22 may 2011

OS BOSQUES, PROTAGONISTAS DO DÍA DA BIODIVERSIDADE


Dende que foi instaurado pola ONU en decembro do 2000, todos os 22 de maio celebramos o Día Internacional da Diversidade Biolóxica para commemorar a data na que se aprobou o Convenio sobre Diversidade Biolóxica. Este convenio define a biodiversidade como a variabilidade de organismos vivos (tamén os seres humanos) de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres, mariños, outros ecosistemas acuáticos e os complexos procesos ecolóxicos dos que forman parte e dicir comprende a diversidade dentro de cada especie (xenética), entre as especies e dos ecosistemas. Asemesmo persegue tres obxectivos que son: a conservación da diversidade biolóxica, o uso sostible dos seus compoñentes e a participación xusta e equitativa dos beneficios derivados do uso dos recursos xenéticos.
Como este ano 2011 é o ano dos bosques ,  o Día Internacional da Diversidade Biolóxica é unha boa oportunidade para que a sociedade aumente a súa conciencia sobre a importancia destes ecosistemas e facer que crezan as accións para a súa protección e recuperación por iso o tema deste ano é "BIODIVERSIDADE E FLORESTAS".
A mensaxe de Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas para este día é o seguinte:
"Os beneficios dos bosques son sumamente amplos. Os bosques captan e almacenan auga, estabilizan os solos, albergan a biodiversidade e fan unha importante contribución á regulación do clima e dos gases de efecto invernadoiro que están causando o cambio climático.[...]insto a todos os sectores da sociedade a que renoven o seu compromiso coa ordenación, a conservación e o desenvolvemento sostible de todos os tipos de bosques para o noso futuro colectivo."
Para traballar o tema da biodiversidade cos rapaces e rapazas podemos ir á páxina da FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA NENOS onde podemos atopar variados e entretidos xogos, contos e ademais moitísima información sobre a diversidade. Clica na imaxe de abaixo para acceder.

Tamén no portal de Castilla - La Mancha podemos atopar "BIODIVERSIDADE NO ESCONDITE SECRETO" con xogos, videos e información para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da conservación da biodiversidade e o medio ambiente.

Porque é fundamental tomar conciencia sobre a permanente interacción que temos os humanos cos componentes naturais en onde se desenvolven as nosas actividades e lograr así que as solucións plantexadas, para resolver os problemas ambientais, teñan validez, sexan viables e sostibles no tempo, conmemórase este 22 de Maio o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.

3 comentarios:

  1. Me encantó esta entrada sobre los bosques y la biodiversidad. Es muy importante el medio ambiente y fomentar el cuidado y la protección es fundamental.
    Te mando un beso enorme Ana! Buen fin de semana :)

    ResponderEliminar
  2. Grazas de novo por achegarnos a páxinas da rede tan interesantes. Nós tamén xa as temos postas no noso blog.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Genial. Bonita manera de celebrar un día tan importante.
    Besos.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO