29 abr 2013

Somos finalistas na VII Edición dos Premios Edublogs!!!!!!!


Hai unhas horas, tiven a gran sorpresa de enterarme de que AulaTic foi elexido FINALISTA na VII Edición dos Premios Edublogs!!!!!!! Ainda non o podo crer!!!!O noso blog participa na categoría de Blogs de Profesores e profesoras e xunto connosco hai outros 19 estupendos blogs finalistas da mesma categoría que son:
Our English Corner´s Blog de María Abelleira que participa connosco no Proxecto de Gloria Fuertes

Ademáis neste enlace FINALISTAS EDUBLOGS 2013, podedes consultar  todos os finalistas das distintas categorías, entre os que podemos atopar o blog da miña compi de claustro-blog Miren, La Clase de Miren  e outros blogs que forman parte do noso proxecto de blogs colaboradores como Soñando Sonrisas, Os pícaros de Vane, Colegio Santa Ana de Caspe, El Rinconcito de infantil, El racó de L´Infant, Los peques de Sara, El blog de la profe Marta, Educatió i les tic, así como outros estupendísimos blogs que coñecemos grazas ao proxecto colaborativo sobre Gloria Fuertes. Non dubidedes en visitar o enlace.

Desde aquí queremos desexarlle a todos: MOITÍSIMA SORTE!!!!!!!!!!!

28 abr 2013

O NOSO MURAL DE PRIMAVERA

Entre tanta celebración e saída, olvidóuseme ensinarvos o mural de primavera que fixemos cos nosos compañeiros da clase do lado. Así que despois de decorar ambas portas empezamos a facer un mural que as comunicara.
Pintamos con esponxas, con témperas, coloreamos, recortamos, montamos paxariños e flores, fixemos bolboretas de papiroflexia, ...  e este foi o resultado:


Nas fotos poderedes ver algúns detalliños do noso mural como aos nosos alumnos: Erika, Ruth e Joni, xogando á corda; a Carlos  xogando cun avión sentado no campiño; a Javi facendo voar a súa cometa e a Leticia e Lucía (unha compañeira nova que veu en rexime de compartida e que está connosco os xoves e os venres) xogando nos columpios e tamén a decoración da porta da miña compi Digna que  quedou realmente preciosa:


Dende aquí quero darlle as grazas a Mary Carmen a profe de relixión que nos axudou a facer todas as flores que hai pola parte de abaixo así como as bolboretas.

Tamén estamos a rematar os nosos libros sobre a primavera. Para que vexades que bonitiños quedan, aquí tedes o de Leticia que foi a primeira en rematar:


E xa que estamos coa primavera, preparei este sinxelo LIM con imaxes de PHILLIP MARTIN de animaliños desta estación que faremos en clase:

http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/PRIMAVERA2/primavera2.html

25 abr 2013

BLANCA MARSILLACH: POESÍA EN MOVIMIENTO


Hoxe tivemos o gran pracer de volver a ver actuar á Compañía de Teatro de Blanca Marsillah. Ás once e media partimos todos hacía o Centro Cultural de Caranza onde íamos ver a función: "POESÍA EN MOVEMENTO" obra creada por Adolfo Marsillach e adaptada pola súa filla para un público con discapacidade, que ten como obxectivo interactuar co público utilizando a música, o ritmo, os poemas e o exercicio físico.


Está protagonizada pola propia Blanca Marsillach, Xavi Olza e ainda que vos pareza incrible,  Adolfo Marsillach que dende unha pantalla participaba no acto.




Durante hora e media disfrutamos dun recitado de textos e poesías de Góngora, Quevedo, Alfonso X , Miguel Hernández, Gloria Fuertes ,... como "Poderoso Caballero es don Dinero", "Érase un hombre a una nariz pegado",... e dun taller de teatro onde se trataba de que  participasen o maior número de espectadores. Así vimos como subiron ao escenario algúns alumnos nosos como Alfonso, Ramiro, Manu e Lara así como dos outros centros que se atopaban alí.



Este proxecto está destinado a persoas con algún tipo de discapacidade e se enmarcan nun programa interactivo de iniciación á escea teatral promovido pola Deputación de A Coruña. Cando se lle pregunta a Blanca pola orixe do mesmo, afirma que xurdiu a raíz dunha experiencia persoal vivida hai algúns anos, na que se sentiu respaldada por moita xente, polo que quere devolver todo ese apoio a través de iniciativas teatrais deste tipo, dirixíndose aos coelctivos máis desfavorecidos.


23 abr 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO (II): FACEMOS UN LIBRO LUPA

Ilustración de Aleja Lenteja

E ASÍ FOI A NOSA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO:

- Comezamos falando do Día do Libro, que por que se celebraba hoxe, de para que serven os libros, se nos gusta ler ou non ,... e continuamos con Gloria Fuertes e o seu poema: "DON LIBRO ESTÁ HELADO". Limos o poema e traballamos un pouquiño a comprensión facendo preguntiñas sobre el.



- A continuación a profe repartiunos uns marcapáxinas de Gloria Fuertes (que podedes atopar na entrada anterior)  que pola parte de atrás tiñan escrito o poema. Ollade como nos quedaron:


-Xa que era o día do libro, quixemos escribir un así que coa axuda da profe fixemos un LIBRO-LUPA do poema. A idea sacámola do blog de Mª José, Desván de Palabras, se visitades o seu blog ademais de estupendísimos recursos, atoparedes un video explicativo de como se fai o libro. Cada un de nós fixo unha páxina. Primeiro escribimos con rotulador permanente e despois coloreamos cuns rotuladores especiais:



- Despois do recreo fomos á biblioteca onde Patricia e Lucía nos tiñan preparada unha estupenda obra de teatro: "A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR" baseada no libro do mesmo nombre de Roberto  Aliaga:



Aquí vos deixamos un video do conto que atopamos en Internet:


- E para rematar unha atareadísima mañá, fomos á aula de informática para facer na PDI as actividades do libro Lim que publicamos na entrada anterior. Pero por problemas técnicos non puidemos facer case ningunha das actividades co cal seguramente voltaremos mañá:


Deixámosvos con esta imaxe que atopamos no blog de Carmela, Talleres para aprender a aprender, para que vexades que calquera lugar é  bo para ler:


E con esta curtametraxe que atopamos no blog da Biblioteca Gregorio Marañón:

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CON ... GLORIA FUERTES


Como non podía ser doutro xeito, celebraremos o día do libro centrándonos na figura de Gloria Fuertes, poetisa que levamos traballando durante todo o curso.
Así que na clase traballaremos o seu poema: "DON LIBRO HELADO" porque nos parece moi axeitado para este día.

- Utilizaremos este libro lim que preparei::

http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/DONLIBRO/gloria2.html

- Faremos este marcapáxinas que montei con Gloria Fuertes polo lado de diante e a poesía de Don Libro Helado pola parte de atrás:




- E para rematar elaboraremos un libriño sobre o poema que vos amosaremos ao finalizar o día.

FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TOD@S!!!!!!

22 abr 2013

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA



Durante a asamblea falamos de que hoxe era o día da Terra e por que se celebraba. E cada un aportou unhas cantas ideas do que podiamos facer para axudar a ter un Planeta limpo e san no que poder vivir: apagar as luces, aforrar auga, reciclar, ....
A continuación contamos o conto que vos amosamos onte: "A Terra está enmeigada" e fixemos algunha das actividades:


 E como o fixemos moi ben, entramos a formar parte do Club de Coidadores do Planeta e cubrimos o noso carnet. Mirade que bonitiños nos quedaron:


 E xa para rematar fixemos esta tarxeta que atopamos no blog Mr Webster´s Classroom Connections e que ilustramos con imaxes de Lisa Lilienthal. A cabeza, que sería o noso planeta, xa a fixemos o venres porque tiña que secar, xa que para facela utilizamos filtros de café que pintamos con rotuladores e despois mollamos con auga.


Dentro escribimos as nosas promesas  para coidalo Planeta


DE TI DEPENDE O FUTURO DO NOSO PLANETA



MOI FELIZ DÍA DA TERRA!!!!!!!

21 abr 2013

DÍA DA TERRA


Como xa todos sabedes, mañá celébrase o día da Terra. Esta celebración, ten a súa orixe o 22 de abril de 1970, cando o senador Nelson, convocou aos cidadáns estadounidenses a unha mobilización pra crear conciencia acerca dos problemas que afectan ao noso  planeta. Dende entón, o 22 de abril é un día para reflexionar sobre o futuro do noso planeta e mobilizarse por un mundo mellor.

É una ocasión estupenda para concienciar aos nenos sobre a importancia de coidar o noso planeta. Tanto nas escolas como nas casas, debemos inculcar aos nosos fillos o respeto pola natureza así como valores ecoloxistas e hábitos de vida respetuosos co noso entorno. Non se trata de asustalos con temas como o quencemento global ou a extinción das especies senón de ensinarlles o que poden facer eles para crear un mundo onde podamos vivir mellor.

Así que ao longo desta semana nós traballaremos este conto que atopamos nesta páxina do Goberno de Aragón:



 Con estas actividades que atopamos na mesma páxina e que recopilamos nun só documento:


E con estes xogos que atopamos grazas ao blog ENGLISH SANTO TOMÉ e que ainda que están en inglés enténdense perfectamente:





Ademáis faremos unha bonita tarxeta que vos amosaremos mañá.

20 abr 2013

TEATRO: "O CAMIÑO DO LOBO"

Se o xoves fomos ao Planetario, o venres  tivemos nova saída. Fomos á Fundación Caixa Galicia  a ver a obra: "O CAMIÑO DO LOBO" organizada pola Obra Social de Novacaixagalica en colaboración coa Concellería de Cultura.


A obra conta a historia de tres cómicos ambulantes que instalan as súas actuación nunha cidade do Camiño de Santiago, anteriormente chamado Camiño do Lobo. A representación recupera o ambiente dos teatros ambulantes que percorrían o Camiño entretendo e ofrecendo descanso ao camiñante. Todos tivemos a oportunidade de escoitar distintos romances como o da LOBA PARDA, o do CANTEIRO, o do HOME DO SACO,... e de pasar un ratiño moi entretido disfrutando das ocurrencias dos personaxes e da música que facían utilizando distintos instrumentos antigos.
Case non sacamos fotos porque non saían nada ben. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:



18 abr 2013

VISITANDO O PLANETARIO


Tal e como vos contabamos onte, hoxe fomos de visita á Casa das Ciencias en A Coruña. Unha vez alí, o primeiro que fixemos foi subir ao Planetario. Ainda que había moitíííííísimas escaleiras, subimos moi contentos e sen protestar nadiña. Cando apagaron as luces, todos estabamos expectantes por ver o que ía acontecer e o que vimos non nos defraudou nadiña.  Durante 30 minutos, viaxamos na compaña dunha rapaciña moi especial,"LA NIÑA QUE SABÍA CAMINAR DEL REVÉS",  que coñecía os segredos que garda a LÚA, que sabía escoitar as mareas e que solía falar coas árbores. Trátase dunha historia dada a volta que nos invita a contemplar todo o que nos rodea dende un novo punto de vista. Grazas ao canal de Youtube, do planetario de Pamplona, podemos disfrutar e lembrar a proxección a través destes pequenos fragmentos:

` PRESENTACIÓN 
PASEANDO POLA CIDADE
A NENA E O BAOBAD
A NENA E O CANTIL

A NENA, A ARAÑA E O MOUCHO
LUCES DA CIDADE

E aquí vos deixamos algunhas fotos deste día:

17 abr 2013

MANUALIDADES ESTELARES

Hoxe querémovos amosar as manualidades que fixemos estes días relacionadas coas estrelas e as constelacións.

O CEO NUN PARAUGAS

Nun paraugas negro, a profe debuxou algunhas das constelacións que coñecemos procurando que a Estrela Polar coincidise coa punta do paraugas . Así se xirabamos o paraugas todas as estrelas se movían menos ela. Isto serviunos para darnos conta de por que aparentemente se moven todas as estrelas menos a Estrela Polar.



VISORES DE CONSTELACIÓNS

Tamén fixemos estes estupendísimos visores para ver constelacións. Para iso utilizamos un bote de patacas fritas, cartolina negra, un punzón e unhas plantillas de constelacións que podedes atopar AQUÍ:


LÁMPADA DE ESTRELAS:

Para poder ver as estrelas reflexadas nas paredes.



CERAS ESTRELADAS

Porque nos gusta reciclar, utilizamos ceras da clase que xa non nos eran cómodas para pintar de distintas cores: laranxa, amarela, marrón,... para facer estas coloridas estrelas:


MURAL DAS CONSTELACIÓNS

E por suposto, no ceo da nosa clase non podían faltar as constelacións que estudamos, non si? Asi que coa axuda de Roca, Leticia, Ramiro e Diego, puxemos no teito da aula este fermoso mural:



Podedes atopar RECURSOS PARA TRABALLAR AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS CLICANDO NA IMAXE:



E mañá .... VISITA AO PLANETARIO DE A CORUÑA!!!!!!!!!!!!

16 abr 2013

AS CONSTELACIÓNS DO ZODIACO

Sabiades que as constelacións varían de posición ao longo do ano e que por iso vemos o ceo de distinta forma?  Hoxe descubrimos que das 88 constelacións que hai, en España só son visibles unhas 70 e que mesmo dentro de España, non se ve en todas as cidades o mesmo ceo.
A profe estivo investigando e descubriu unha páxina, AstroViewer que nos permite ver o ceo nocturno actual na cidade que queiramos. así que entramos, e como non nos aceptaban Ferrol, puxemos a cidade da Coruña e isto é o que vimos:

current night sky over La Coruña

 Cefeo, Casiopea, Perseo, a Osa Menor, a Osa Maior,... pero tamén Virgo, Leo, Geminis,... Así que falamos dos  SIGNOS DO ZODÍACO e de que signo eramos según a nosa data de nacemento:

símboloconstelaciónnome galego ([1])significadocomezofinalelementonº mes
Aries.svgAriesaries ou carneirocarneiro21 de marzo20 de abrilFogo03
Taurus.svgTaurustauro ou tourotouro21 de abril20 de maioTerra04
Gemini.svgGeminixémini ou xemelgosxemelgos21 de maio21 de xuñoAr05
Cancer.svgCáncercáncer ou cancrocangrexo22 de xuño22 de xulloauga06
Leo.svgLeo=león23 de xullo22 de agostoFogo07
Virgo.svgVirgovirgo ou virxevirxe23 de agosto22 de setembroTerra08
Libra.svgLibralibra ou balanzabalanza23 de setembro22 de outubroAr09
Scorpio.svgScorpiusescorpiónescorpión23 de outubro21 de novembroauga10
Sagittarius.svgSagittariussaxitarioarqueiro22 de novembro21 de decembroFogo11
Capricorn.svgCapricornuscapricorniocabra22 de decembro20 de xaneiroTerra12
Aquarius.svgAquariusacuarioaugador21 de xaneiro19 de febreiroAr01
Pisces.svgPiscespisces ou peixespeixes20 de febreiro20 de marzoauga02



Descubrimos que Erika era do signo de Aries porque naceu o 14 de abril, que Leticia era Virgo porque naceu o 2 de setembro, que Joni era Escorpio porque naceu o 24 de outubro , que Carlos era Cáncer porque naceu o 8 de xullo e que a profe era Libra porque naceu o 2 de outubro.
Vimos este video das constelacións zodiacais:


E cada un de nós  fixo unha ficha do seu signo zodiacal:


Así de bonitas nos quedaron, fáltanos a  ficha de Erika porque non nos dou tempo a facerlle a foto:


E por último na PDI, estivemos a facer as actividades do libro LIM que vos amosamos onte. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o sabemos facer: