Mostrando entradas con la etiqueta ONCE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ONCE. Mostrar todas las entradas

14 mar 2012

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DA ONCE


Ao igual que o ano pasado participamos no concurso da ONCE . Este ano  o lema  é: "FAI O TEU BARRIO ACCESIBLE" co fin de que escolares de todo o país analicen dende a súa especial mirada o seu contorno máis preto e detecten aquelas barreiras que impiden as persoas con algún tipo de discapacidade poder desenvolverse dun xeito independente e satisfactorio. Trátase de que se poñan na pel das persoas con discapacidade, entendendo os seus problemas diarios de mobilidade  cos que se atopan e , a partires de ahí, propoñan medidas para solucionalos.

Nós participamos dende a categoría D, Educación Especial, e tiñamos que facer un traballo de expresión plástica.

Como no colexio temos compañeiros e compañeiras en cadeiras de rodas  sabemos que non poden subir polas escaleiras e que necesitan rampas ou o ascensor para subir pero nalgunhas beirarrúas o bordo está moi alto e resulta moi difícil subir e baixar por iso pensamos que no noso traballo, nos pasos de peóns o bordo estaría a ras do chan. Cando imos ao centro da cidade con eles, as veces , non temos onde aparcar ou temos que aparcar moi lonxe, así que ... por que non poñer unha praza de minúsvalidos?,Tamén pensamos nun compañeiro que temos que é cego, sabemos que para cruzar o semáforo ten que estar en verde, pero .... se non pode ver, como sabe que está en verde? Pois poñendo sinais luminosos, así que ao noso semáforo lle puxemos son.  E así foi coma nos quedou:


GÚSTAVOS?

Para que pasedes un ratiño entretido aquí vos deixo un xogo interactivo que moitos de vos coñeceredes: "EL CARACOL SERAFÍN" , no que a través do conto e o xogo, procúrase desenvolver unha primeira aproximación ás tecnoloxías da información e a comunicación (ordenador, teclado, aproveitamento para a aprendizaxe de recursos... ) que sexa accesible a todo o alumnado, tamén aos nenos e nenas con discapacidade visual.

11 mar 2011

UNHA VIAXE PARA TOD@S

Participamos dende a Categoría E (alumnos de Educación Especial) no 27 Concurso da Once: "Unha viaxe para tod@s". Tivemos que facer un cartel onde nos imaxinabamos nun lugar de destino e debuxalo coma se fose a mellor foto da nosa viaxe, que debía ser como o nome indica Unha viaxe para tod@s. É dicir, unha viaxe que tivese en conta as necesidades das persoas con discapacidade para acceder a el e disfrutalo en igualdade de condicións. Podíase usar debuxos, colaxes, combinar imaxes con debuxos ou facer unha fotografía.
Nós fixemos un pouco de todo. Unha vez que decidimos que queriamos ir nin máis nin menos que á LÚA, utilizamos colaxe para facer o firmamento; buscamos, recortamos e pegamos unha imaxe da lúa; debuxamos un cohete; coloreamos uns astronautas, pegamos a Terra e as estrelas, e .... ¡ESTE É O RESULTADO! ¿Gústavos?