O 17 de maio, todos os galegos celebramos o Día das Letras Galegas, un día onde destacamos a importancia da literatura no noso idioma, o galego. Cada ano dende 1963, adícaselle este día a un escritor galego e este ano como xa todos sabemos o autor homenaxeado é LOIS PEREIRO, poeta monfortino que morreu con tan só 38 anos a causa do aceite de colza desnaturalizado.
¿QUE SABEMOS DE LOIS PEREIRO?
Naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1956. Con 17 anos marchou a Madrid a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía pero abandonou polos idiomas e a informática. Alí fundou xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño e máis o seu irmán Xosé Manuel Pereiro a revista Loia da que só sairían catro exemplares. De volta a Galiza compaxinou o seu traballo de tradutor co labor poético. En vida publicou dous libros de poemas: "Poemas"(1981-1991) e "Poesía última de amor e de enfermidade". Morreu na Coruña por unha intoxicación alimentaria en 1996. Trala súa morte publicouse o libro de poesía "Poema para unha Loia" e os oitos capítulos dunha novela que non chegou a rematar. "Náufrago do paraíso".
Esteamos lonxe ou cerca, non debemos deixar de amar a nosa cultura e a nosa lingua sen imposicións, con respeto, interese e curiosidade xa que como lin nalgún sitio: "o que se impón entra por medo e pronto se perde mentras que o que se amosa e se fomenta medra por si só". Esta canción vai adicada a todos aqueles galegos que hoxe están fora da súa terra.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!
Feliz día das Letras Galegas e tamén feliz día mundial de internet, xa que sin el non poderíamos facer o que facermos. Un bico.
ResponderEliminarFELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
ResponderEliminarEnhorabuena, muy buen trabajo de investigación y divulgación. Me permito hacerle un huequecito en mi blog.
Un abrazo.
Unha canción moi bonita para honrar a nosa Lingua. Un bico.
ResponderEliminarFeliz Día de las letras gallegas! Muy lindo post Ana! Y feliz día de internet (nosotros que usamos mucho esta herramienta para todooo), jeje. Un beso enorme!
ResponderEliminar