27 feb 2014

CELEBRAMOS O ENTROIDO


Este martes celebramos o tan esperado baile do Entroido. Como xa sabedes, dado que estamos co Proxecto do Corpo Humano, ese era o tema do noso disfraz. Ollade que guapísimos estabamos todos:

- OS ESQUELETOS (nós e a clase da profe Estrela):



- A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS:


- AS EMOCIÓNS:


- OS CINCO SENTIDOS:


- OS MÉDICOS/AS E ENFERMEIROS/AS:


- OS DEPORTISTAS:


- E OS MÚSICOS:

24 feb 2014

TODAS CON ROSALÍA


" Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva"

Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro. Con este motivo, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega fixo un novo video: TODAS CON ROSALÍA (SEGUNDA PARTE) no que coma elas din: " teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente".

Por se alguén non coñece o do ano pasado, deixamos os dous. Espero que vos gusten:



E no blogue O OUTEIRO DE MATILDA podemos atopar unha gran selección de recursos para traballar a esta gran escritora nas clases:

22 feb 2014

AS NOSAS POESÍAS ILUSTRADAS


Un ano máis participamos no Certame de Creación Artística "Poesía e Imaxe", que este ano xa vai pola XIV edición, promovido por la Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüïstica e o Concello de Ferrol.
Estas son as poesías que eleximos nós e os nosos debuxos. Esperamos que vos gusten:

18 feb 2014

CHEGA O ENTROIDO!!!!!


Xa queda pouquísimo para o tan desexado Entroido. Este ano disfrazarase todo o colexio de algo relacionado co corpo humano: os cinco sentidos, o esqueleto, a alimentación saúdable, o deporte, as emocións, médicos e enfermeiras, ... A nós  tocounos esqueleto así que xa nos puxemos mans á obra. Cando rematemos, vos amosaremos como nos queda.
Ademais adicaremos esta semana e a próxima a traballar con algúns dos recursos que temos doutros anos e outros novos que atopemos pola redes e os blogues amigos.

Clicade na imaxe se queredes acceder aos nosos recursos:

Imaxe de poemitas.com

16 feb 2014

COÑECEMOS O TRONCO E AS EXTREMIDADES

Imaxe Philip Martín

Ademáis de tecer a nosa bufanda e de traballar a amizade, agora que xa sabemos como é a nosa cara e todo o que temos nela, esta semana estivemos coñecendo o noso tronco e as extremidades superiores e inferiores. Para iso fixemos distintas actividades:

- Escoitamos e bailamos cancións que falaban de distintas partes do corpo como estas:






- Fixemos distintos xogos con estas tarxetas que preparou a profe: repartidas as tarxetas por toda a clase había que buscarlas, sinalalas, descubrir cal faltaba, ...

Imaxes de http://www.earlylearninghq.org.uk/


- Xogamos ao bingo:



- Ao dominó:



- Ás parellas:



Fixemos estas fichas:



- E utilizamos moitos dos recursos sobre as partes do corpo que temos no noso blogue do proxecto. Clicade na imaxe para acceder a el:

14 feb 2014

FELIZ DÍA DA AMIZADE!!!!!!

Ao longo de  toda a semana estivemos traballando o sentimento da amizade e que mellor xeito de facelo que cun fermoso conto escrito e ilustrado por Guido  Van Henetchen e publicado pola editorial Edelvives, que fala da amizade e do traballo colaborativo. Gustounos moitísimo, tanto que fixemos un video e un libro lim sobre el:
  • VIDEO SOBRE O CONTO:
  • LIBRO LIM CON ACTIVIDADES:

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/LUNATRISTE/luatriste.html

E como aos amigos  temos que coñecelos moi ben, estivemos a falar das cousas que nos gustaban, isto o reflexamos nunha madalena riquísima que cada un coloreou como quixo (a idea orixinal vímola no blogue FROG SPOT, e nós adaptámola ao galego):


Isto é o que nós gusta a cada un:

GÚSTAME...

 a MÚSICA (Javi), COCIÑAR (Leti), DURMIR (Dani), VER PELÍCULAS (Kevin), OS PELUCHES (Juan),o ORDENADOR (Martín)

GÚSTAME LER...

LIBROS (Javi), REVISTAS (Leti), REVISTAS (Dani), CONTOS (Kevin), CONTOS (Juan), o XORNAL (Martín)

GÚSTAME COMER ...

PURÉ (Javi), TARTA (Leti), FILETE (Dani), HAMBURGUESAS  (Kevin), ESPAGUETIS (Juan), PIZZA (Martín)

GÚSTAME XOGAR ...

COA PELOTA (Javi), COA BICI (Leti), AO FÚTBOL (Dani), COA PELOTA (Kevin), COS PINGUÍNS (Juan), COS COCHES (Martín)

GÚSTAME FACER ...

DEBUXOS (Javi), MANUALIDADES (Leti), DEPORTE (Dani), CANTAR (Juan), BAILAR (Kevin), MURAIS (Martín)

GÚSTAME CREAR...

COAS PEZAS (Javi), BUFANDAS (Leti), DEBUXOS (Dani), DEBUXOS (Juan), MAXIA (Kevin), MURAIS (Martín)

E para rematar unha gran mañá, fixemos estas "doces" flores para regalar ao noso mellor amigo ou a aquela persoa á que queremos moito (a plantilla sacámola da páxina de EDUCATION.COM):


Pero non quedou ahí a cousa. Os nosos compañeiros do PCPI de Restauración, obsequíaronnos cunhas boísimas galletas en forma de corazón feitas por eles mesmos así como un marcapáxinas e a receita das galletas. Grazas amigos, gustáronnos moitísimo:


MOI FELIZ DÍA DA AMIZADE PARA TOD@S!!!!!

11 feb 2014

DE ONDE SAE A LÁ?


Retomando o noso proxecto sobre a bufanda humanitaria, hoxe voltamos a contar o conto e a falar das irmás Pascualini, do Sr Ledesma, do gato Torcuato,...  A estas alturas,  xa sabemos que as irmás Pascualini son unhas grandes tecedoras pero ... de onde sae a lá que utilizan para facer as súas bufandas ? A resposta foi unánime: A LÁ SAE ... DAS OVELLAS, dixeron todos.

Así que como o tiñamos moi clariño,  fixemos esta fichiña:




E aproveitando que na nosa clase  podemos atopar lá de distintas cores, nós non quixemos ser menos que as irmás Pascualini, así que montamos un tear caseiro e comezamos a facer as nosas propias bufandas humanitarias. Ollade, ollade como nos están a quedar:




10 feb 2014

RECUNCHO E BLOGUE DO PROXECTO DO CORPO

Pouquiño a pouquiño, o noso recuncho do proxecto do corpo humano vai tomando forma con libros, xogos, puzzles, ... e demais material que imos atopando por ahí. Ollade como nos está a quedar:


Ademais estamos preparando o blogue do proxecto onde imos poñer todas as entradas e recursos que atopemos sobre o mesmo. Podedes acceder a el clicando na imaxe:

8 feb 2014

INAGURAMOS A NOVA BIBLIOTECA


O pasado 30 de xaneiro, ademais de celebrar o día da Paz, inaguramos formalmente á nova biblioteca do cole en dúas sesións: primeiro o CICLO II e despois o CICLO I.

De mans do noso equipo de biblioteca, capitaneado polas profes Estrela e Patricia, e coa axuda inestimable de OS BOLECHAS, a través dun video e dunha presentación coñecimos as normas básicas de toda biblioteca así como as diferencias que había entre a biblioteca do video e a nosa.

E para rematar que mellor xeito que co CUÑO da biblioteca na nosa man? Aquí tedes algunhas fotos das dúas sesións:


E aquí o video de OS BOLECHAS gravado polo CEIP Curros Enriquez de Celanova para que o podades ver sempre que queirades:

5 feb 2014

A NOSA CARA


Continuando co estudo de como é o noso corpo por fóra, estes días aprendimos que o noso corpo se divide principalmente en tres partes: CABEZA, TRONCO E EXTREMIDADES:



Descubrimos que na cabeza temos a CARA e nela centramos o noso interese. O primeiro foi aprender como se chaman as súas partes:


Búscamolas na nosa cara, nunhas imaxes que tiña a profe,nos nosos compañeiros, tocámolas,...

Copiando unha idea que vimos no blogue EL BLOG DE L@S MAESTR@S DE AUDICIÓN Y LENGUAJE, a profe impriu as nosas fotografías, recortounas e fíxonos un xogos para ver si eramos capaces de montar as nosas fotos. Saíannos unhas caras moi divertidas.


Ollade senón cando mesturamos varias caras:


Ademáis aprendimos a poesía A MIÑA CARA, gravámola, fixemos unha pequena montaxe e quedounos así de bonita:
Estas son algunhas das fichas que fixemos:






Y aquí vos deixamos algúns recursos moi útiles e divertidos para traballar a cara e as súas partes. Nós utilizarémolos o próximo día de informática na PDI.


E estes dous que comparten con nós, Encarni da Blog Biblioteca Gregorio Marañón e María do blogue Dueños de Estrellas:



Así como estas dúas cancións: