Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas

4 abr 2017

INVENTANDO E RECITANDO POEMAS DIAMANTE


Polo Día da Poesía, no cole celebramos o II RECITAL DE POESÍA do CEIP de Maciñeira. Cada clase inventou ou preparou uns poemas en galego para recitalo ao resto dos compañeir@s.

Na nosa clase preferimos inventalos, así que a profe ensinounos a facer POEMAS DIAMANTE cos que ademais de desenvolver a nosa creatividade literaria, lembramos algúns conceptos gramaticais como verbos, adxetivos e nomes.

Para os que non o saibades, dirémosvos que os Poemas Diamante, son poemas de sete versos que non teñen rima e seguen a seguinte estrutura:

1ª liña: un nome (persoa, animal, cousa)
2ª liña: dous adxectivos que describan ao nome da primeira liña.
3ª liña: tres verbos relacionados coa primeira liña.
4ª liña: catro nomes: dous relacionados coa primeira liña e dous coa sétima.
5ª liña: tres verbos relacionados coa sétima liña.
6ª liña: dous adxectivos relacionados coa sétima liña.
7ª liña: un nome contrario ou antónimo ao da primeira liña.

Nós eleximos nomes contrarios como: SOL/LÚA, PAI/FILLA, POLICÍA/LADRÓN, PAZ/GUERRA,GATO/RATO, MODERNIDADE/ANTIGÜIDADE,  HOME/MULLER, AUGA/LUME, VERÁN/INVERNO e BRANCO/NEGRO(como nome non adxectivo) e a partir deles escribimos o noso poema utilizando como base esta plantilla que adaptamos dunha que atopamos en PROUD TO BE PRIMARY. Ollade que bonitos nos quedaron:


E se queredes ver o ben que os recitamos ...



Se vos gustan este tipo de poemas, podedes facelos como o fixemos nós, ou tamén con esta aplicación de http://www.readwritethink.org:

http://www.readwritethink.org/files/resources/interactives/diamante_poems_2/

ANIMÁDEVOS A FACER UN?

28 mar 2017

ILUSTRANDO POESÍAS


Un ano máis, participamos no concurso Poesía e Imaxe convocado polo Concello de Ferrol dende  a área de Normalización Lingüística, que este ano vai xa pola XVII edición.

Este concurso que  "ten por finalidade que os alumnos e as alumnas dos centros de ensino de Ferrol e da comarca coñezan a realidade plurilingüe do mundo da que forman parte con lingua propia" ( Álvaro Montes, concelleiro de Normalización Lingüística), consiste en poñer imaxe a unha poesía elexida de entre 30 de distintos autores e autoras do mundo e en diferentes linguas.

Estas son as que escollimos e ilustramos nós:


25 abr 2016

DÍA DO LIBRO

Este sábado foi o día do libro. Como o venres non tiñamos clase, celebrámolo entre o xoves e hoxe luns. O xoves, a nivel de centro,fíxose un apadriñamento lector dos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto aos nenos e nenas de educación infantil.
Nós,  acompañados de catro rapaces e rapazas de quinto, lémoslles contos aos nenos da clase da profe Lidia, os de tres e catro anos:




Eles, agasalláronnos cunha fermosa flor que fixeron e nós non quixemos ser menos e agasallámolos con estes bonitos marcapáxinas de animais:


Para lembrar este momento, cada peque sacou unha foto co seu "padriño" lector e os agasallos:

 


Na nosa clase, como nos gustaron moito os marcapáxinas de animais, decidimos facer un igualiño para levarnos ás nosas casas. Ollade que bonitiños nos quedaron:


Tamén escribimos un poema nun cadrado, o pegamos no fondo dunha caixiña que fixemos con origami e despois os intercambiamos cos nosos compañeiros e compañeiras.


E hoxe a última hora fixemos o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente, cada rapaz e rapaza podiamos traer ao cole un ou dous libros polos que recibiamos un vale para cambiar por outro/s no mercadillo.



MOI FELICES LECTURAS

23 jun 2015

ILUSTRANDO E RECITANDO POESÍAS

Unha das últimas tarefas que fixemos antes de rematar o curso, foi ilustrar e recitar unhas preciosas poesías de Marisa Alonso, autora do blog POESÍA INFANTIL.
Cada un elexiu o poema que quixo, escribiuno nun folio, debuxouno e para rematar recitouno. Ollade, ollade, ...



























QUE VOS PARECEN?

21 mar 2015

DÍA DA POESÍA: ESCRIBIMOS BIOPOEMAS


Con motivo do día da poesía  na clase estivemos a facer uns BIOPOEMAS que son nin máis nin menos que poemas sobre a nosa vida.

Estes poemas teñen que seguir una determinada estructura pero están abertos a todo o tipo de modificacións que un queira facerlle.

Nos nosos había que seguir estas indicacións:

1ª liña: O noso nome
2º liña: Algún adxectivo que nos defina
3ªliña: Fillo/a de ...
4ª liña: A quen lle gusta ...
5ª liña: Que odia...
6ª liña: Que lle ten medo a ...
7ª liña: Que soña con ...
8ª liña: Que está fachendoso/a de ....
9ª liña: Que vive en ...
10ª liña: O apelido

Aquí vos deixamos as instruccións e as plantillas que utilizamos nós, tanto en GALEGO como en CASTELÁN:



Para ilustralos, collimos unhas fotos nosas e  as convertimos en debuxos a lapiz coa aplicación online PicJoke:


Así que escribimos os nosos poemas, coloreamos as nosas fotos e ... ISTO É O RESULTADO. Esperamos que vos gusten:

19 oct 2014

ÁRBORE DE OUTONO

Lembrades as nosas poesías de outono da entrada anterior?

Pois ben, estes días nas clases de plástica, fomentado a reciclaxe, estivemos a facer o tronco e as ramas dunha árbore utilizando follas de xornais:



A continuación, copiamos os nosos poemas na plantilla dunha folla de cartolina de distintas cores de outono: vermellas, laranxas, verdes, marróns, amarelas,... engadimos unhas bonitas letras de outono que atopamos na páxina Maestra Mary (que tivemos que modificar un pouco porque estaban en italiano) , un precioso esquio (aportación da profe Alba) e ... aquí tedes a nosa ÁRBORE DE OUTONO ( o noso cole está recén pintado de ahí que no puidésemos facer as ramas da árbore para arriba ja ja):




Esta árbore está na entrada do noso colexio e continuará enchéndose das aportacións dos outros cursos con adiviñas, refráns,...

Aquí vos deixamos a plantilla que utilizamos:


15 oct 2014

INVENTAMOS POESÍAS


Estes días na clase de lingua inventamos uns fermosos poemas sobre o outono. Primeiro os fixemos en lingua castelá pero despois o pasamos ao galego. Estes son os poemas que inventamos, cos que creamos un bonito libro, utilizando imaxes de Jessica Bujalance do blogue Bonitooh.



Nuns días amosarémosvos outra actividade que fixemos cos memos poemas ;)

30 abr 2014

PREMIOS POESÍA E IMAXE

Onte ás sete e media, tivo lugar no Centro Cultural Carvalho Calero, a entrega de premios do XIV Certame de Poesía e Imaxe. Este ano tivemos a gran sorte de que gañaran outros dous alumnos do noso cole.

- Martín, da nosa clase, que aquí está todo fachendoso posando co seu cadro:


- E Sonia da clase da profe Lucía que tamén está aquí toda contenta co seu cadro:


Por se non vos lembrades, deixámosvos aquí de novo os debuxos cos que participamos para que vexades os bonitiños que eran todos.


22 mar 2014

POESÍA EN PRIMAVERA

Para celebrar o día da Poesía e a entrada da primavera, inventamos uns HAIKUS (pequenas poesías xaponesas de tres versos de 5,7 e 5 sílabas) PRIMAVERAIS:


A continuación  nunha plantilla en forma de flor, pegamos o HAIKU elexido e o ilustramos:


Con moito coidado imos dobrando cada pétalo da nosa flor ata esconder o contido:


Os botamos nun recipiente con auga e... QUE PASARÍA? Se queredes ver todo o proceso e averiguar que lles pasou aos nosos HAIKUS clicade na imaxe:

(Presentación feita con EMAZE )

22 feb 2014

AS NOSAS POESÍAS ILUSTRADAS


Un ano máis participamos no Certame de Creación Artística "Poesía e Imaxe", que este ano xa vai pola XIV edición, promovido por la Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüïstica e o Concello de Ferrol.
Estas son as poesías que eleximos nós e os nosos debuxos. Esperamos que vos gusten:

23 may 2013

GLORIA FUERTES E A EDUCACIÓN VIAL


Unindo o noso proxecto sobre Educación Vial coa nosa participación no Proxecto Colaborativo Libro Virtual sobre Gloria Fuertes, hoxe estivemos a traballar unha poesía desta gran escritora relacionada con este tema: "NO CRUCÉIS ATOLONDRADOS..."
Primeiro vimos un video sobre a poesía que preparei con VideoScribe, unha ferramenta que nos permite crear vistosos e orixinais videos que podemos compartir directamente en Youtube, Facebook,... ou gardar no noso ordenador, pero que ten un inconvinte: é de pago, só nos deixa descargar unha versión de proba durante sete días que é o que fixen eu.


Despois de ver o video e de que entre todos lésemos a poesía varias veces, a profe dounos unha ficha coa poesía escrita, pero había un problema: estaba incompleta. Así que nin cortos nin perezosos, a completamos e coloreamos a Gloria Fuertes e o seu coche:



E pola parte de atrás do folio, cada un fixo un debuxo libre sobre a poesía:



GÚSTANVOS?


(Tanto para facer a imaxe de cabeceira da entrada como a animación feita con GIMP, utilicei un fondo e un clipart do software de fotografía HOFFMAN)

29 mar 2013

ILUSTRANDO POESÍAS


Un ano máis participamos no concurso de "POESÍA E IMAXE" que cada ano organiza o concello de Ferrol en colaboración coas Equipas de Normalización Lingüística. Por iso a semana pasada estivemos mirando todas as poesías que formaban parte do concurso, eleximos as catro que máis nos gustaban e fixemos uns preciosos debuxos para ilustralas.
Estas son as poesías que eleximos e ilustramos. Si clicas no cadrado poderás velas a tamaño máis grande:



O ano pasado no nose cole gañaron Rubén do PCPI e Leticia. Estes días tivemos a sorte de contar no cole coa exposición de todos os debuxos gañadores do ano pasado, así que cando fomos a velos aproveitamos para sacar unha foto debaixo do debuxo gañador de Leti:


16 mar 2013

DESPEDÍMONOS DA LÚA


Para rematar unha gran semana na LÚA, que mellor xeito que ...

- CUNHA POESÍA sobre as Fases Lunares, que copiamos, ilustramos e por suposto recitamos:




- CUN CONTO: "A QUE SABE A LÚA?" que escoitamos e vimos na aula de informática . Despois aproveitamos que estabamos alí para facer as actividades do libro LIM sobre o conto que fixen xa hai algúns anos xunto coa miña compi Rosa Grille á que quero mandarlle desde aquí unha agarimosa aperta:


O conto na porta do  noso armario

O LIBRO LIM

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html


Aquí vos deixamos algunha das fotos:





- E con este fermoso e fantástico corto de Disney-Pixar que non nos dou tempo a velo no cole , así que volo deixo aquí para que o poidades disfrutar: 



AGORA SI, DEIXAMOS ESTE SATÉLITE, CUNHAS FEMOSAS IMAXES SOBRE O MESMO:

CLICA NA IMAXE

Con esta imaxe de Iago mirando a Lúa. polo telescopio que nos  trouxo ao colexio, Paulino Gasalla da Sociedade de Historia Natural



E con este enlace onde podedes atopar distintos recursos sobre a LÚA:


19 feb 2013

O HOME DE NEVE


Como xa sabedes todos estamos a participar no libro colaborativo virtual sobre Gloria Fuertes. Así que entre hoxe e onte traballamos unha das súas poesías: "EL HOMBRE DE NIEVE". Gracias a Cati, do blog LOS PEQUES DE MI COLE, conseguimos unha canción sobre a poesía e con ela e unhas fermosas imaxes que descargamos da  páxima de Jumabu.com , fixemos este video:


A continuación, nunha plantilla en forma de boneco de neve (a  idea orixinal é do blogue BIBLIOABRAZO e a plantilla do BONECO DE NEVE do blogue ACTILUDIS) copiamos a poesía. Así de bonita nos quedou:



Pero non rematou ahí a cousa, senón que hoxe, despois de rematar a poesía fixemos un obradoiro de cociña no que cada un fixo o seu HOME DE NEVE: