24 nov 2011

NANA PARA UN SOLDADO

Hoxe fomos á Casa da Cultura de Narón a ver a obra NANA PARA UN SOLDADO. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS protagonizada por PePablo Patinho,  Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e que o necesario para entenderse é escoitarse e respetarse.
Nada máis chegar déronnos a cada neno unha entrada, no podiamos perdela senón non nos deixaban entrar. Cando nos sentamos nas butacas, de súpeto, apagouse a luz e pouquiño a pouco vimos a un par de marionetas de coelliños que se coñecían, se namoraban e tiñan un montón de fillos. E empezou a obra. Rímonos un montón. Era moi divertida. O único que non nos gustou moito foi o final. Era un pouquiño tristeiro. Non volo contamos para non desvelar o que acontece. Desde aquí queremos animarvos a todos os que vivides cerca que vaiades vela.

10 comentarios:

  1. chica, qué trajín! estáis que no paráis! Eso está bien porque con las salidas los chicos aprenden y se divierten al mismo tiempo.
    Un beso fuerte.

    ResponderEliminar
  2. Ya ves, Blanca, tanto no tenemos ninguna salida como de repente nos vienen todas juntas.Hoy en el teatro se lo pasaron muy bien y entre risa y risa alguno comprendió el mensaje que nos quería enseñar. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Tenche boa pinta a obra e a mensaxe é fundamental. Que sorte! Non deixades de facer cousas, non so dentro. Tamén por fóra. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Profes, a obra está xenial. Pon para maiores de 5 pero eu casi diría para 6 ou 7 en adiante. Estiveron por ahí por Ourense representándoa. A min persoalmente gustoume un montón. Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Ana parece una obra genial aunque como tu dices para los más mayorcitos que ya son más conscientes de su entorno. Supongo que os divertisteis un montonazo. Un besazo enorme

    ResponderEliminar
  6. É certo, levades un ritmo que para seguilo hai que estar en boa forma...jeje. Alégrame que vos gustara, ainda que o final fose un pouco tristeiro. Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  7. vaya, vaya por allá también os lo pasáis bomba. Un besito

    ResponderEliminar
  8. Sí, Paqui, merece a pena vela. Pasárono xenial. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  9. Dolores, o bo do asunto, é que moitos deles non se deron conta do verdadeiro final co cal eles o pasaron ben. Bicos.

    ResponderEliminar
  10. Miren, aún nos queda mucho para llegar a tu nivel, pero sí también salimos siempre que podemos.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO