30 may 2017

APRENDEMOS EDUCACIÓN VIAL


O venres da semana pasada, grazas a ANPA, disfrutamos dunha excursión á CARAVANA DE EDUCACIÓN VIAL DE MAPRE, situada no parque de A Gándara, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro e quinto.

Unha vez que chegamos, primeiro entramos dentro da caravana, e alí un monitor ensinounos unhas normas básicas de seguridade vial: o significado e tipos de sinais, como temos que andar pola rúa cando somos peóns,...


A continuación, con outro monitor e uns paneis, seguimos aprendendo máis normas de seguridade:


E por fin, chegou o momento que todos estabamos esperando ... PODER CONDUCIR OS COCHEEEEES!!!!!!




QUE BEN O PASAMOS!!

Facendo clic na imaxe de abaixo, accederedes á páxina de Educación Vial de Mapre, con xogos e videos para nenos e nenas de 6 a 11 anos.

17 may 2017

EXPERIMENTANDO COAS PROPIEDADES DA MATERIA


No tema 5 de Ciencias Naturais, estamos estudando as propiedades xerais e particulares da materia. Aprendimos, que todos os materiais teñen unhas PROPIEDADES XERAIS a todos eles como son a MASA (que se mide cunha balanza) e o VOLUME (que se mide cun recipiente graduado) e tamén unhas PROPIEDADES PARTICULARES como a DENSIDADE, FLOTABILIDADE, FLEXIBILIDADE, DUREZA,...

Como nos resultaba un pouco difícil de entender, decidimos experimentar un pouco. Así que fixemos tres experimentos:

1º EXPERIMENTO: Ten a mesma masa medio litro de aceite que medio litro de auga?

2º EXPERIMENTO: Cal dos dous obxectos ocupa máis volume?

3º EXPERIMENTO: Analizamos a flotabilidade dos obxectos.

QUEREDES SABER COMO O FIXEMOS? OLLADE, OLLADE.

Fai clic no centro en Click to read se queres velo a pantalla completa

13 may 2017

SEMANA DO LIBRO


O último luns do mes de abril,  cando chegamos a clase  Miguel atopou unha carta enriba da súa mesa. Era do mago Macín que como xa todos sabedes, é a mascota da nosa biblioteca:


Nela Macín informábanos de que por mor do día do Libro que foi o domingo 23 de abril, durante toda a semana fariamos actividades divertidas relacionadas coa lectura.

A primeira actividade foi o martes coas LECTURAS AO SOL. Na hora de ler, todas as clases saimos ao patio para ler alí todos xuntos:


O mércores tivo lugar a segunda actividade. Os máis peques do cole recibiron a visita de Iago López que lles veu a contar o seu conto: "O COCIÑEIRO MARTIÑO":


Continuamos o xoves co APADRIÑAMENTO LECTOR, no que os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria leron un conto aos alumnos de Educación Infantil durante a hora de ler e como facía bo día, que mellor que facelo no patio:


E para o venres, estaba prevista a "III FEIRA DO LIBRO DE MACIÑEIRA". que finalmente se trasladou ao mércores da semana pasada porque os alumnos e alumnas de 3º a 4º tiñamos excursión. Os nenos e nenas que quixeron trouxeron libros da súa casa polos que recibirons uns vales para intercambialos por otros:


MOI FELICES LECTURAS PARA TOD@S!!!!!

11 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


A semana que vén, celébrase en toda Galicia o Día das Letras Galegas. No cole, estamos a estudar a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, facendo esta unidade didáctica do Seminario Galán:

http://seminariogalan.org/2017/Act_3_4.pdf

E tamén ilustrando e gravando coas nosas voces a súa biografía. Ollade que bonito video nos quedou:


GÚSTAVOS?

8 may 2017

FROITA UN BOTÍN SABOROSO: DESAFÍO 3


Dentro do concurso, "Fruta un botín sabroso", o tercero desafío consistiu en poñer a nosa alimentación baixo lupa. Grazas a Lucas, descubrimos que nos aliementos hai distintas substancias que o noso corpo necesita para funcionar ben e que por iso temos que comer de xeito variado. É dicir, temos que comer alimentos variados e movernos moito.

Primeiro xogamos por grupos, a un xogo de memoria no ordenador porque ese día non nos funcionaba a pizarra táctil:


E despois, coloreamos unhas imaxes seguindo este código:


Fixémolo todos e todas moi ben:




E TERCEIRO RETO ACADADOOOOOOO!

6 may 2017

PROXECTO ENCARTA2


Este trimestre, apuntámonos no proxecto "Encarta2"" e tivemos a gran sorte de ser un dos nove centros elexidos.

Este proxecto desenvolvido por Óscar Alonso, mestre de 4º de Primaria do CEIP Lucío García en Cáceres moi coñecido por todos nós por todos os bos recursos que comparte no seu blog "LA EDUTECA", pretende que os nenos e nenas coñezan como se escribe unha carta, o procedemento a seguir e que existen outras vías para facer amigos e descubrir a diversidade cultural do noso país.

O proxecto consistirá no intercambio de correo postal por parte da nosa clase con outras clases da etapa de Educación Primaria de diversos centros educativos de todo o país.

O xoves recibimos a primeira carta, onde Lucía, unha nena da clase de La Eduteca, nos contaba cousas do seu cole e dos seus profes. Ainoa que era a encargada foi a que nola leu a todos:

FÍXONOS MOITÍSIMA ILUSIÓN RECIBILA, LUCÍA

Aquí vos deixamos o video promocional do proxecto:

3 may 2017

ÉPOCA AZUL DE PICASSO CON AURASMA


Entre 1901 e 1904, Picasso, que estaba moi triste polo suicidio do seu amigo Carlos Casagema, pintou unha serie de obras con figuras humanas  alongadas e temas cheos de dor, pobreza e soidade, nas que predomina a cor azul, por iso a este período, chámase a ÉPOCA AZUL.

Nesta presentación que preparou a profe, puidemos ver algúns dos cadros que pintou nesta etapa:

ÉPOCA AZUL DE PICASSO on PhotoPeach

Despois a profe díxonos que tiñamos que  averiguar o nome dalgunhas destas obras e que comezariamos por estas seis de aquí abaixo.


Todos quedámonos sorprendidísimos porque nós non veiamos ningún cadro só a Picasso con seis marcos baleiros. A profe, díxonos que para poder ver cales eran os cadros que se agochaban debaixo de cada marco, primeiro debiamos descargar no teléfono ou na tablet, a aplicación AURASMA , abrila e facernos seguidores do noso canal:

http://auras.ma/s/7wUkN

Unha vez feito isto, enfocando a imaxe de Picasso e os cadros coa cámara  .... OS CADROS APARECERON POR ARTE DE MAXIAAAAA!!!!!!!!



A continuación, buscamos os cadros nunhas miniaturas que nos deu a profe...


E os pegamos na orde correcta:



O último paso, foi buscar o nome dos seis cadros. Puxémonos por parellas, puxemos no buscador: 
ÉPOCA AZUL DE PICASSO, démoslle a imaxes e... ATOPAMOS O NOME DE TODOS!!!!



 Por último, cada un elexiu un un cadro da época azul de Picasso para recrealo pero iso... amosarémovolo nunha nova entrada.