17 may. 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é un día grande para nós os galegos porque celebramos o día das nosas letras, ou sexa, O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Cada  ano, un escritor galego  é homenaxeado neste día, e este ano tocoulle o turno a Valentín Paz Andrade.

                    Imaxe do blog TICs CRA de BERGONDO

Valentín Paz Andrade, naceu na parroquia de Lérez, provincia de Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Estudou o bacharelato en Pontevedra e foi á Universidade a Santiago de Compostela onde estudou para avogado. Desde moi novo escribiu en xornais e revistas, chegando a dirixir durante cinco anos o xornal GALICIA. A Valentín gustáballe moito o mar e a pesca, por iso fundou, xunto con outras persoas a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia e colaborou na FAO unha organización que se encarga de controlar a pesca en todo o mundo. Ademais de moitos ensaios, escribiu tres libros de poemas: "PRANTO MATRICIAL" que llo adicou ao seu amigo Castelao, "SEMENTEIRA DO VENTO" e "CEN CHAVES DE SOMBRA". Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, Medalla Castelao, Premio Trasalba e moitos premios máis.


Neste día tamén quero compartir con vos, esta fermosa presentación que fixeron no blog Talleres de Aprender a Aprender de Carmela para lembrar a aquelas mulleres que nunca terán o seu día das Letras Galegas, ás que "poideron ser" e "non foron":




E tamén este fabuloso LipDup "A lingua sabe a pan" feito por todo o alumnado e profesorado do CPI Virxe da Saleta:



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

20 comentarios:

  1. Ana, xa sabes o que penso a cerca do teu traballo e de ti....ERES O MÁXIMO, que saibas que me sinto moi orgullosa de traballar codo con codo cunha persoa tan marabillosa!!!!. Grazas por todo.
    Un bico. Descansa para encarar a recta final do curso 2011/12. Ata luns.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mira quen foi a falar!je,je O realmente importante é o ben que traballamos xuntas, non si? A ver si nos dura. Unha agarimosa aperta compi

      Eliminar
  2. Feliz día de la letras galegas!!! Aprovecha para descansar. UN abrazo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Miren, la verdad es que me va a venir genial para descansar un poco. Un beso.

      Eliminar
  3. Feliz Día das Letras Galegas! Disfruta da ponte. Bicos e descansa un chisco.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi feliz día para vos tamén profes, esta vez si que vou a descansar e desconectar un pouquiño. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Feliz Dia a todos los que vivís en esa maravillosa comunidad. Un beso también.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchísimas gracias, Blanca. Como diríamos por aquí unha aperta (un abrazo)

      Eliminar
  5. Feliz Día das Letras Galegas, Ana. Que disfrutes moito deste día e que descanses, que o tes ben merecido!
    Bikiños

    ResponderEliminar
  6. Graciñas Vane, o mesmo che digo: a disfrutar do día e da ponte se a tes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Feliz día Ana!!Hermoso el homenaje que hiciste con eso víodeos.
    Un beso grande

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias, Sandra, celebro que te guste. Un beso.

      Eliminar
  8. Aunque un poco tarde, FELIZ DÍA DE LAS LETRAS GALLEGAS!!! Espero que hayas tenido un día fabuloso, un besete

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Cati, si que he disfrutado del día y ahora a descansar hasta el lunes. Un beso.

      Eliminar
  9. Feliciades por este día tan especial para tu tierra y también por el trabajo que has realizado para celebrarlo. Un besazo

    ResponderEliminar
  10. Yo tambien quiero desde Asturias desear que disfrutéis en EL DÍA DE LAS LETRAS GALLEGAS.
    Precioso el lipdup!Besos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Maite, a mi también me gustó mucho el lipdup por eso decidí incluirlo en la entrada, hicieron un trabajo estupendo. Un beso.

      Eliminar
  11. Ana voy a poner el lipdup en el blog para que lo vean los chavales de los talleres y vean lo que se puede hacer. Un beso

    ResponderEliminar
  12. Carmela, seguro que les gusta y quien sabe a lo mejor hasta se animan a hacer uno. Un biquiño.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO