28 nov. 2011

FOTOGRAFIANDO E CATALOGANDO AS ÁRBORES DO NOSO COLEXIO

Dentro do proxecto "OS NOSOS BOSQUES", tiñamos prevista unha visita polo patio do noso colexio para ver as árbores que alí había e catalogalas. Tivemos que esperar a que fixera bo tempo para facelo. Así que mentras esperábamos preparamos un pouco a saída. Buscamos en Google imaxes das árbores que iamos ver e o profe Tomé de xardineiría fixo con elas unhas láminas. Despois lle axudamos a plastificalas para poder poñelas en cada árbore.

PREPARANDO A SAIDA on PhotoPeach

O venres pasado por fin fixo bo día e poidemos saír ao patio a catalogar as árbores. De dúas en dúas clases, fomos cos encargados do taller de xardineiría, Tomé e Luís. Unha vez alí, tiñamos que identificar as árbores coa axuda das láminas. Había que fixarse moito nas ramas, follas, froitos,a forma do tronco,... pero algunhas árbores NON TIÑAN FOLLAS e iso facía moi difícil a identificación. Unha vez que xa sabiamos de que árbore se trataba, con axuda colocábamos a lámina ben atadiña, e lle sacábamos unha foto. Sí, sí, como escoitades, TAMÉN FIXEMOS DE FOTÓGRAFOS. Como sacamos moitísimas fotos, fixemos a seguinte montaxe:

12 comentarios:

  1. Yo también quiero salir al patio a ver árboles, ¡¡¡qué divertido!!!. Un besito

    ResponderEliminar
  2. Miren, yo ya sabía que había muchos árboles en el cole, pero ... TANTOS ... La verdad es que fue una experiencia fantástica y aprendimos un montón. Había árboles que yo no sabía que existían. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Con este tipo de clases tan prácticas claro que todo o mundo aprende, profes e alumnos. Hai que felicitarvos polo entusiasmo que poñedes en todo. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas Ángeles. Si que é certo que tanto aprendimos profes como alumnos porque como lle dixen a Miren, había árbores que nin me soaba o nome. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  5. Muy linda esta entrada ANA! Hermosas actividades con árboles, muy didácticas para los niños.
    Amo la naturaleza y la ecología =)

    Un beso enorme! Feliz semana!

    ResponderEliminar
  6. Qué sorte. Nós no patio temos dúas árbores e xa. Xa nos gustaría ter tantos. Polo menos fixestes unha clase práctica que seguro que a eles lles pareceu fantástica. Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Bere, a mi también me gusta mucho lo relacionado con la naturaleza por eso me parece fundamental enseñarles ya desde pequeños a amarla y respetarla. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  8. Profes, non vexades canto aprendimos, despois na clase fixemos unha ficha sobre as árbores de folla caduca e de folla perenne E SE LEMBRABAN DE TODOS! Así da gusto traballar. Biquiños.

    ResponderEliminar
  9. Pero é que vos non tedes un patio...tedes un XARDÍN BOTÁNICO!!! É unha actividade completísima, dende a búsqueda de información, o proceso de preparación dos carteis, ata a finalizar co recoñecemento das especies. Noraboa por tan interesante actividade. Unha aperta, Ana, e outra ben grande para @s estupend@s axudantes cos que contaches!

    ResponderEliminar
  10. Levábamos moito tempo preparando a saída, Dolores, xa dende que comezamos o proxecto tiñamos claro que queriamos catalogar as árbores do patio o que pasa e que nos queriamos facelo con tabliñas de madeira e o adxunto de carpintería estivo de baixa polo que nos conformamos coas láminas plastificadas. Pero foi unha visita interesantísima.

    ResponderEliminar
  11. Qué lindo trabajo Ana!!Me parece excelente para inculcar amor y respeto por los árboles.
    BESITOS!

    ResponderEliminar
  12. Gracias Sandra, ese es uno de los propósitos que pretendíamos conseguir cuando empezamos el proyecto sobre los bosques. Un besazo.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO