18 may 2011

E TI,MUSEAS?


Hoxe celébrase en todo o mundo o "Día Internacional dos Museos" para concienciar ao público en xeral sobre os papeis dos museos no desenvolvemento da sociedade. O tema deste ano é: "Museos e memoria". Xa que como dín na páxina oficial: " Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión do noso patrimonio natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especial. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir a nosa memoria individual e colectiva".
 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, promove un completo calendario de actividades para este día, que teñen por obxecto dar a coñecer os diferentes museos da nosa comunidade, a súa importancia e os seus contidos, a través de  presentacións de exposicións, visitas guiadas,, talleres infantís, films e campañas de promoción. O "Museo de Bellas Artes" de A Coruña, o "Centro Galego de Arte Contemporáneo", o "Museo do Mar de Galicia e Salinae", o "Museo Massó" de Bueu ou o "Museo do Castro de Viladonga", entre outros, propoñen unha serie de actividades que xa comezaron este pasado fin de semana e que se extenderán ata o vindeiro 20 de maio.
Para pasar un rato entretido e de paso aprender cousas sobre o arte , aquí vos deixo tres xogos que atopei na páxina oficial do "MUSEO DO PRADO" en Madrid.

DIFERENCIAS

 PAREJAS
                                                       CONECTAR

4 comentarios:

  1. Ana eres o máximo, eu non sabía que había tantos días internacionais!, xa sabes que son unha fiel seguidora e "aprendiz" túa. Moitísimas gracias por todo o tempo que me levas adicado e todo o que me levas ensinado. Bicos mil.

    ResponderEliminar
  2. Qué buena entrada Ana! Me encanta siempre cómo la redactás y todo lo que integrás en el post. Feliz día de los museos :) Importante entrada, qué lindo sería poder conocer muchos museos del mundo.
    Te mando un beso enorme y muchas gracias por estar siempre! :)

    ResponderEliminar
  3. Xa estiven xogando buscando as diferencias e as parellas, mañá xogarán os meus nenos e nenas. Entraremos todos nos museos. Que sorte temos contigo!. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Que chulo isto!!! Non o cazara eu na rede. Grazas compi, lévomo ao meu blogue, que xa sabes o que me vai a min isto da arte ;P

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO