27 jun 2017

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos:


24 jun 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Colaboración entre blogs amigos


Un 2 de febreiro de 2012 comezou a aventura deste xenial proxecto que uniu en ocasións a máis de 200 blogs colaborando unidos para recopilar recursos para compartir. E COMPARTIR é precisamente a palabra que mellor define a filosofía que mantivo vivo este proxecto.

Agora, despois de máis de 5 anos en marcha, informámosvos que "botamos o peche". Sopesamos a continuidade ou non deste proxecto e por moitas razóns, a nosa decisión final foi rematar aquí. É moito tempo adicado a construir un gran arquivo de enlaces filtrados, clasificados e organizados por temas para a realización de proxectos nas aulas. O SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS seguirá aberto para poder usalo libremente, ainda que xa non o manteremos actulizado, polo que poderedes atopar en ocasións ligazóns que xa non estean activas.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos

Queremos darvos as grazas a todos os blogs amigos que nalgún momento destes 5 anos, participaron en Un proxecto entre todos. Sen todos eles, isto non sería posible. E tamén, cada unha de nós, queremos dar as grazas ao resto do claustro-blogue, posto que  a coordinación, organización, o bo rollo que existiu en todo momento, fixo que todo rodara dun xeito natural e que o difícil sempre resultara sinxelo.

GRAZAS A TODOS E ESPERAMOS CRUZARNOS CON VÓS NALGÚN OUTRO MOMENTO!!


15 jun 2017

LAPBOOK OLÍMPICO


Outra das actividades que fixemos dentro do proxecto "MACIOLIMPIADAS" foi elaborar un lapbook no que recollimos información sobre todos os símbolos olímpicos: a bandeira, os cinco aros, o lema, o himno, o xuramento, a coroa de oliveira, a antorcha e tamén sobre as medallas. Ademais nel, non podía faltar a mascota das nosas Olimpiadas, o can Geruso.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e de como nos quedou:


Por diante e por detrás:


Por dentro:



12 jun 2017

FROITA UN BOTÍN SABOROSO: DESAFÍO 4


No cuarto desafío, Manuel, propúxonos facer manualidades e decidimos facer un collage de froita e verdura inspirado na obra de ARCIMBOLO.


Así que, collimos folletos de distintos supermercados e recortamos, pegamos, compuxemos,...



E así quedaron:



3 jun 2017

ÉPOCA AZUL DE PICASSO II

Por fin podemos amosarvos, os fantásticos cadros que recreamos da época azul de Picasso:






GÚSTANVOS?

Estes cadros,  xunto aos que fixeron os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro, xa están pendurados das paredes onde temos a exposición dos nosos traballos de Picasso:


Así está a quedar a exposición:


QUE VOS PARECE?

1 jun 2017

PROXECTO ENCARTA2: CONTESTAMOS Á PRIMEIRA CARTA

Despois de recibir a carta de Lucía da clase da Eduteca, puxémonos mans a obra e entre todos a contestamos:


E decoramos o sobre acordándonos de deixar un espazo arriba á dereita para poñer o selo:



Tamén lles enviamos unha foto de grupo. Nela non saen nin Enma nin Miguel porque non teñen autorización para saír no proxecto:


Nun correo, Óscar, informounos que na FASE 2 do proxecto, tocounos cartearnos coa clase de 4º A de ... O CPI MONDARIZ de Pontevedra!!!!! Qué ilusión!!!!!

Por certo a estas alturas xa recibimos a súas primeiras cartas e xa as repostamos pero iso... irá nunha próxima entrada.

Estamos ENCARTA2  de participar no proxecto!!!!!