamos o mural de primavera que adorna o corredor principal do noso centro.
Empezamos coloreando as letras que atopamos na páxina da MAESTRA MARY:
Para o talo, aproveitamos os tubos de cartón hixiénico e de cociña que gardábamos na nosa clase e para as follas, utilizamos uns globos de cor verde.
A continuación, puxemos unhas bolboretas que como podedes ver, son iguais as que adornan unha das nosas ventás de clase, e xa vos explicamos nunha entrada anterior como se facían:
Tamén fixemos uns bonitos paxariños con folios de cores para colocar nos cristais:
Para facelos, seguimos estas sinxelas instrucións que atopamos pola rede. Non vos podo poñer o enlace porque pon que está bloqueado. Se alguén sabe de quen son as instrucións, que mo diga e poño o enlace:
E por último, fixemos unhas bonitas flores de cores:
E estas son as instrucións para facelas que atopamos AQUÍ:
QUE VOS PARECE O NOSO MURAL DE PRIMAVERA? GÚSTAVOS?
A maioría dos nenos e nenas do noso cole, participaron o pasado venres, xunto co profe Antonio e a profe Lorena, na oitava marcha ciclista escolar, organizada polo equipo de Educación Vial do Concello de Narón en colaboración coa Policía Local, Protección Civil, asociacións de ciclistas, profesorado e as ANPAS de colexios de Narón e Neda.
Despois dun curto percorrido onde foron xuntándonse con nenos e nenas doutros centros, reuníronse todos no paseo de Xubia, onde compartiron merenda e un rato de convivencia con preto de 1.200 alumnos e alumnas de colexios da zona como A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan e Ayala.
Pasárono moi ben.
Aquí vos deixamos algúns recursos e xogos sobre as bicicletas. Espero que vos resulten útiles:
- Xogo da oca da bicicleta Cleta:
- Xogos para aprender a maniobrar as bicis:
- Glogster interactivo con distintos videos, contos e xogos:
O pasado luns, tivemos a segunda charla do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. Se a semana pasada, Jesús, o garda civil que veu ao noso centro,falounos dos riscos de Internet, hoxe tocoulle o turno ao ACOSO ESCOLAR e a VIOLENCIA DE XÉNERO.
Aprendimos que o ACOSO ESCOLAR é calquer tipo de agresión non só física senón tamén verbal e psicolóxica coa intención de facer dano , que é un delito que se atopa contemplado no Código Penal e tamén que é tan culpable o que agrede como o que está de espectador e non fai nada para frear a agresión contándollo a un adulto.
E ademais, que facemos acoso verbal cando insultamos, lle poñemos mote, humillamos ou inventamos rumores sobre un compañeir@... non só en persoa senón tamén nas redes sociais e no whatsapp. Que este acoso é psicolóxico se o aillamos , non o deixamos xogar, o apartamos,... Iso non quere dicir que cada vez que rifemos ou nos pelexemos esteamos a facer acoso, xa que se este feito se produce de xeito aillado ou esporádicamente ainda que terá as súas consecuencias negativas non constitúe acoso. Para falar de acoso, estas situacións téñense que manter no tempo.
E por suposto, o que tamén quedounos moi clariño, é que nunca debemos responder a unha situación de acoso con violencia, unha porque magnificaremos o asunto é non o arreglaremos e outra porque nos poñeriamos ao mesmo nivel que o acosador. O mellor sempre nestes casos é informar aos nosos pais ou a algún adulto de confianza: familiar, mestre,...
Algúns materiais para traballar o acoso escolar:
En canto á VIOLENCIA DE XÉNERO, Jesús contounos que é cando un home maltrata física, verbal ou psicolóxicamente a unha muller coa que mantén ou mantivo unha relación sentimental. É un tema que xa vén de moi antiguo,pois xa dende o principio dos tempos, o papel da muller sempre estivo ligado á casa e ao coidado dos fillos. Afortunadamente na actualidade isto está a cambiar e para acadar este cambio debemos educar aos nenos en nenas, desde edades ben tempranas, á resolución pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver a autoestima, principios que favorecen a desaparición dos perxuicios de xénero que se dan xa desde a escola.
Aquí temos un exemplo de maltrato:
E xa para rematar, deixámosvos estes libros lim para traballar a COEDUCACIÓN nas vosas clases:
a) A Historia de los Bonobos con gafas do libro de Adela Turín e Nella Bornia:
A primavera xa chegou as nosas clases. Así de bonitas están as nosas ventás coa sinxela pero vistosa decoración:
Temos a ventá dos paxariños de cores:
E a ventá das bolboretas:
Para facer os paxaros utilizamos cinta negra que pegamos ao cristal con cinta de dobre cara e estas siluetas de paxaros que copiamos e recortamos en papel de seda:
Hoxe participamos no Correlingua que é unha carreira simbólica en defensa do galego, a nosa lingua. Este ano celebrouse no Pazo de Cultura de Narón e ademais do noso cole (fomos 1º,2º,4º e 5º de E:P.), había outros 900 escolares de distintos colexios da comarca como: Centieiras, A Solana, Virxe do Mar, Isaac Peral, Esteiro, Recimil, CRA de Narón, CEE Terra de Ferrol,... por iso iamos todos moi ben equipados cos nosos chalecos identificativos.
Unha vez que chegamos e nos xuntamos todos, comezamos a carreira portando a pancarta que fixemos para a ocasión co lema deste ano: "GALEGO a nosa creación común":
Cando rematou a carreira, tocoulle o turno aos xogos populares organizados polos alumn@s do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas do CIFP Rodolfo Ucha. Xogamos ao brilé, á corda, aos aros, ao balón asasino, ás carreiras de sacos ,... . Pasámolo fenomenal.
E por último, entramos dentro do Pazo da Cultura. Alí, Xurxo Souto, coñecido porque foi líder e vocalista do grupo de rock galego "O Diplomáticos de Monte-Alto" dende 1990 ata o 2001, fixo de mestre de ceremonias.
Presentando a obra do Grupo de Teatro de Narón: "As aventuras da Bichuca Cuca" e a actuación do músico Paco Nogueiras que nos cantou algunhas das cancións incluidas no libro-disco Brinca Vai como No Samaín, Rap do Magosto, Apertas que Voan, Meu o mundo é ... Deixámosvos o video promocional da canción "MEU O MUNDO É" que "conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego:arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! Que as nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Que vivamos en Galego e que construamos o noso mundo en galego".
Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos e canto disfrutamos:
Foi unha charla do máis interesante. Ao longo de preto dunha hora, Jesús falounos dos perigos cos que nos podemos atopar cando usamos Internet (tanto no ordenador como en móbiles e tablets) para as redes sociais como tuenty, facebook, twitter, instagram, snapchat,... e o whatssap e aconsellounos coñecer ben os programas antes de descargalos nos nosos dispositivos para saber que é o que estamos aceptando e non ter que arrepentirnos no futuro.
Isto non quere dicir que o uso de Internet sexa malo, ao contrario xa que ten grandes e moi boas vantaxes, só que debemos utilizar a rede con precaución sobre todo cando subimos información nosa para crear un perfil ou cando compartimos imaxes.
Estivemos moi atentos para non perder detalle:
E para non olvidar o aprendido, quen mellor que Phineas e Ferb para lembrárnolo:
Ademais na páxina da Xunta temos: "NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPACIO" "unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con precaución pola Rede evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos". Este Plan, inclúe ademais dunha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias; un xogos para aprender lendo e xogando.
E xa para rematar deixámosvos unha infografía sobre Boas Prácticas nas Redes Sociais:
Como xa vos contamos nunha entrada anterior, este ano participamos no proxecto colaborativo EL QUIJOTE Y LAS TICS así que na clase montamos un recuncho para poñer nel todos os materiais que temos sobre o mesmo. Comezamos cunha estantería do Quixote que a profe conseguiu dunha amiga súa que ten unha librería. Alí puxemos un libro que temos da biblioteca: "Mi primer Larousse del Quijote" así como dous cómics, un libro redondo de adiviñas con forma de Sancho Panza e tamén un xogo de memoria cos personaxes do libro. Todavía fáltanos por colocar dous libros que trouxo Sergio da 1ª e 2ª parte do Quixote e tamén un póster que nos trouxo Manuel.
O día do libro, na clase, ademais do programa de radio, estivemos "lendo" entre todos o larousse do Quixote. Falamos dos personaxes que aparecían no libro e descubrimos que a Sancho Panza lle gustaban moitísimo os ditos e os refráns.
Así que seleccionamos uns cuantos refráns , anotamos que personaxe o dicía e averiguamos en que capítulo saía. A continuación, repartímonos os personaxes e cada un anotou os refráns nunha folla xunto co autor e o capítulo. E ademais, cada un de nós debuxou ao seu personaxe.
Xa só nos faltaba poñerlle unha portada, e cando así o fixemos, con todas as nosas follas elaboramos o noso ... LIBRO DE DICHOS Y REFRANES EN EL QUIJOTE.
Aquí volo deixamos para que vexades que ben nos quedou.Que vos parece?
Moi feliz día a tódalas nais, futuras nais e avoas que pasades por este pequeno recuncho.
Na nosa clase, fomentando a reciclaxe, fixemos con moito agarimo, uns bonitos colares con ARANDELAS de fontaneiro e CINTAS de distintas cores para agasallar ás nosas nais.
Ollade que bonitos quedaron:
Por se queredes saber como os fixemos, vos deixamos esta imaxe:
O pasado martes fomos ao teatro Jofre en Ferrol para ver a obra: "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" da compañía MAGIN BLANCO coa participación de Montse Piñón e Pepablo Patinho do grupo de Teatro Ghazafelhos.
O espectáculo consistiu no relato da historia dunha viaxe protagonizada por unha nena e un grilo mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova.,
Pasámolo moi ben porque os actores interactuaban cos músicos e co público e tamén porque as cancións tiñan moito ritmo e eran moi pegadizas.
Aquí vos deixamos un anaquiño do que poidemos ver:
Este espectáculo está basado no libro-CD do mesmo nome: "A nena e o grilo nun barquiño" do músico galego Magín Blanco editado por FOL MÚSICA, un libro de 60 páxinas acompañado dun Cd con 13 cancións, como eles din: "decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escribir e debuxar o seu propio libro".
Se hai uns días amosábamosvos as fotos do noso apadriñamento lector aos nenos da clase de 4 e 5 anos da profe Pili na biblioteca, hoxe queremos amosarvos as fotos do apadriñamento lector que fixemos nas clase dos nenos de 3 e 4 anos da profe Victoria.
Todos os da clase de 5º , incluído Íker, ao que conseguimos convencer ;), leronlle un contiño ou dous ao seu "afillado":
Continuando coa celebración do libro, o venres a última hora fixemos un MERCADILLO DE LIBROS. Para iso, montáronse no corredor central do cole catro mesas, unha por cada ciclo, identificadas con distinto cor: azul, vermello, verde e amarelo.
Ao longo deste mes, os alumnos que quixeron, trouxeron da súa casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para poder canxealos por outros libros este día.
Con motivo da celebración do día do Libro, ao longo deste mes, cada clase estivo preparando cos seus alumnos/as unhas LENDAS. Con elas adornouse o corredor central do cole:
E despois do recreo fixemos un programa especial de radio, presentado por Lucas de 4º e Celtia de 3º no que se leron tres lendas ou novas de cada clase. Queredes escoitalo? Aquí volo deixamos para que o poidades disfrutar:
Ademais na nosa clase fixemose ilustramos un libro con algúns dos "DICHOS Y REFRANES" que podemos atopar no libro do QUIXOTE e que vos amosaremos noutra entrada e mañá teremos a última hora un MERCADILLO DE LIBROS no que poderemos trocar os libros que trouxemos por outros dos nosos compañeiros.
Todos os anos o 22 de abril celébrase o Día da Terra para lembrarnos que temos que coidar o noso Planeta, e o mellor xeito de coidalo é manténdoo ben limpo.
Como mantemos limpa a Terra? É moi doado, só temos que seguir a regra dos 3Rs: "reducir,reutilizar e reciclar".
Reducir significa utilizar menos, por exemplo utilizar menos auga.
Reutilizar significa utilizar outra vez en vez de tirar ao lixo. Por exemplo podemos reutilizar papel, cristal, roupa, caixas de cartón,...
Reciclar significa construír algo novo a partir de algo vello. Podemos axudar á Terra reciclando papel, cristal, plástico, metais,...
É moi importante que coidemos moito o noso Planeta, pero non só hoxe senón todos os días do ano. Se todos poñemos algo da nosa parte, poderemos facer da Terra UN MUNDO MELLOR PARA TOD@S.
Para telo sempre presente fixemos esta actividade:
Cada un pintou un círculo feito nun filtro de café con rotulador verde e azul.
2. Despois, botámoslle auga por riba e puxémolo a secar.
3. Continuamos pintando unha cartolina negra con pintura branca que esparcimos cun cepillo de dentes e a axuda dun paíño.
4. Seguimos escribindo todas aquelas cousiñas que podiamos facer nós para axudar a Terra. Aquí saíron cousas como:
- Reutilizar caixas de cartón para xoguetes.
- Reciclar o papel, o cristal, plástico,...
- Botar o lixo no contenedor corresponde.
- Aforrar auga bañándonos en lugar de duchándonos, pechando a billa cando nos cepillamos os dentes, ...
- Aforrar electricidade apagando as luces cando saímos dunha habitación, desenchufando os electrodomésticos,...
- Non contaminando nin tirando lixo ao chan, os ríos, mares, bosques,...
Así está o noso estante coas nosas creacións deste curso. Todavía nos queda a última balda baleira. Seremos quen de enchela antes de que remate o trimestre?
Pasade o rato polos libros e clicade no icono de reproducir no traballo que querades ver.