Mostrando entradas con la etiqueta LOIS PEREIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LOIS PEREIRO. Mostrar todas las entradas

19 may 2011

CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole. As dez e media fomos todos á Sala de Xuntas . Para empezar a profe Ana Sofía amosounos unha presentación en Power Point que fixo coa vida e obra de Lois Pereiro e todos os debuxos que fixemos para ilustralas. Quedou realmente moi bonita. Despois vimos e escoitamos a pequena biografía que fixemos cos nosos compañeiros da clase do lado e coa súa profe Digna e que ademais gravamos coas nosas voces.  A continuación Jaime Dragó, Rubén García, Iván Ferreira, Javier Crespo, Iago e o noso xefe de estudos Jesús, nos leron  poesías de Lois Pereiro. E para rematar vimos o conto: "O bosque encantado" que fixo a nosa profe coa axuda doutras profes do cole de Pazos: Cris, Isa e Mª Carmen para un grupo de traballo e que nos gustou moito, pero que moito. Proximamente o poñeremos no blog.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos do festival. Non vos desesperedes porque tarda un pouquiño en cargar. A música que se escoita é Manu Clavijo musicando precisamente un poema de Lois, en Leonberg, "Canción última".

17 may 2011

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!!


O 17 de maio, todos os galegos celebramos o Día das Letras Galegas, un día onde destacamos a importancia da literatura no noso idioma, o galego. Cada ano dende 1963,  adícaselle este día a un escritor galego e este ano como xa todos sabemos o autor homenaxeado é LOIS PEREIRO, poeta monfortino que morreu con tan só 38 anos a causa do aceite de colza desnaturalizado.

¿QUE SABEMOS DE LOIS PEREIRO?

Naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1956. Con 17 anos marchou a Madrid a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía pero abandonou polos idiomas e a informática. Alí fundou xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño e máis o seu irmán Xosé Manuel Pereiro a revista Loia da que só sairían catro exemplares. De volta a Galiza compaxinou o seu traballo de tradutor co labor poético. En vida publicou dous libros de poemas: "Poemas"(1981-1991) e "Poesía última de amor e de enfermidade". Morreu na Coruña por unha intoxicación alimentaria en 1996. Trala súa morte publicouse o libro de poesía "Poema para unha Loia" e os oitos capítulos dunha novela que non chegou a rematar. "Náufrago do paraíso".


Esteamos lonxe ou cerca, non debemos deixar de amar a nosa cultura e a nosa lingua sen imposicións, con respeto, interese e curiosidade xa que como lin nalgún sitio: "o que se impón entra por medo e pronto se perde mentras que o que se amosa e se fomenta medra por si só". Esta canción vai adicada a todos aqueles galegos que hoxe están fora da súa terra.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

13 may 2011

ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO


Ao longo desta semana seguimos traballando en torno a figura de Lois Pereiro, poeta monfortino ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Fixemos un power point da súa biografía e lle puxemos as nosas voces, unha unidade didáctica para aprender máis cousas sobre el (cada un  ao seu nivel claro) que atopamos na páxina do SEMINARIO GALÁN, decoramos o noso corredor e ilustramos algúns dos momentos máis importantes na vida de Lois. Si queredes ver como nos quedaron as ilustracións aquí volas deixo.

NOTA

Estou comprobando que o PictureTrail coa biografía ilustrada de Lois Pereiro, metade das veces non se ve co Internet Explorer en cambio vese perfectamente con Google Chrome e co Mozilla Firefox, para aqueles que non podan velo volo deixo tamén en Issuu.

2 may 2011

LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

 

Ao longo destas semanas, traballaremos sobre a vida e obra de LOIS PEREIRO, poeta monfortino a quen se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.
Neste video, podemos ver a súa biografía de forma moi sinxela e adaptada para educación infantil e o primeiro ciclo de primaria.


Tamén preparei este libro Lim sobre a vida e obra de Lois Pereiro  para traballar cos máis pequenos.


21 mar 2011

POETAS NO DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o día da poesía. ¿Como o fixemos? Pois primeiro vimos este poema visual do autor que será homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: LOIS PEREIRO, (a idea orixinal a sacamos de BIBLIOCABE a Biblioteca do IES Río Cabe en Monforte)

Despois, coas palabras de xornais e revistas que recortamos ao longo da semana fixemos as nosas propias poesías e este foi o resultado: