31 may. 2011

XORNADA DE CONVIVENCIA


Hoxe tivemos unha xornada de convivencia cun colexio de Santiago de Compostela: "A BARCIA". Pasámolo moi ben.
Cando chegamos ao aparcadoiro de Xoan XXIII en Santiago, xa nos estaban esperando.
Primeiro visitamos a catedral , deambulamos polas rúas da zona vella e fixemos unha paradiña nunha terraza para tomar un pequeno "piscolabis". A continuación paseamos pola Alameda. Estábase moi ben !!!!
Logo fomos ao colexio "A Barcia". Na entrada había unha pancarta de benvida que nos gustou moito.

Alí ensináronnos as instalacións : a aula multisensorial, psicomotricidade, a piscina, as aulas, ...  e o parque que era chulísimo. Divertímonos un montón nel.
Chegou a hora do xantar e todos xuntos compartimos unha comida riquísima. E para rematar tan fantástico día, os alumnos de A Barcia obsequiáronos cunhas preciosas pulseras feitas por eles que nos gustaron moitísmo.
Dende este blog queremos darlles as grazas por ser tan bos anfitrións e dicirlles que ESPERAMOS QUE O ANO QUE VEN NOS DEVOLVAN A VISITA.
Aquí vos deixamos as fotos deste día:

4 comentarios:

  1. Que ben o pasades no remate do curso! Seguro que foi unha experiencia a repetir. Comeza xuño e comeza a conta atrás. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousas fixestes! Unha xornada ben completa! Seguro que chegastes cansadiños/as, pero valeu a pena!

    ResponderEliminar
  3. Unha xornada de encontro así é moi gratificante para todos e todas.Deberiamos copiar e facer nós o mesmo.
    Xa vexo que te acordas de min, Ana.Tamén nós de ti.
    Grazas e biquiños de Feli.

    ResponderEliminar
  4. Qué preciosos que están! Y el paseo me imagino que fue re lindo, por la catedral y la alameda. Los felicito, deberían estar muy contentos Ana!

    Te mando un beso enorme!

    Qué lindo paseo de convivencia =) Un beso enorme y feliz jueves!

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO