31 oct 2011

ESTA NOITE... SAMAÍN

Os celtas, antigos habitantes de Galicia, celebraban o 31 de outubro o aninovo. Nesa noite, as ánimas dos mortos, voltaban ás súas casas para visitar ás súas familias, quentarse ao carón do lume e comer os alimentos que lles tiñan preparados.
O cristianismo, adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, por iso ao primeiro de novembro se lle camou día de Todos os Santos, e a partires do século XII, ao día seguinte, día de difuntos.

Este e o mural que fixemos na clase para celebrar o Samaín e adornar o corredor:






E tamén fixemos un pequeno taller de cabazas. Este foi o resultado:


FELIZ SAMAÍN!!!

28 oct 2011

PROXECTO "OS NOSOS BOSQUES"

Ao longo deste trimestre, e aproveitando que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou este ano 2011 "Ano Internacional dos Bosques", catro aulas do noso colexio, faremos un proxecto titulado: "OS NOSOS BOSQUES" .
¿E vos preguntaredes, por que sobre os bosques? Porque os bosques son ecosistemas ricos que nos permiten estudar os animais e plantas do noso contorno e tamén desenvolver no noso alumnado unha actitude de respecto hacia a conservación do medio ambiente.
Con este proxecto pretendemos coñecer da man dun animal típico dos bosques galegos como é o raposo, Pepiño o raposo, a flora e fauna dos bosques galegos: clases de árbores, de plantas, animais en perigo de extinción,... e como podemos contribuír ao seu coidado.
Todas as cousiñas que iamos facendo, así como o material utilizado, as fichas, recursos que atopamos por internet,... as colgaremos nun blog que todavía está en construcción, adicado exclusivamente ao proxecto. Si clicades na imaxe de abaixo iredes a el.

27 oct 2011

EXPOSICIÓN POESÍA E IMAXE

Onte chegou ao noso cole a Exposición de Debuxos Premiados no 11 Certame de Poesía e Imaxe que tivo lugar o ano pasado. Lembrades que dous rapaciños do noso colexio, Javi Crespo e Alfonso Romero recibiron un premio polos seus debuxos? Pois ben, hoxe  fomos todos menos Jesús que faltaba, a ver a exposición. Había moitos debuxos e todos eran moi bonitos.E como Alfonso este ano está con nos en clase, sacamos unha foto diante do seu debuxo e do cartel que anuncia a exposición.Queredes velas?


26 oct 2011

MÁIS SAMAÍN


Nuns pouquiños días chegará a tan esperada NOITE DO SAMAÍN. Aqui vos deixo este issuu do conto MARCELINA E A NOITE DO SAMAÍN que fixen con imaxes do album Picassa da profe Tatiana do blog E.E.I. "O GRUPO".

Esta mesma profe elaborou este libro Lim co conto e actividades sobre el. Espero que vos guste e vos resulte útil.

22 oct 2011

ACHÉGASE O SAMAÍN


Xa quedan pouquiños días para que chegue o SAMAÍN  ( o HALLOWEEN para os ingleses), por iso ao longo desta semana traballaremos algunhas fichiñas sobre o tema. Aquí volas deixo por si alguén quere utilizalas. Son fichas que atopei en distintos sitios: no blog "DALE UN COLIÑO", na WEB DE NORBERTO, na páxina DLTK´s e outras son de elaboración propia feitas con debuxos tomados de internet.

E como non todo é traballar, aquí vos deixo estes entretidos xogos para que pasades un ratiño divertido:
 Empezaremos por tallar a nosa propia cabaza:
E remataremos pintando uns bonitos debuxos:
No blog da nosa amiga Dolores, Aula Virtual de Audición y lenguaje, atopamos esta adaptación feita por ela para educación infantil, do conto INDO PARA O SAMAÍN de Carlos e Sabela Labraña. Si visitades o seu blog poderedes ver tamén as imaxes do conto e o texto en castelán por si alguén lle interesa. Graciñas Dolores por compartir tan fermosos materiais.

18 oct 2011

CONTO: "MARÍA A CASTAÑEIRA"


Como xa queda menos para celebrar a festa do MAGOSTO, ao longo destes días traballaremos o conto de "María, a castañeira". As imaxes , as actividades e o texto atopeinos no blog de Jessica, "¿QUÉ HACEMOS HOY EN EL COLE" , estaban en catalán así que as pasei ao galego, en canto ás letras do título atopeinas no blog de Raquel, "MI PEQUEÑO MUNDO". Motísimas grazas ás dúas por compartir.
E así foi como quedou o conto:

E para pasar un rato entretido, vos deixo estes puzzles de cogumelos. Podemos elexir o número de pezas, a forma destas, a orientación, ...

13 oct 2011

BLOG ADORABLE


A nosa amiga Gemi, de "EL BLOG ENCANTADO" acaba de agasallarnos con este fantástico premio. Aceptalo leva consigo unha serie de condicións:

1º Nomear á persoa que da o premio: GEMI


3º Engadir sete blogs amigos: Hai moitos que me gustaría engandir, a algúns  xa llo otourgaron outras amigas blogueras ,a outros sei que non lles gustan moito estas cousas, pero aínda así sete parécenme moi poucos, por iso vou elexir sete blogs para poñer aquí e elixirei outros sete blogs no me outro blog "MEDRANDO XUNTOS"


Os blogs "A XANELA DE INFANTIL", "PEQUESPAZOS" e "REMENDOS" tamén me parecen "adorables" pero sei que non lles gustan moito estas cousas por iso non as meto no compromiso de mandarllo. Un bico gordo para elas.

4º E xa para rematar unha foto. Ai, Ai,... co pouco fotoxénica que son eu. Aí vai:


ACTUALIZACIÓN
Recibimos o mesmo premio e non por iso nos fai menos ilusión da nosa amiga Paqui do blog "INFANTIL DE COLORES"  , da nosa amiga Carmen do blog "AULA DE INFANTIL"   ,da nosa amiga Vane do blog "EN LA ESCUELA CABEN TODOS" e do noso amigo Carlos do blog "O PÉ DO XIGANTE". Dende aquí, un bico moi grande para os catro.

8 oct 2011

XOGOS DE OUTONO NA PDI

Buceando pola rede atopei esta selección de xogos relacionados co outono para utilizar tanto no rincón do ordenador como na PDI.

¿Cantas follas eres capaz de varrer en 40 segundos? Move o rato que o tempo se acaba.


Imos axudar a Tico a recoller landras e de paso repasamos os números en inglés. Temos tres niveis de dificultade para elexir.


E agora un sinxelo puzzle



5 oct 2011

5 de outubro "Día Mundial do Profesorado"


Hoxe celébrase en todo o mundo o "Día Mundial do Profesorado". Esta conmemoración foi instituída pola UNESCO no 1994, escollendo como data o 5 de outubro por corresponder ao día en que no ano 1966 se fixo pública a Declaración conxunta UNESCO/OIT sobre a Situación do Persoal Docente, sendo esta conmemoración unha mostra de recoñecemento internacional á contribución vital do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos países.
Neste ano 2011, o lema é: "Docentes pola igualdade de xénero" e nós  en vista do que está sucedendo no país cos recortes en educación e a desprestixiación que está a padecer o ensino público engadimos  "E na defensa do ensino público" quedando o lema así:

"DOCENTES POLA IGUALDADE DE XÉNERO E NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO"

E para apoiar á escola pública, aquí vos deixo este video que comparte con nós Marta, do blog ÉRASE UNA VEZ ... UNA CASITA ENCANTADA.



2 oct 2011

OS NOSOS TRABALLOS DE OUTONO

Ao longo desta semana estivemos a falar do outono e das súas características. Fixemos un pequeno libriño sobre o outono para levar a casa que atopamos en Internet, estaba en inglés pero nós o pasamos a galego:

Si queredes descargar a plantilla do libriño clicade AQUÍ.

Ademáis comezamos a traballar as fichas do outono que atopamos no album Picassa de Brimar333. Nós adaptámolas e traducímolas ao galego e así foi coma nos quedou: