21 mar. 2012

UNHA MAÑÁ MOI OCUPADA

Hoxe tivemos unha mañá do MÁIS ocupada. E é que había moitas cousas que celebrar. Por unha banda  o DÍA DA ÁRBORE e por outra o DÍA DA POESÍA.
Así que antes do recreo, reunímonos todos no salón de actos e alí tivemos unha charla que se encadra dentro da CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL: O MONTE É A NOSA VIDA promovida por CONFEMADERA-GALICIA en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Alí faláronnos de por que as árbores se lles adica un día mundial, da  importancia que teñen, de que son os pulmóns da Terra, da biodiversidade animal e vexetal que hai nos bosques galegos, de todos os beneficios que nos aportan ,...


E a continuación na clase despois de falar da día da árbore, coloreamos este debuxo:



Despois do recreo, nos dedicamos a celebrar o DÍA DA POESÍA, e que mellor forma de facelo que con POESÍAS. Así que primeiro limos unhas poesías chamadas HAIKUS (son unhas estrofas xaponesas de tres versos de 5,7 e 5 sílabas respectivamente, sin rima coa que se pretende expresar un sentimento breve e sinceiro) da autora LUZ DEL OLMO. Despois, copiando unha idea que vimos no blog BIBLIOABRAZO, cada un eleximos unha poesía e a profe escribiuna na plantilla dun cubo, inventámoslle un título, fixemos uns debuxos relacionados con ela, pegamos pegatinas, recortamos, decorámola  por fora e atamos cun laciño a nosa CAIXA DE POESÍA:





Incluso nos atrevimos a facer entre todos o noso propio HAIKU.

EN  PRIMAVERA
NIDOS EN LOS ÁRBOLES
SOL EN EL CIELO

A que nos quedou ben bonito?

Ademáis estes días estivemos ilustrando poesías para participar un ano máis no concurso de POESÍA E IMAXE que organiza todos os anos o Concello de Ferrol en colaboración coas Equipas de Normalización Lingüística:


22 comentarios:

  1. Que bonitas las cajas, me han encantado y vuestro HAIKU!!! (todos los días se aprende algo). Tienes toda la razón, ha debido ser una mañana intensísima.

    Biquiños (otra cosa que he aprendido)

    ResponderEliminar
  2. Una mañana muy completa y después de verlo tod, tengo que reconocer que lo que más me ha gustado ha sido la ilustración del rayo, jeje.

    ResponderEliminar
  3. Niña, qué trabajazo!!! como siempre!! La educación ambiental, la poesía, y sobre todo la forma creativa de realizar las actividades son impresionantes. Un biquiño

    ResponderEliminar
  4. Ana qué idea tan bonita, la de la caja de poesía. ¡¡ME HA ENCANTADO!! Y se me ha ocurrido que dentro podría llevar algo relacionado con el poema.
    ¡¡Qué te parece!! El de las violetas y las nubes son haikus preciosos. Este haiku te lo dedico a ti.
    "Haikus de Aula tic.
    Con Preciosas cajitas.
    La poesía."
    Un abrazo desde aula de infantil.

    Este

    ResponderEliminar
  5. Menuda capacidade de traballo!!!! Non se vos esquece ningunha conmemoración e cada traballo e tan merecente coma o anterior. Premio ao traballo que medra coma as árbores. Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Hola Ana, la canción de la primavera la he encontrado en vídeo, la puedes ver en mi blog, te dejo el enlace
    http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=QXzuoLrkwPY

    Un besote

    ResponderEliminar
  7. Cantas cousas se poden facer en un día!!!
    O das caixas da poesía é unha idea moi bonita. Ánimo para o certame de Poesía e Imaxe, seguro que acadades algún premio.

    ResponderEliminar
  8. Cati, yo las vi hace meses en el blog de una biblioteca, concretamente Bibloabrazo, y me gustó un montón la idea por eso las tenía en mente para hacer hoy. Nosotros le añadimos nuestro granito de arena con los Haikus. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  9. Miren, tenías que ver las poesías, las que nosotros elegimos eran las mejores porque las otras ... eso de que eran para niños no se lo creen ni ellos je,je Besitos.

    ResponderEliminar
  10. Me alegra que te guste, Gemi, se iban encantados con sus cajitas de poesía para regalar, ¿a quién? Sólo ellos saben. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  11. Carmen, me encanta el Haiku que me has dedicado. Es precioso. No sabía yo nada de esa vena poética tuya. Me parece muy buena idea lo de meter algo dentro de las cajitas relacionado con la poesía. Lo tendré en cuenta en el futuro. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  12. Profes, con que bos ollos nos mirades sempre!!! Unha aperta ben forte.

    ResponderEliminar
  13. Gracias Oni, la añado en la entrada. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  14. Ángeles moitas grazas, a min tamén gustoume moito a idea das caixas. Entre uns blogs e outros sempre aprendemos. Unha gran aperta. Vémonos mañá!!!!

    ResponderEliminar
  15. Xa me contou Digna que non parades. Á vista está, unhas actividades chulísimas coma sempre. Practicarei os Haikus! Bicos.

    ResponderEliminar
  16. Grazas, Ángeles, son máis doados de facer do que parecen. Bicos.

    ResponderEliminar
  17. Caramba! Non paráchedes eh? Que guai, acabo de aprender o que é un haiku. Xenial, Ana! E non coñecía a ferramenta flixtime! Probareina a ver que tal.
    Chulísimos os cubos, Ana!! E os debuxos das poesías unha pasada!
    Un biquiño!

    ResponderEliminar
  18. Eva, co Flixtime as presentacións quedan moi ben. Proba xa verás. Un bico.

    ResponderEliminar
  19. Unhas actividades fantásticas, coma sempre, pero gustoume especialmente a caixa da poesía. ¡¡Estupendo traballo!!¡ Unha aperta!

    ResponderEliminar
  20. Dolores, a min tamén gustaronme moito as caixiñas e se as volvo a facer outro ano terei en conta o consello de Carmen de meter nelas algunha cousa relacionada coas poesías. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  21. Hola a todos los participantes de este 21 de marzo día de la poesía.

    Quiero que sepáis que es un día muy especial para mi pues es mi cumpleaños y me he llevado una grata sorpresa al ver que habéis leído los haikus que un día escribí.

    Enhorabuena por vuestro trabajo que supongo habrá sido también un placer.

    Un abrazo

    Luz del Olmo

    ResponderEliminar
  22. Querida Ele, muchísimas gracias a ti por compartir con todos nosotros esos preciosos Haikus que nos han encantado. Un abrazo.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO