Mostrando entradas con la etiqueta GHAZAFELHOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GHAZAFELHOS. Mostrar todas las entradas

1 may 2015

IMOS AO TEATRO


O pasado martes fomos ao teatro Jofre en Ferrol para ver a obra: "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" da compañía MAGIN BLANCO coa participación de Montse Piñón e Pepablo Patinho do grupo de Teatro Ghazafelhos.

O espectáculo consistiu no relato da historia dunha viaxe protagonizada por unha nena e un grilo mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova., 

Pasámolo moi ben porque os actores interactuaban cos músicos e co público e tamén porque as cancións tiñan moito ritmo e eran moi pegadizas.

Aquí vos deixamos un anaquiño do que poidemos ver:


Este espectáculo está basado no libro-CD do mesmo nome: "A nena e o grilo nun barquiño" do músico galego Magín Blanco editado por FOL MÚSICA, un libro de 60 páxinas acompañado dun Cd con 13 cancións, como eles din: "decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escribir e debuxar o seu propio libro".

Imaxe do libro de Leandro Lamas

10 jun 2014

DISFRUTAMOS CO GRUPO DE TEATRO GHAZAFELHOS


A semana pasada fomos ao teatro Jofre a ver a obra "CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE DE RISA" do grupo GHAZAFELHOS. Alí contáronnos tres contos: "A CABRA MONTESINA","AS LAVANDEIRAS" e "A SANTA COMPAÑA" cos que nos partimos de risa.

En YouTube hai este extracto da obra no que podedes ver o divertido que é:


E hoxe tivemos a gran sorte de que viñesen ao noso cole a representarnos a obra: "O PAÍS DOS MANDÓNS", obra inspirada no libro do mesmo título de Paloma Rodríguez e Cristina Justo, que fala da IGUALDADE e do REPARTO DE TAREFAS. Pasámolo fenomenal:

Clicade na imaxe

Aquí podedes ver un pequeno trociño da obra:


17 jun 2012

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como algúns dos nosos alumnos xa se despediron de nós este venres e non os voltaremos a ver ata o próximo curso, tivemos que adiantar o festival de fin de curso para o xoves 14.
Comezamos coa actuación dos alumnos e alumnas que van a actividades extraescolares, que nos sorprenderon con dúas cancións moi bonitas coas súas correspondentes coreografías:


A continuación fomos ao salón de actos e alí atopámonos con esto:


Era o grupo de teatro GHAZAFELHOS que una vez máis viñan ao cole para sorprendernos cunha das súas fantásticas actuacións. Se o ano pasado por estas fechas contáronnos contos de lobos este ano tocaron... CONTOS PARA ESCAGARRIÑARSE DE MEDO! Contáronnos tres contos: "A cabra Montesina", "As lavandeiras" e a "Santa Compaña" e .. PARTÍMONOS DE RISA.
En Youtube atopei un video extracto da obra, déixovola aquí para que vos fagades unha idea do divertido que foi:


E así o vimos no noso cole:







Despois dun descansiño para ir ao patio, voltamos ao salón de actos. Esta vez para a actuación de Yanko e o seu coro formado por rapazas de distintos colexios e institutos. Esta vez, tan só poideron vir catro, xa que estamos en plena época de exames. Tamén subiron ao escenario, os rapaces e rapaces do noso cole que tamén teñen a Yanko de profesor da actividade extraescolar de música. Entre todos, cantáronnos unhas cantas cancións moi coñecidas que tarareamos todos.


Como chovía, despois de rematar a actuación non poidemos ir a fóra a xogar o partido de fútbol que tiñamos previsto xunto cos profes e os coidadores polo que nos quedamos no salón de actos, escoitando música y bailando. Pasámolo moi ben.


E para rematar unha mañá fantástica, que mellor que unha comida de fraternización co noso alumnado, ou non?


24 nov 2011

NANA PARA UN SOLDADO

Hoxe fomos á Casa da Cultura de Narón a ver a obra NANA PARA UN SOLDADO. É unha comedia infantil da compañía GHAZAFELHOS protagonizada por PePablo Patinho,  Montse Piñón e Jorge Casas que relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. Tenta facer unha reflexión sobre o absurdo das guerras e que o necesario para entenderse é escoitarse e respetarse.
Nada máis chegar déronnos a cada neno unha entrada, no podiamos perdela senón non nos deixaban entrar. Cando nos sentamos nas butacas, de súpeto, apagouse a luz e pouquiño a pouco vimos a un par de marionetas de coelliños que se coñecían, se namoraban e tiñan un montón de fillos. E empezou a obra. Rímonos un montón. Era moi divertida. O único que non nos gustou moito foi o final. Era un pouquiño tristeiro. Non volo contamos para non desvelar o que acontece. Desde aquí queremos animarvos a todos os que vivides cerca que vaiades vela.

24 may 2011

CONTOS DE LOBOS


Hoxe tivemos teatro no colexio. O grupo GHAZAFELHOS , escenificounos o espectáculo "CONTOS DE LOBOS": unha serie de contos populares (Carapuchiña Vermella, Os sete cabuxos  e Os tres porquiños) onde interviñan lobos. A combinación destes contos con xogos de acrobacia, maxia e sobre todo moito humor fixo que tanto profesores como alumnos pasaramos un rato moi entretido.