11 jul 2014

UN MEME DE INTERNET


Cando hai unhas semanas vin no blogue de Jesús, Crea y Aprende con Laura, falar dos memes de internet (término do que non escoitara falar ata entón) o que menos pensei e que me ía tocar a min tamén, ja ja Pero así foi. Hai xa uns días que a miña amiga e compañeira de claustro virtual, Miren, do blogue La Clase de Miren, convidoume a participar e por suposto aceptei o ofrecemento.

Para os que estades igual ca min, e non sabedes o que é un MEME DE INTERNET:

"O término meme de internet úsase para describir unha idea, concepto, situación, expresión e/ou pensamento manifestado en calquera tipo de medio virtual, cómic, video, textos, imaxes e todo tipo de construcción multimedia e colectiva que se populariza a través dun hipervínculo, foros, imageboard, sitios web e calquer outro difusor masivo como o son hoxe en día as redes sociais".

Este meme en especial, busca responder a catro preguntas acerca da nosa experiencia escribindo no noso blogue e invitar a outros tres blogueiros a recoller o testigo e continuar a cadea.

Estas son as preguntas:

1ª) Sobre que estou escribindo actualmente? O certo é que ultimamente non estou escribindo moito no blogue por dous motivos: por unha banda estou metida nun curso de Realidade Aumentada da Escola Virtual de Verán de Espiral, o cal me ocupa bastante tempo e por outra, este ano por diferentes razóns fíxoseme un curso moi duro e necesito desconectar bastante se quero voltar en setembro coas pilas ben cargadiñas. Feito este inciso, dicir que xeralmente escribo sobre as cosas que facemos na clase: os nosos proxectos, experimentos, recursos, saídas, ... 

2ª) En que difire a miña escritura da de outros que  desenvolven o mesmo xénero? Sinceramente creo que en nada. A maioría dos blogues e blogueiros que coñezo e admiro, ao igual ca min, escriben sobre as experiencias nas súas aulas co seu alumnado e sobre aqueles recursos que atopan ou elaboran, que lles parecen útiles para a súa tarefa diaria e comparten desinteresadamente. Imaxino que a única diferencia estará no "toque persoal" que lle damos cada un de nós a esa escritura.

3ª) Por que escribo o que escribo? Principalmente, porque quero que as familias dos meus alumnos e eles mesmos, vexan o fantástico traballo que fan e como se esforzan día a día para facelo e porque ao igual que eu me aproveito dos recursos que outra xente comparte quero tamén compartir os meus por se lle resultan útiles a alguén.

4ª) Como é o meu proceso de escritura? Procuro que as miñas entradas sexan claras e sinxelas de entender para todos (hai que ter en conta que os meus alumnos son de Educación Especial), normalmente con pouco texto e moi visuais e coloridas  (con fotos a tamaño grande). 

Para rematar, gustaríame compartir e convidar a participar neste meme a: 

8 jul 2014

PREMIOS COOPERATIVISMO 2014


Este  sábado , fomos ao centro Ágora en A Coruña para asistir á gala de entrega de premios aos mellores proxectos cooperativos galegos: premio aos valores cooperativos, premio ao mellor proxecto cooperativo e premio á promoción do cooperativismo e tamén os premios "Cooperativismo no Ensino" onde como xa vos comentamos noutra entrada anterior, quedamos gañadores na categoría do segundo ciclo coa nosa obra de teatro: "UN MUNDO MELLOR" protagonizada por 17 alumnos do centro e coordinada polas profes Patricia, Estrela e máis eu.




Ningún dos dezasete nenos poideron asistir á gala (moitos dos nosos alumnos son de lonxe e lles foi imposible acudir) o que foi unha verdadeira mágoa, porque durante a mesma poidemos disfrutar de dúas grandes actuacións como foron a da actriz Paula Carballera e a da cantante Sés, ainda que sí viñeron a facernos compañia a profe Mina e Roca o profesor adxunto do taller de Carpintería.
Ademais, ao remate da mesma, houbo unha gran degustación de produtos cooperativos nunha das explanadas exteriores do centro e a continuación sesións de xogos populares para os máis pequenos e non tan pequenos :).


En setembro estaralles agardando  a fantástica cámara fotográfica que gañaron cada un deles :


Foi sen dúbida unha gran xornada!!!!!