Este pasado mércores, falláronse os premios Eduteca 2013. Estes premios creados por Óscar Alonso do blogue LA EDUTECA (un fantástico blogue de recursos que este ano recibiu a Buxaina de Oro no Premio Espiral Edublogs pola calidade e cantidade de recursos que comparte, tanto propios como alleos e que vos invito a visitar) teñen por finalidade " recoñecer o esforzo, a ilusión e o traballo de moitos docentes dentro da rede".
Imaxinade a gran alegría que levamos, cando nos enteramos que ...
1º O noso blogue AULATIC gañou quedou gañador na categoría de Blogues de Profesores e Profesoras:
2º Que o noso Proxecto: "UN PROXECTO ENTRE TODOS" e cando digo noso, refírome aos case 200 blogues que formamos parte del, acadaba a Mazá de Bronce:
3º Que a miña compañeira e amiga Miren do blogue LA CLASE DE MIREN, alzábase nada máis e nada menos que coa Mazá Dourada:
4º) E que outros moitos blogues amigos de AulaTic, tamén acadaban premios: como Joel, do blogue Educació i les Tic que se alzou coa Mazá Prateada ; Teresa do blogue Mi cole , mi pequeño mundo, que gañou na categoría de Educación Infantil ; Espe do blogue El Blog de Espe, que gañou na categoría de blogues de Inglés e Elena do blog En el aula de Apoyo, que gañou na categoría de blogues de PT e AL.
Dende aquí, quero darlle a miña máis sinceira noraboa, non só aos blogues que acadaron premio, senón a todos os blogues participantes que para mi tamén son gañadores pola gran calidade dos seus blogues e por todo o traballo que hai detrás deles.
E xa para rematar, moitísimas grazas a Óscar, por crear os premios, considerarnos merecedores de un e ademáis darme a oportunidade de coñecer moi bos blogues que non coñecía.
PREMIOS EDUTECA 2013

.jpg)

.jpg)


.png)


























