16 dic 2015

TARXETA "CASCADA" DE NADAL

Este ano, para felicitar o Nadal ás nosas familias, todos fixemos a mesma tarxeta, unha tarxeta con "truco".

A profe deunos unhas imaxes de Nadal, e nós tiñamos que escoller as tres que máis nos gustasen porque a cuarta imaxe .... ERA UNHA SORPRESA!


E a continuación seguindo o titorial que vimos neste  VIDEO do blog  HAZ REGALOS fixemos estas bonitas tarxetas:


Para poder ver todas as fotografías, tan só hai que tirar do laciño e ...

15 dic 2015

ADORNOS DE NADAL

Este ano, grazas ao noso conserxe Jorge, podemos disfrutar no cole dunha preciosa árbore de Nadal feita de madeira. Para decorala, na nosa clase, fixemos unhas bolas utilizando CDs reciclados e retazos de goma eva.

Así de bonitas nos quedaron:



E así de bonita está a árbore coas nosas bólas e os renos que fixeron os rapaces e rapazas de terceiro:


13 dic 2015

INVENTAMOS SLOGANS PARA LER EN NADAL


Un ano máis participamos no concurso de lemas de Nadal que nos propón a Biblioteca, co fin de fomentar o gusto pola lectura non só no Nadal senón todo o ano. Entre todos os lemas, escollerase un por ciclo e con él, farase un calendario que se repartirá a toda a comunidade educativa. Estes son os lemas que fixemos os nenos e nenas de sexto:

Estela:


Sara Montagut:


Sergio Silvén:


Yanira:


Borja:


Manuel:


Sara Fernández:

Sergio Sosa:


Íker:


Laura:


Que vos parecen?

E xa que estamos a falar de libros e lecturas, quero compartir convosco este calendario de Adviento dixital que cada día nos regala un conto de Nadal. Clicade na imaxe para acceder.


12 dic 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: PUBLÍCANNOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL


Con esta xenial imaxe nosa debuxada por Noelia, a ilustradora do noso equipo, temos a gran ledicia de compartir con todos que nos publicaron un artigo sobre UN PROXECTO ENTRE TODOS na BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL, o cal é todo un honor para nos. Agradecemos moito o interese que demostraron polo noso proxecto, á vez que a difusión para seguir medrando todos xuntos. Se queredes descargaros o artigo, só debedes clicar no enlace e pinchar sobre o título.





Aproveitamos para deixarvos o enlace á lista de blogs actualizada, dando a benvida a nova participante, Patricia.


E tamén o enlace para que poidades seguir utilizando o SITES con todos os enlaces dos temas recopilados, para seguir preparando xeniais proxectos.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/
E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS A TOD@S
ANA, FINI, MIREN e MIREIA

8 dic 2015

RECURSOS NADAL


Clicando na imaxe da arriba, poderedes acceder á nosa selección de  recursos de Nadal (videos, libros lim, xogos, fichas, ...) tanto de elaboración propia como de outros blogs amigos. Espero que vos sirvan.

4 dic 2015

BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédesnos ver xogando:



E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

1 dic 2015

DÍA DA DISCAPACIDADE: A DISCAPACIDADE VISUAL


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos vendo unha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuamos co taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deunos un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratásemos de descifrala. Que difícil!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguimos descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixemos uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.