31 dic. 2013

FELIZ ANO!!!!!!!



E como  ben di o video:

" A FELICIDADE É FACER O QUE SE DESEXA
E DESEXAR O QUE SE FAI.
NON SOÑES A TÚA VIDA, 
VIVE OS TEUS SOÑOS."

FELIZ ANO
PARA TOD@S!

24 dic. 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: "O noso regalo a todos os blogues amigos"

Xa son case dous anos os que levamos compartindo proxectos, recursos, dúbidas y demais ... con todos os blogues amigos que participan en UN PROXECTO ENTRE TODOS. Así que nestas datas tan sinaladas quixemos preparar un regalo especial por confiar en nolas cinco e apuntarvos a esta gran aventura.

BO NADAL A TOD@S!

http://vimeo.com/82583333

20 dic. 2013

BO NADAL PARA TOD@S!!!!!

Hoxe os meus alumnos e alumna, levarán para casa todos os seus traballos (que son moitos porque son moi pero que moi traballadoriños) e tamén está felicitación que lles preparou a profe. Así de bonita é por diante:


E así de bonita e por detrás:


Como vedes na parte de atrás leva unha bonita poesía de Douglas Wright que traducín ao galego e que podedes ver en castelán no seu blogue EL JARDÍN DE DOUGLAS.

Con ela aproveitamos para desexarvos a todos os visitantes do blogue unhas MOI FELICES FESTAS. Aproveitade as vacacións para disfrutar da compaña de familiares e amigos así como para cargar un pouquiño as pilas que falta  non fai, non si?

Nestes días subiremos ao blogue algunhas das fotos do gran festival que tivemos onte así como o video da nosa actuación estelar.

UNHA GRAN APERTA PARA TOD@S

17 dic. 2013

MANDALAS E CARTA AOS REIS MAGOS

Seguindo cos nosos  traballiños de Nadal, hoxe estivemos coloreando unhas preciosas mandalas que atopamos nun album de Montserrat Belmonte:


Estas son as mandalas que utilizamos:


Tamén estivemos a facer a Carta aos Reis Magos que atopamos no blogue ESPAÑOL LENGUA EXTRANJERA e que pasamos ao galego. Cada un de nós tiña que elexir como moito tres xoguetes dunha revista, recortalos, pegalos, asinar a carta e poñer o remite:


E estas son as nosas cartas:





Se vos fixades ben nas cartas, é ben doado adiviñar os gustos dos meus alumnos , non si? Todavía falta por facer a de Leticia e a de Martín que a farán mañá.

Así que ademais de traballar a atención coas mandalas, tamén descubrimos a estructura dunha carta e como cubrir un sobre: aprendimos que o remite eramos nós e está pola parte de atrás do sobre, que diante hai que colocar o selo e a dirección da/s persoa/s a/s que enviamos a carta, como se empezan as cartas, que hai que asinar ao final,...


E ademais participamos no ensaio xeral para o festival que terá lugar o XOVES 19 pola tarde de 4:30 a 6:00.

15 dic. 2013

SEGUIMOS A PAPA NOEL?


Google invítanos a seguir a Papá Noel nos días previos á súa chegada ás casas de todo o mundo. Para iso creou un simpático e orixinal xogo no que podemos observar todo o que fai Papa Noel durante estas datas; contar os días, horas, minutos e segundos que faltan ata que chegue a Noiteboa e incluso mandar a nosa carta. Este seguimento a Papá Noel inclúe varios xogos (repartir regalos, vestir elfos, facer carreiras de renos ,... ) que se desbloquean a medida que avanza o calendario de Adiviento.

Os seus axudantes, os Elfos, invítanos a explorar a súa aldea, chatear con el e ver a tecnoloxía que utiliza o seu trineo para viaxar por todo o mundo. Así que adiante e explora o seu pobo. Seguro que atopas cousas divertidas que facer e coñecer a algúns Elfos interesantes.

Ademais, o 25 de decembre, a páxina transformarase nun centro de rastreo de Papá Noel. Mediante Google Maps, amosará a ruta do seu trineo e os regalos que leva repartidos. 



Esta aplicación tamén está dispoñible para Android.

12 dic. 2013

VISITA Á CIDADE DA CULTURA


Faltábanos por subir as fotos da nosa excursión do martes da semana pasada. Ás dez en punto, saímos cara a Santiago para visitar na Cidade da Cultura a Exposición sobre o Orinoco. Algúns de nós xa a vimos en xuño cando fomos a recoller o premio sobre os montes pero naquela ocasión non tivemos tempo de velo todo.
É unha exposición preciosa que recomendo visitar a todo o mundo. Aos nosos rapaces gustoulles moito. Ademais das preciosas fotografías que penduran por doquier, poidemos aprender moitísimas cousas sobre a súa forma de vida a través de maquetas das súas casas, enseres, asentos, canoas e remos, armas, abalorios,  instrumentos musicais, ...
Aquí vos deixamos algunhas fotos:


Powered by TripAdvisor

9 dic. 2013

O NADAL NA NOSA CLASE

Ademais de decorar a entrada do colexio, como non, estivemos a decorar a nosa clase. Empezamos ... POLA PORTA. Queriamos unha árbore de Nadal ben bonitiña así que aproveitamos trozos de cartulina que tiñamos gardados, forramos unhas caixas de cereais e ...


Pero claro, as árbores de Nadal, soen están adornadas con estrelas, bolas, campás,... e o noso non tiña nada diso. Así que pensando pensando decidimos que queriamos poñerlle UNHAS ESTRELAS. Pero non unhas estrelas calquera, non non, queriamos unhas estrelas como a que fixo a profe e ademais que tiveran algo especial. Ollade:


E cando por fin rematamos coa porta chegoulle o turno ... AS VENTÁS. Para decoralas, aproveitamos cousas que xa tiñamos doutros anos:


Pero tamén fixemos unhas preciosas bolas e uns sinxelos adornos de cartulina para a terceira ventá:


E como non todo vai a ser adornar, tamén estamos a facer unhas fichiñas dunhas chulísimas ADIVIÑAS DE NADAL que atopamos no fantástico blogue da nosa amiga Dolores: AULA VIRTUAL DE AUDICIÓN Y LENGUAJE. Nós as pasamos ao galego e lle engadimos por debaixo unha raia para poder escribir. Ata o de agora só fixemos estas dúas, pero estanos a quedar moi ben:


E estamos a rematar todo o que necesitamos para a nosa actuación de Nadal:


 Que estaremos a preparar?

8 dic. 2013

TARXETAS DE NADAL


Ademais das estrelas que xa vos amosamos, tamén estivemos a facer as postais para participar no concurso que todos os anos fai o cole. Ollade que fachendosos estamos coas nosas postais:







Na de Martín no sae a súa foto porque non temos autorización para poñela, non tiña ningunha foto de costas e pareciame moi feo taparlle a cara.

GÚSTANVOS? SI? POIS QUEREDES SABER UN SEGREDO?

Unha delas foi a seleccionada este ano para felicitar a toda a comunidade educativa pero non vos podo dicir cal. 

Aquí vos deixo esta presentación das súas tarxetas:


TARXETAS NADAL 2013

E como non, tamén queremos compartir con vós os nosos recursos de Nadal. Espero que vos resulten útiles. Clicade na imaxe para acceder:


7 dic. 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Recoméndannos en Inevery Crea


Esta semana recibimos con moita ledicia e ilusión a noticia de que UN PROXECTO ENTRE TODOS é Proxecto recomendado en Inevery Crea. Queremos dar as grazas a Inevery Crea por recomendarnos e sobre todo a todos os blogues amigos que se foron apuntando ao longo destes casi dous anos de proxecto, xa que a súa participación e colaboración é o que lle da VIDA.


Ademais temos que confesar que o artigo que escribiron fíxonos especial ilusión porque realmente vímonos moi reflexadas nel:

"Todo este traballo de colaboración e horas de esforzo levou ás docentes a crear o seu CLAUSTRO-BLOG, un grupo de cinco amigas que cada vez que necesitan axuda ou se propoñen unha idea, teñen o apoio, colaboración e complicidade das demais".

Así que como sempre vos dicimos:

MOITAS GRAZAS
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOE

4 dic. 2013

EMPEZAMOS A DECORAR O COLEXIO

Estes días comezamos a ambientar o colexio. Para empezar, cada un dos nenos e dos profes, tivemos que decorar unha estrela. Así quedaron as nosas:

- A de Kevin:


- A de Leticia:


- A de Javi:


- A de Dani:


- A de Martín:


- A de Juan Marcos:


- E a da profe:


E que fixemos con estas estrelas e as dos outros nenos, nenas e profes do cole?

Pois o que fixemos e montar unha preciosa árbore de Nadal que agora forma parte do mural que adorna a entrada do noso colexio:


Cando estea rematado, amosarémosvos todo o mural completo.

2 dic. 2013

CAPACIDADES DIFERENTES, IGUAIS DEREITOS


Mañá 3 de decembro, commemórase o día mundial das persoas con discapacidade. En 1992, as Nacións Unidas, proclamaron esta data para difundir a situación que viven as persoas con discapacidade, os actos de discriminación aos que se enfrontan e  tamén para fomentar unha maior integración na sociedade dos discapacitados.

Desgraciadamente, hai moito ainda que traballar, como sociedade, no respecto aos dereitos das persoas con discapacidade. Necesitamos educar e educarnos  para darlles un trato digno, como seres humanos que son, pero sobre todo traballar na integración, non excluilos da nosa vida e relacións humanas.

E falando de integración, hai un conto que me gusta moitísimo que é: "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" de Jérôme Ruillier.

Aquí volo deixo en versión video adaptado por Mayte Calavia con alumnos do CEIP "El Espartidero" de Zaragoza:


E en versión presentación de Hoac Granada:


Nós lerémolo na clase pasadomañá  porque mañá imos de excursión  e non teremos tempo.

1 dic. 2013

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Respecta os contidos creados por outros compañeiros...


Chega en breve o Nadal e con el sempre nos plantexamos novos e bos propósitos, e dende UN PROXECTO ENTRE TODOS non imos ser menos. Este ano que entra, gustaríanos animar a todos os blogues amigos deste proxecto e a todos os blogues seguidores ou simples visitantes a RESPECTAR AS CREACIÓNS E PRODUCCIÓNS DOS NOSOS COMPAÑEIR@S.

Este proxecto, xorde das ganas de COMPARTIR, pero nunca se debe confundir con COPIAR. Entristécenos  enormemente ver que a algúns blogues se  lles "esquece" (somos boas e queremos crer ou pensar que é un esquecemento) sinalar a procedencia dos recursos que publican no seu blogue, parecendo en ocasións que son de propia creación cando non é así.

O feito de que recopilemos os enlaces no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS non nos parece en absoluto que sirva de escusa para evitar mencionar aos autores dos devanditos recursos nas nosas entradas. En ningún caso, nos estamos a adueñar da súa autoría, ao contrario, debemos agradecer a cantidade de mestres e mestras que están dispostos a COMPARTIR desinteresadamente. Así que nestes tempos, nos que todavía non se recoñece todo este traballo que realizamos (pero todo se andará), o noso propósito do ano próximo, é difundir este lema:

"RESPECTA OS CONTIDOS CREADOS
POR OUTROS COMPAÑEIROS,
O SEU TEMPO É MOI VALIOSO!!"

Este mes seguimos a medrar e incorporamos á nosa lista de blogues participantes 5 novos blogues aos que dicimos: BENVIDOS!! a UN PROXECTO ENTRE TODOS. Aquí vos deixamos a lista de participantes actualizada:
E aquí o enlace ao noso SITES onde podedes atopar todos os enlaces aportados ata o de agora:


Finalmente, se vos animades a participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS tan só debedes deixar un mail e a dirección do blogue co queredes participar nun comentario nesta mesma entrada.


E coma sempre , MOITAS GRAZAS!!! pola vosa colaboración e participación.

NOELIA, MIREN, ANA, FINI e MIREIA

30 nov. 2013

ASÍ VEMOS O NOSO COLEXIO



Esta semana estivemos a facer os nosos debuxos para o concurso de"OS BOLECHAS" : "DEBUXA O TEU COLE". Todos esforzáronse moito e estes son os resultados:

- Para DANI o colexio é poder xogar nos BAMBÁNS (columpios):


- Para MARTÍN xogar ao FÚTBOL e se pode ser cun amigo moito mellor:


- Para LETICIA, poder APRENDER as LETRAS, DEBUXAR, ESCRIBIR, ...


- Para KEVIN, xogar coas PEZAS de cores:


- Para JUAN MARCOS, é xogar á PELOTA:


- E para JAVI, é escribir no ENCERADO:


E aproveitando que estabamos en plena vea creadora tamén fixemos os nosos debuxos para o concurso do Racing de Ferrol: "NADAL E DEPORTE". Ollade que bonitiños nos quedaron:


De esquerda a dereita e de arriba abaixo, os autores dos debuxos son: DANI, LETICIA, KEVIN, JUAN MARCOS, JAVI e MARTÍN.

A QUE SOMOS UNS GRANDES ARTISTAS?