31 mar. 2012

FELICES VACACIÓNS DE PASCUA!!!!!!!!

Xa estamos de  vacacións de Semana Santa. Ata o vindeiro 10 de abril non voltaremos a clase.  Así que onte levamos para casa todos os nosos traballos do trimestre (que foron moitos) así como estes "dulces" cucuruchos que fixemos e que ... sabedes que? están chéiños de caramelos:


MOI FELICES FESTAS PASCUAS, PARA TOD@S!!!!!!

Clica na imaxe


LEMBRADE que hoxe , as 20:30, baixo o lema Reta ao mundo: Salva o planeta”, un ano máis, WWF (World Wildlife Found) invítanos a participar en “A Hora do Planeta”,  apagando as luces durante unha hora, solidarizándonos así sobre a importancia do aforro enerxético e comprometéndonos a levar un estilo de vida sostible para frear a gran amenaza do Cambio Climático.


30 mar. 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Seguimos a medrar


Como xa dixemos anteriormente, actualizaremos a lista de blogues colaboradores cada mes que  haxa novas incorporacións. Este mes, apuntáronse a este proxecto 10 novos blogues aos que damos a benvida. Aquí  tedes a nova lista actualizada para que podades faceros seguidores  das novas incorporacións.  
          

Como pensamos, que xa temos todos claro como é o funcionamento deste proxecto de colaboración, nesta ocasión só colocaremos un enlace á entrada onde se lembran as "normas de uso". Algunhas persoas nos informaron que se enteraron deste proxecto a través dalgún blog colaborador , e que lles custou saber a quen tiñan que acudir para poder formar parte do proxecto.   Por iso pedimos, por favor que enlacedes  o selo de colaboración do proxecto a este enlace. Deste xeito, quen queira apuntarse, terá claro a quen acudir (blogues organizadores) e as normas de funcionamento.



Iso, sí, gustaríanos lembrar que é un proxecto ao que se poden apuntar os blogs de forma VOLUNTARIA, pero que ten como CONDICIÓN colocar o selo de participación nel, para que o resto de blogues poidan identificar aos blogues colaboradores. Por isto, si que aproveitamos para lembrar a estos blogs, que todavía non colocaron o selo "Colaboro con blogs amigos":


- Imagina Aula Viva
- Mira dentro de TIC
- Burbujitas
- Dabadebedum


Ademáis, gustaríanos dar as grazas aos 39 blogs que xa colaboraron aportando enlaces aos blogs que pediron axuda. MOITAS GRAZAS! non nos cansaremos de dicir que se superaron con creces as nosas expectativas iniciais.

27 mar. 2012

MÁIS RECURSOS PARA PASCUA


Para seguir traballado o tema de Pascua, podemos elexir entre:

- Colorear a Pocoyó e os seus amigos en Pascua (http://www.pocoyo.com/Pascua_de_Pocoyo.html)



- Ver un entretido video:


- Ou divertirnos con estes estupendos xogos:

* Axuda ao coello a recoller os ovos guiándote coas flechas do teclado:



* Elixe o teu ovo, decórao e .... NON TE PERDAS A SORPRESA FINAL!!! Proba as distintas posibilidades (visto no blog da miña amiga Rosa, PEQUESPAZOS):


25 mar. 2012

É TEMPO DE PASCUA


Xa queda moi pouquiño para que chegue a PASCUA e con ela as vacacións de Semana Santa. Ao longo desta semana que entra, traballaremos con estas fichiñas de atención que fixen utilizando imaxes de VLADIMIR ZÚÑIGA do blog FOCACLIPART. Volas deixo en castelán e en galego por si alguén ao igual que nós tamén quere utilizalas:



Tamén utilizaremos na clase e na PDI, o libro LIM que preparei o ano pasado tamén nos dous idiomas, en galego e en castelán:

24 mar. 2012

PLANTAMOS!!!!!!!

O pasado mércores 21, foi o día da Árbore. No cole o celebramos cunha charla sobre os bosques da cal xa vos falei o que si que non vos contei e que onte continuamos coa celebración. Baixo un sol abrasador e cunha temperatura máis propia do verán que da primavera fomos a un bosque cercano ao colexio ao que se accede polo noso patio exterior e alí plantamos nin máis nin menos que dez árbores entre castiñeiros y nogueiras. Fomos casi todo o colexio, digo casi todo porque como o terreo non era o máis axeitado, moitos dos rapaces e rapazas de cadeira de rodas non poideron asistir ao acto.
Aquí vos deixo algunhas fotos da xornada:

PLANTAMOS on PhotoPeach

22 mar. 2012

GLOGSTER PARA O DÍA DA AUGA


Hoxe se celebra o día Mundial da Auga co fin de fomentar a conservación e o desenvolvemento de todos os recursos relacionados coa auga. O lema este ano é : A AUGA E A SAÚDE ALIMENTARIA. Nós imos traballar o tema na clase  a través deste glogster:



E ASÍ O FIXEMOS:

* Entre todos coloreamos este bonito debuxo que pegamos nunha pared da clase e que nos lembra que a auga hai que coidala porque senón se esgota :



* Despois fixemos este minilibro en tamaño A3 que atopamos na web de ACTILUDIS, onde ademáis de información sobre a auga, podemos atopar moi boas recomendacións para facer un uso responsable dela:


E por suposto, na aula de informática vimos os videos, leimos o conto de Cucho e xogamos a algúns dos xogos do glogster.

LEMBRADE, CADA GOTA CONTA

21 mar. 2012

UNHA MAÑÁ MOI OCUPADA

Hoxe tivemos unha mañá do MÁIS ocupada. E é que había moitas cousas que celebrar. Por unha banda  o DÍA DA ÁRBORE e por outra o DÍA DA POESÍA.
Así que antes do recreo, reunímonos todos no salón de actos e alí tivemos unha charla que se encadra dentro da CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL: O MONTE É A NOSA VIDA promovida por CONFEMADERA-GALICIA en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Alí faláronnos de por que as árbores se lles adica un día mundial, da  importancia que teñen, de que son os pulmóns da Terra, da biodiversidade animal e vexetal que hai nos bosques galegos, de todos os beneficios que nos aportan ,...


E a continuación na clase despois de falar da día da árbore, coloreamos este debuxo:



Despois do recreo, nos dedicamos a celebrar o DÍA DA POESÍA, e que mellor forma de facelo que con POESÍAS. Así que primeiro limos unhas poesías chamadas HAIKUS (son unhas estrofas xaponesas de tres versos de 5,7 e 5 sílabas respectivamente, sin rima coa que se pretende expresar un sentimento breve e sinceiro) da autora LUZ DEL OLMO. Despois, copiando unha idea que vimos no blog BIBLIOABRAZO, cada un eleximos unha poesía e a profe escribiuna na plantilla dun cubo, inventámoslle un título, fixemos uns debuxos relacionados con ela, pegamos pegatinas, recortamos, decorámola  por fora e atamos cun laciño a nosa CAIXA DE POESÍA:





Incluso nos atrevimos a facer entre todos o noso propio HAIKU.

EN  PRIMAVERA
NIDOS EN LOS ÁRBOLES
SOL EN EL CIELO

A que nos quedou ben bonito?

Ademáis estes días estivemos ilustrando poesías para participar un ano máis no concurso de POESÍA E IMAXE que organiza todos os anos o Concello de Ferrol en colaboración coas Equipas de Normalización Lingüística:


20 mar. 2012

BENVIDA PRIMAVERA!!!!




Hoxe as 6:14 entra a primavera astronómica. Na páxina de SILVITA BLANCO atopei esta canción en castelán para dar a benvida a primavera:

Si abres la ventana
y ves brillar el sol.
Si viene a saludarte
un pájaro cantor.
Si en el armario queda
guardadas las manoplas
el gorro, las bufandas,
abrigos y las botas.

Es que ya llegó la primavera,
tan juguetona y tan traviesa.
es que ya llegó la primavera
y en todas partes va dejando una sorpresa.

Si crecen poco a poco
hojitas en el árbol
y ves que las hormigas
alegres van marchando.
Si escuchas las abejas
zumbando entre las flores
y una mariposa
te muestra sus colores


ESTRIBILLO
Dalle ao play para escoitala:


E tamén  unha fermosa imaxe sobre a primavera, que convertín nun puzzle no que podedes elexir o nivel de dificultade ...

Grazas a Oni, do blog  "DÍAS DE COLE" tamén podemos disfrutar do video da canción:




16 mar. 2012

SEMANA DA PRENSA


Esta semana celebrouse a "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".

Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.

Nós, non poidemos adicar toda a semana a traballar a prensa como sería o noso desexo, pero si sacamos un pouquiño de tempo para tratar o tema. Así que falamos do que era a prensa e dos xornais. Á pregunta, QUE É UN XORNAL? Contestaron:

- é papel
- son cousas interesantes que pasan
- para saber todas as novas
- o que pasa
- os accidentes
- o fútbol,...

Repartimos a cada un, un xornal (neste caso a OPINIÓN de A Coruña, que nolo mandan gratis ao cole) e con el na man, vimos o que era a CABECEIRA e que se poñía nela, analizamos a  ESTRUTURA do xornal e algunhas das seccións que podiamos atopar nel e para finalizar, cada un de nós elexiu unha NOVA que tiña fotografía, a recortamos, a pegamos e escribimos o seu TITULAR.

Estas son as fichas que fixemos:


E esta unha selección de variados recursos para traballar a SEMANA DA PRENSA que atopamos no blog BIBLIOTICS. Clicade na imaxe para acceder aos recursos:


Lembrade que no blogroll da dereita tedes un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.

15 mar. 2012

BUSCANDO CONSUMIDORES RESPONSABLES


Hoxe se celebra o Día Mundial do Consumidor, por iso na clase imos a falar do CONSUMO RESPONSABLE. E que iso do consumo responsable?
De acordo con Intermón Oxfam, "cando mercamos produtos de comercio xusto ou alimentos de cultivo ecolóxico, cando utilizamos o transporte público ou a bicicleta, cando utilizamos bombillas de baixo consumo, cando apostamos por empresas responsables ou aforramos na banca ética; cando en vacacións eleximos un turismo sostible ou cando un se adhire a campañas contra a explotación laboral, estase a actuar coma un CONSUMIDOR RESPONSABLE E POR ENDE, COMA UN CIDADÁN RESPONSABLE".

Despois, iremos a aula de informática e alí traballaremos sobre o Glogster que fixen o ano pasado:



E para rematar que mellor forma para ser un CONSUMIDOR RESPONSABLE que lembrar a REGRA DAS TRES ERRES (reducir, reutilizar e reciclar):

* A RITMO DE ROCK ...



* OU DE RAP  


FAGAMOS DOS NOSOS ALUMN@S, UNS CONSUMIDORES RESPONSABLES

14 mar. 2012

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DA ONCE


Ao igual que o ano pasado participamos no concurso da ONCE . Este ano  o lema  é: "FAI O TEU BARRIO ACCESIBLE" co fin de que escolares de todo o país analicen dende a súa especial mirada o seu contorno máis preto e detecten aquelas barreiras que impiden as persoas con algún tipo de discapacidade poder desenvolverse dun xeito independente e satisfactorio. Trátase de que se poñan na pel das persoas con discapacidade, entendendo os seus problemas diarios de mobilidade  cos que se atopan e , a partires de ahí, propoñan medidas para solucionalos.

Nós participamos dende a categoría D, Educación Especial, e tiñamos que facer un traballo de expresión plástica.

Como no colexio temos compañeiros e compañeiras en cadeiras de rodas  sabemos que non poden subir polas escaleiras e que necesitan rampas ou o ascensor para subir pero nalgunhas beirarrúas o bordo está moi alto e resulta moi difícil subir e baixar por iso pensamos que no noso traballo, nos pasos de peóns o bordo estaría a ras do chan. Cando imos ao centro da cidade con eles, as veces , non temos onde aparcar ou temos que aparcar moi lonxe, así que ... por que non poñer unha praza de minúsvalidos?,Tamén pensamos nun compañeiro que temos que é cego, sabemos que para cruzar o semáforo ten que estar en verde, pero .... se non pode ver, como sabe que está en verde? Pois poñendo sinais luminosos, así que ao noso semáforo lle puxemos son.  E así foi coma nos quedou:


GÚSTAVOS?

Para que pasedes un ratiño entretido aquí vos deixo un xogo interactivo que moitos de vos coñeceredes: "EL CARACOL SERAFÍN" , no que a través do conto e o xogo, procúrase desenvolver unha primeira aproximación ás tecnoloxías da información e a comunicación (ordenador, teclado, aproveitamento para a aprendizaxe de recursos... ) que sexa accesible a todo o alumnado, tamén aos nenos e nenas con discapacidade visual.

13 mar. 2012

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO


Hoxe comezamos un novo proxecto. Eleximos o tema da  SEGURIDADE VIAL co fin de contribuir a difundir unha movilidade segura, responsable e sostible entre os rapaces e rapazas, acadar unha "conciencia vial" e así axudar a evitar no posible os accidentes de tráfico. Ao igual que fixemos co proxecto dos bosques, como o proxecto non o imos realizar soamente nós, senón que involucramos a CINCO AULAS MÁIS DO COLE,todas as  actividades realizadas así como os recursos empregados quedarán recollidos nun blog feito exclusivamente para o proxecto:


Ainda que xa dispoñemos dalgúns recursos, agradeceriamos todos aqueles recursos que poidades aportar.

MOITÍSIMAS GRAZAS !!!!!!!!

12 mar. 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Lista de colaboradores actualizada



"Un proxecto entre todos", xa está en marcha. Dende o día 20 de febreiro xa se publicaron dez entradas de petición de axuda de diferentes blogs, e estamos moi contentas da reacción tan rápida dos blogs colaboradores. 
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!

Hoxe publicamos a lista de blogs colaboradores, actualizada, este proxecto segue a medrar!, xa somos 72 blogs unidos para axurdarnos os uns aos outros. Aquí está a lista actualizada para que poidades descargala:



Imos aproveitar para facer un resumo do FUNCIONAMENTO deste proxecto de colaboración, para aclarar as posibles dúbidas dos últimos blogs incorporados e doutros despistados, je,je.


* Os blogs colaboradores engaden ao blog (en forma de gadget) o primeiro selo, que indica que formas parte deste novo grupo.



* Hai que facerse seguidores dos blogs colaboradores, para poderse enterar cando algún blog publica unha entrada pedindo axuda.

* Cando imos a comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de petición de axuda ao grupo.


* A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito nos facilitamos entre todos a búsqueda.


* O blog recibe os enlaces e publica os comentarios para que os demais blogs colaboradores poidan tamén beneficiarse destas aportacións.


* Se queredes saber os proxectos que están en marcha, os cinco blogs organizadores teremos no noso blog unha lista cos enlaces aos blogs que comezaron un proxecto nos últimos quince días o un mes (según o número de proxectos.)


* E como sempre dicimos, si tedes algunha dúbida ou problema contactar con:

9 mar. 2012

REMATAMOS O PROXECTO DOS BOSQUES

Esta semana rematamos o noso proxecto sobre os bosques. E como non podía ser doutro xeito o rematamos ao grande.
A principios de semana e para reafirmar iso de que nós tamén podemos axudar a coidar os bosques, fixemos un TALLER DE PAPEL RECICLADO grazas á profe Feli do cole de Pazos, o meu antigo centro,que nos prestou todo o necesario. Aquí vos amosamos como o fixemos:





O mércores retiramos en todas as clases á nosa mascota PEPIÑO, O RAPOSO para deixar sitio para o novo proxecto. E vos preguntaredes, que pasou cos Pepiños? Tirámolos ao lixo? Non, os catro Pepiños que presidían as nosas clases, están agora decorando unha das paredes do cole. Queredes velo?


E hoxe daremos definitivamente por rematado o noso proxecto, vendo todos xuntos a película: "O BOSQUE ANIMADO" no salón de actos. Aquí vos deixamos un extracto da película:




6 mar. 2012

8M: DÍA DA MULLER TRABALLADORA (TRABALLANDO A COEDUCACIÓN)



O vindeiro xoves, celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.

Hoxe en día, o 8 de marzo convertiuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.

O único xeito que temos de chegar a unha IGUALDADE entre homes e mulleres, é, desde a EDUCACIÓN cunha educación en valores IGUALITARIA E NON SEXISTA

Para traballar o tema da igualdade durante estes días , preparei este libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS, que podedes atopar na páxina de POEMITAS.COM no apartado de COEDUCACIÓN.



http://dl.dropbox.com/u/14722558/COEDUCACION/coeducacion.html

E coma esta vez, fíxeno en castelán , dende o blog FALANDO ENTÉNDESE A XENTE , da nosa benquerida amiga Patricia, comparten con todos nós unha estupenda traducción dos poemiñas en galego e ademais con debuxos para colorear. 




MOITAS GRAZAS, PATRICIA!!!!!!

2 mar. 2012

OBRADOIRO DE DIETÉTICA


Onte tivemos unha visita moi especial. Uns alumnos e alumnas do Instituto de Leixa que está ao lado do noso colexio viñeron desinteresadamente a facernos un obradoiro de DIETÉTICA. Pasámolo moi ben.

* Primeiro amosáronnos unhas diapositivas onde nos explicaban que é a alimentación;  que son os nutrientes e donde podemos atopalos;que debemos beber; que é o mellor para tomar no almorzo, na comida, na merenda e na cea; cales son os beneficios da actividade física; ...








 * Despois nos puxeron estes tres videos:





* E para rematar nos fixeron unha degustación de froitas variadas. Había plátanos, mandarinas, mazás, peras, kiwis, melón , mango,... Cada un de nos colleu un paíño e fixo unha brocheta de froitas. Gústarónnos un montón!!! De feito NON DEIXAMOS NADIÑA!!! E como fomos moi bos catadores de froitas, para rematar agasalláronnos cunha MEDALLA AO BO CATADOR.





1 mar. 2012

REMATANDO O NOSO PROXECTO SOBRE OS BOSQUES GALEGOS...


Xa estamos a piques de rematar o noso proxecto: "COÑECENDO OS NOSOS BOSQUES". Podedes seguir a súa evolución desde o principio, na sidebar onde pon: OS MEUS BLOGS. Estes son algúns dos MATERIAIS DE ELABORACIÓN PROPIA que fixemos para levar a cabo o proxecto:



CAZA DO TESOURO


MURAL OS BENEFICIOS DOS BOSQUES


LIBRO LIM



CADERNO DO PROFESOR

FICHAS DOS ALUMN@S