12 oct 2013

A HISTORIA DE CRISTOBAL COLÓN

Onte traballamos na clase a figura de Cristobal Colón. Aproveitamos algúns dos recursos que preparamos o ano pasado para o miniproxecto de Colón:

- Conto "LA UNIÓN ENTRE DOS MUNDOS":

 

- Libro LIM:


https://dl.dropbox.com/u/14722558/colon/colon.html


- POESÍA:
-  PUZZLES :

preview6 piece preview6 piece preview12 piece preview12 piece

E despois montamos esta poesía de Cristobal Colón con imaxes de Jessica Travis do blogue http://www.wildaboutfirsties.blogspot.com:



E xogamos a este xogo de Karen do blog kinderkaren.blogspot.com no que tiñamos que asociar cada número co seu nome:


9 oct 2013

REMATAMOS A NOSA DECORACIÓN DE OUTONO

Estes días rematamos os ourizos que nos faltaban e os acompañamos duns bonitos mouchos para adornar a última das nosas ventás:




Agora si que podemos dicir que o outono chegou por fin á nosa aula!!!!!!!

8 oct 2013

DE ONDE SAEN AS UVAS?

Continuando co noso proxecto sobre a VENDIMA onte aprendimos que as UVAS saen dunhas plantas chamadas VIDES ou PARRAS. Iamos visitar unha vide que había no cole pero tivemos a mala sorte de que a semana pasada a cortaron.



O que sí poidemos recuperar foron algunhas FOLLAS que todavía se conservaban bastante ben e que nos serviron para ver como eran:



Pero como no todo vai ser traballar ... XOGAMOS UN POUQUIÑO?  

Buscade todas as uvas que están agochadas e arrástraas hacia o caixón ou simplemente eliminade todas as follas: 


E agora imos colorear estas uvas como máis nos guste:

6 oct 2013

O OUTONO CHEGOU A NOSA CLASE

Decoramos as ventás da nosa clase:

- CON FOLLAS NATURAIS:




- CON FERMOSAS FOLLAS DE CORES:



- E CON OURIZOS:(Ata o de agora só rematamos tres, xa vos ensinaremos os demais máis adiante)


E colocamo no corredor  a nosa árbore de outono feita con materiais reciclados:




5 oct 2013

UN MES DE PREMIO PARA UN PROXECTO ENTRE TODOS

Coma xa sabedes cada mes vos contamos as novidades de UN PROXECTO ENTRE TODOS e neste mes de outubro, o primeiro que queremos compartir con todos vós é que nos otourgaron un premio: A MAZÁ DE BRONCE dos Premios Eduteca 2013.


 É algo que nunca acadaríamos sen a participación e entusiasmo de todos os blogues amigos, por iso queremos dende aquí compartir con todos vós este premio. MOITAS GRAZAS!!!

Ademais,  temos a inmensa ledicia de comunicaron que este mes se unen a esta gran aventura de compartir, nada máis e nada menos que 11 novos blogues aos que dicimos BENVIDOS!!!. Aquí  tedes a lista de blogues participantes actualizada:

Tamén gustaríanos moito lembrar, agora que comezan a publicarse as primeiras entradas de petición de axuda, que antes de plantexar un tema novo miredes o SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, pois alí quedan recollidos todos os temas e enlaces que compartimos entre todos anteriormente. Cando alguén plantexa un tema que xa está recollido no SITES, informámolle de iso, pasándolle o enlace e unicamente añadimos os novos enlaces que lle deixan.

SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS


E coma sempre MOITAS GRAZAS `pola vosa colaboración e participación.

ANA, FINI, MIREIA, MIREN  e NOELIA



4 oct 2013

CÓMO SON AS UVAS?

Continuando co noso proxecto sobre as UVAS e a VENDIMA,  estivemos vendo como son as uvas. A profe troúxonos unha bandexa cheíña de uvas. Ollade, ollade,..


E a partires desa bandexa ... fixemos un montón de actividades:

- Aprendimos as cores das uvas:


- Descubrimos como era unha uva por dentro e como se chamaban as súas partes:



- Clasificamos, contamos uvas e fixemos unha gráfica cos resultados:




- Fixemos estimacións...



Estivemos bastante acertados, de feito algún dou coa cantidade exacta, eu eu me pregunto ... farían trampa? ja ,ja






E por suposto para rematar ... COMÉMOLAS. Uhmmmmmmmm, estaban riquísimas ,ainda que a algún non lles gustaban as uvas de casa, as uvas negras como eles dicían.

3 oct 2013

MINIPROXECTO OTOÑAL

Onte a profe, díxonos que estes días iamos traballar sobre un tema novo pero si queríamos saber cal era tiñamos que acertar esta adiviñanza:

"SOMOS REDONDIÑAS,
DOCES COMO O MEL,
PÍSANNOS E PÍSANNOS
E LOGO A BEBER"

Costounos un poquiño adiviñala. A profe tivo que darnos algunha pistiña como que se trataba dunhas froitas do outono, que eran pequeniñas e redondiñas, que podían ser de distintas cores,... Despois de moito pensar acertamos. ERAN AS UVAS!!!!!!!

Escribímolo con coidado na nosa ficha e despois debuxamos a solución. Así de ben o fixemos:






E se queredes aprender a facelas igual ca nós, ollade o seguinte video:



Xa vos contaremos e ensinaremos todo o que aprendamos sobre as UVAS e a VENDIMA.

1 oct 2013

A VOLTAS COAS MATEMÁTICAS

Esta fin de semana, asistín ao I Encontro Matemático para Educación Infantil e Primaria organizado pola Asociación AGAPEMA . Foi un día moi intenso no que aprendín moito da man doutros compañeiros de profesión que nos falaron do traballo que realizan nas súas aulas. Debo destacar  a conferencia de Antonio Martín Adrían do CEIP Aguamansa en Tenerife que nos fixo recapacitar e replantexar senón a todos, si á maioria, o xeito de ensinar matemáticas aos nosos rapaces. Se queredes quedar igual que abraidados que eu, visitade a páxina web do seu colexio e ollade os videos.

Pero non só asistín como oínte, senón tamén como ponente, xa que din unha pequena charla de como traballamos as matemáticas na miña clase:


E como as traballamos? Pois así:


27 sept 2013

OBSERVAMOS O OUTONO

Esta semana empezamos a traballar a unidade didáctica do outono utilizando as fichas e algúns dos recursos que compartimos na entrada anterior. No noso corredor, empeza a tomar forma a árbore do outono que xa vos amosaremos cando a rematemos e onte aproveitando o bo tempo, saimos ao patio a observar os cambios que se producen nesta nova estación e a buscar follas coas que ambientar a nosa clase, e menos mal que o fixemos onte porque hoxe xa choveu a chuzos. Son as cousas do outono!


Nun dos blogues que visito (síntoo pero agora mesmo non lembro en cal, se alguén o sabe agradecería que mo dixese para poñer o enlace), atopei este fermoso video no que sen palabras se narra a historia de amor entre una FOLLA DE OUTONO e unha LANDRA. Gustoume un montón por iso desexo compartilo aquí convosco:



PD. Xa lembro onde vin o video. Nos recursos de outono que comparte con nós Anna, do blogue PETIT MÓN, un gran blogue que non debedes deixar de visitar.

BOA FINDE!!!!!!

23 sept 2013

PARA TRABALLAR O OUTONO

Esta fin de semana entramos nunha nova estación: O Outono. Durante este trimestre, traballaremos os cambios que se producen no noso entorno coa chegada do Outono, a roupa que usamos, o comportamento dos animais nesta época do ano, a caída das follas, a chuvia, o vento ,...

Para iso utilizaremos tanto na PDI como no ordenador de clase, este libro lim que preparei adaptado ao seu nivel tanto en castelán como en galego (se clicades arriba á dereita poderedes velo a pantalla completa):

http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/outono/outono.html

E tamén botaremos man, dalgún destes  recursos que utilizamos en anos anteriores:


Deste estupendo Symbaloo de Elena, do blogue EN EL AULA DE APOYO:


E destes xeniais recursos que podemos atopar no blogue da miña amiga Dolores, AUDICIÓN E LINGUAXE:



MOI FELIZ OUTONO PARA TOD@S!

19 sept 2013

POESÍA CON RECORTES: 1ª Colaboración no Proxecto PaLaBraS AzuLeS

Lembrades que vos dixemos que este ano participabamos nun gran proxecto chamado PaLaBraS AzuLeS que trata de fomentar a escritura creativa nos rapaces e no que nos comprometiamos a publicar polo menos unha entrada ao mes no blogue do proxecto? Pois ben onte publicouse a nosa primeira entrada no proxecto:
Aquí podedes vela en galego:
Ana Martínez Rey
@anamartinezrey
Internivelar

Quen dixo que non xornais e revistas non hai poesía? 
Para facer esta actividade só necesitamos xornais ou revistas vellas, pegamento e unhas tesoiras.

Ilustración de Catrin Welz Stein

DESENVOLVEMENTO

  1. Primeiro recortamos os titulares, subtítulos e todas aquelas palabras que nos gusten.
  2. A continuación lle damos a cada neno unha folla en branco para que eles mesmos vaian pegando, ao su gusto, palabra a palabra ata crear a súa propia poesía.
  3. Os nenos que todavía non saiban ler, faranno con axuda.
  4. Para rematar, xa só nos queda inventarlle un título.

SUXERENCIAS

Podemos escanealas todas e crear un libro facendo a portada con algún programa como LETTERPLAYGROUNDSTRIX ou  BLOGOSCOPED.

Así de bonitas nos quedaron a nós hai tres anos:



E no blogue do proxecto , podedes ver ademais da mesma entrada en castelán ,  outras moitas que vos axudarán a traballar a escritura creativa nas vosas aulas.  Clicade na imaxe para acceder ao blogue:


18 sept 2013

ASÍ SOMOS

 Este curso, na  clase somos cinco rapaces: Dani, Javi, Kevin, Martín e Juan Marcos, con idades comprendidas entre os trece  e os dezaoito anos . Ollade que guapísimos somos:

(Lamentablemente temos que taparlle a cara a Martín porque acabános de chegar unha carta da Xunta coa que nos prohiben fotografialo)

Estes días estivemos coñecéndonos, xogando e traballando un chisquiño para que a profe saiba todo o que somos capaces de facer. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de todo o que fixemos ata o de agora:



E con este fantástico trevo de catro follas cos nosos nomes (seredes quen de atopalos todos?) queremos desexarvos moitísima sorte no novo curso: