by Vaaalu
Nesta semana, na clase estamos a traballar co Samaín ao mesmo tempo que continuamos coa nosa unidade didáctica do outono. Hoxe estivemos a falar das froitas que podemos atopar nesta época. Ademáis da uva que xa todos sabemos polo noso proxecto sobre a
VENDIMA( estes días un chisquiño abandoado), e de froitos secos como as abelás, as noces, as castañas,... ou carnosos como a mazá, a pera, a laranxa,... saíron a relucir as
CABAZAS. Así que aunando os dous temas, adicamos un pouco de tempo a traballar esta froita do outono.
Coñecimos o CICLO DE VIDA DUNHA CABAZA:
Grazas a estes BITS de Montessori que nós pasamos ao galego:
Para comprobar se estivemos ben atentos, fixemos un libriño sobre as cabazas. Aquí vos ensinamos unha páxina de cada un:
Continuamos con esta sinxela manualidade dunha cabaza, para afianzar moi ben o que aprendimos:
E coma no Samaín é costume baleirar cabazas e tallalas con formas de medo, decidimos decorar a nosa porta de clase que quedou así de bonita: