19 may 2011

CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole. As dez e media fomos todos á Sala de Xuntas . Para empezar a profe Ana Sofía amosounos unha presentación en Power Point que fixo coa vida e obra de Lois Pereiro e todos os debuxos que fixemos para ilustralas. Quedou realmente moi bonita. Despois vimos e escoitamos a pequena biografía que fixemos cos nosos compañeiros da clase do lado e coa súa profe Digna e que ademais gravamos coas nosas voces.  A continuación Jaime Dragó, Rubén García, Iván Ferreira, Javier Crespo, Iago e o noso xefe de estudos Jesús, nos leron  poesías de Lois Pereiro. E para rematar vimos o conto: "O bosque encantado" que fixo a nosa profe coa axuda doutras profes do cole de Pazos: Cris, Isa e Mª Carmen para un grupo de traballo e que nos gustou moito, pero que moito. Proximamente o poñeremos no blog.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos do festival. Non vos desesperedes porque tarda un pouquiño en cargar. A música que se escoita é Manu Clavijo musicando precisamente un poema de Lois, en Leonberg, "Canción última".

1 comentario:

  1. Moi bonito o festival. Encántame o vídeo e grazas a ti coñecemos un recursos novo. Feliz fin de semana.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO