23 dic 2014

ESCRITURA BÓLA DE NEVE DE NADAL

A nosa terceira colaboración para o proxecto "PaLaBraS AzuLeS", foi escribir unha historia colectiva relacionada co Nadal. Trátase dun xeito divertido de que os nosos estudiantes escriban colaborativamente.

INSTRUCCIÓNS

1º) Repartimos a cada alumn@ unha ficha cunha imaxe de Nadal diferente. Deben observar a fotografía e pensar unha historia que lles suxira. Lembramos que hai que pensar nos personaxes, o escenario, os conflictos que poidan xurdir,... Este primeiro escritor é o encargado de poñer en marcha a historia. Deixamos aproximadamente quince minutos para esta fase.

2º) A continuación cada estudante engurra a súa ficha como se fose unha bóla de neve e lánzaa á parte dianteira da clase. Todos se levantan e cada un colle unha bola de neve que non sexa a súa regresando ao seu pupitre.

3º) Alisan con coidado o papel, observan a imaxe e len o escrito ata agora. Este segundo escritor durante outros quince minutos, debe continuar a historia onde a deixou o primeiro engadido máis información sobre o personaxe, introducindo novos personaxes, novos conflictos,...

4º) Facemos o mesmo unha segunda vez. O terceiro escritor debe unir os cabos e rematar a historia.


5º) Para finalizar, devólvese ao escritor orixinal para que a revise e adapte, é dicir para que "a faga súa" e a  "pase a limpo" ilustrándoa se quere. Cando estea lista pode lela ao resto dos seus compañeiros.


Estas son as plantillas que utilizamos nós:


20 dic 2014

Bo Nadal!

Con esta tarxeta queremos desexarvos a todos e todas que visitades este blogue un Bo Nadal no que disfrutedes da compaña de familiares e amigos.

feito con Getloupe

Ademais queremos amosaros as preciosas tarxetas que fixemos para levar a casa:










E os portavelas en dourado ou prateado, para poñer na mesa de Nadal:


15 dic 2014

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Levamos dende outubro xuntando e pintando de verde, cartóns de papel hixiénico, papel de cociña, papel albal, ...... coa axuda de outros nenos do cole, para poder preparar unha árbore de Nadal que decore a entrada principal. Ainda que todavía lle faltan por poñer algunha que outra estreliña, por fin vola podemos amosar:


Se queredes saber como se fai a estrela de arriba, clicade na imaxe:


E o mesmo se queredes aprender a facer as estrelas finlandesas:


Que vos parece a nosa árbore?

14 dic 2014

UNHA CARTA DE NADAL DIFERENTE

Grazas a Carlos do blogue O Pé do Xigante, descubrín este xenial video que nos fará pensar a máis de un:


E vos, que opinades?

12 dic 2014

FACEMOS ESTRELIÑAS DE NADAL

Ollade que bonitas quedaron outras dúas das nosas ventás, con estas estreliñas que fixemos con papel de seda:


Para facela, cada un tivo que seguir as instruccións que viñan no papel que se lles entregou:


Gústanvos? Poi si queredes probar a facelas vos deixamos as instruccións que seguimos nós e que atopamos AQUÍ:




10 dic 2014

Concurso: "Os Nosos Portos"

Participamos no concurso de debuxo infantil "Os nosos portos" que puxo en marcha a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria da zona de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña, co fin de achegar as súas actividades aos máis xóvenes e implicar aos alumnos a través dos centros docentes.

Estes son os nosos debuxos:

Íker: "As grúas do porto de Ferrol"

Estela:"Pescando á beira do faro"

Sara Montagut: "Vista desde o porto"

Sergio:"Cargando o barco"

Yanira:"A chegada ao porto"

Laura:"Saíndo do porto"

Borja: "Mantén limpo o teu porto"

Manuel: "Pescando na ría"

Sara Fernández:"Un día de praia"

7 dic 2014

ADORNAMOS AlGUNHAS VENTÁS CON FLORES DE PASCUA



Continuamos adornando a nosa clase con cousiñas de Nadal. Este venres na clase de plástica, tocoulle o turno a dúas das ventás . Para que quedasen ben bonitas, fixemos unhas árbores simétricas de Nadal en distintos tonos de verde e unhas fermosas flores de Pascua que vimos na páxina de Origami-club.com.

Por si queredes aprender a facelas, vos deixamos esta animación que atopamos tamén en Origami-club. Hai que darlle a START para empezar:



Ou si o preferides esta imaxe da mesma fonte:


Así de ben traballamos nós e así de ben quedaron as dúas ventás:


Que vós parece?

6 dic 2014

Un proxecto entre todos: PECHAMOS A LISTA DE BLOGUES AMIGOS AO CHEGAR AOS 200


QUE NINGUEN SE ASUSTE!! que non pechamos UN PROXECTO ENTRE TODOS, simplemente deixaremos de admitir novos blogues amigos colaboradores cando cheguemos aos 200 blogues. A lista xa é moi longa chegando aos 3 anos de proxecto e temos que recoñecer que a loxística foise complicando. Por iso decidimos que PECHAMOS A LISTA DE ADMISIÓN.


Nestes momentos, temos 197 blogues amigos na nosa base de datos de participantes, o que quere dicir que quedan 3 PRAZAS para poder unirse a este proxecto colaborativo. As tres primeiras peticións que consideremos que cumpren as condicións necesarias serán as que cubran estas prazas.
Mentres isto ocorre, seguiremos ampliando a lista de temas no noso SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, en función das vosas peticións de axuda. Animámosvos a continuar innovando e presentado temas novos. En meses posteriores vos iremos contando novas novedades.

https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

4 dic 2014

3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos no meu antiguo centro, o CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación fomos ao recreo e alí xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio onde dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:




FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?

2 dic 2014

COMEZA O MES DE NADAL

Esta semana comezamos xa o mes de Nadal. Na nosa clase empezamos a traballar pouquiño a pouco este tema.

Comezamos poñendo na porta a conta atrás dos días que nos faltan para que chegue o día de Nadal:

E inventando e ilustrando uns eslogans para a Biblioteca do noso centro. O mellor eslogan se utilizará para facer un calendario co que se agasallará a toda a comunidade educativa. Estes son os nosos eslogans:

 Borja

Estela

Íker

Laura

Manuel

Sara F.

Sara M.

Sergio

Yanira

BOAS LECTURAS PARA TOD@S!