5 may. 2011

MARCHA POR EUROPA


O vindeiro 9 de maio celebrarase o día de Europa . ¿Por que o nove de maio? Porque un 9 de maio de 1950,  Robert Shuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada  e poder desterrar para sempre a guerra deste continente ; por iso na Cumbre de Milán de 1985, os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa".
A súa entidade política ven identificada pola BANDEIRA de cor azul con doce estrelas douradas no centro que representa a solidariedade e a armonía entre os pobos de Europa;

polo seu HIMNO "Oda a Alegría" que procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Ludwing Beethoven;

 polo seu LEMA ...
e pola súa moeda única, o EURO.
Neste día celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e unen aos distintos pobos. Aquí en Ferrol, o domingo 8 de maio celebrarase a segunda MARCHA POR EUROPA, un acto lúdico dirixido especialmente ás familias, nenos e mozos ferroláns. Sairá as 11:230 da mañá de Cantón de Molins e fará un percorrido con guías de turismo por algúns dos lugares máis emblemáticos de Ferrol, rematando de novo no Cantón de Molins. Ao mesmo tempo terá lugar unha competición deportiva "CARREIRA POR EUROPA:VOLTA A FERROL" polas rúas da cidade. Se tedes gañas de participar nesta competición tedes que facer a vosa incrición na seguinte dirección: www.championchipnorte.com. A data límite finaliza hoxe.

E se queredes aprender máis cousas sobre a Unión Europea e divertiros xogando no deixedes de visitar as seguintes páxinas:


5 comentarios:

  1. Gracias por reunir e poñer á nosa disposición tanto material que podemos empregar nas nosas clases.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Pasade un feliz día de Europa mañá, que por certo, está cheiño de recursos moi chulis. Nós tentaremos facer o mesmo.

    ResponderEliminar
  3. Muchas felicidades a todos los Europeos!!

    Que disfrutes mucho de este día.
    Besos!!

    ResponderEliminar
  4. Feliz día de Europa!!!! me alegro de encontrar tu blog, no lo conocia y me ha encantado. un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Feliz día de Europa a vós tamén. Graciñas a todas polos vosos comentarios,

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO