Mostrando entradas con la etiqueta CABAZAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CABAZAS. Mostrar todas las entradas

25 oct 2013

E VAI DE CABAZAS...

                                                                               by Vaaalu

Nesta semana, na  clase estamos a traballar co Samaín ao mesmo tempo que continuamos coa nosa unidade didáctica do outono. Hoxe estivemos a falar das froitas que podemos atopar nesta época. Ademáis da uva que xa todos sabemos polo noso proxecto sobre a VENDIMA( estes días un chisquiño abandoado), e de froitos secos como as abelás, as noces, as castañas,... ou carnosos como a mazá, a pera, a laranxa,... saíron a relucir as CABAZAS. Así que aunando os dous temas, adicamos un pouco de tempo a traballar esta froita do outono.
Coñecimos o CICLO DE VIDA DUNHA CABAZA:


Grazas a estes BITS de Montessori que nós pasamos ao galego:


Para comprobar se estivemos ben atentos, fixemos un libriño sobre as cabazas. Aquí vos ensinamos unha páxina de cada un:


Continuamos con esta sinxela manualidade dunha cabaza, para afianzar moi ben o que aprendimos:


E coma no Samaín é costume baleirar cabazas e tallalas con formas de medo, decidimos decorar a nosa porta de clase que quedou así de bonita:


31 oct 2011

ESTA NOITE... SAMAÍN

Os celtas, antigos habitantes de Galicia, celebraban o 31 de outubro o aninovo. Nesa noite, as ánimas dos mortos, voltaban ás súas casas para visitar ás súas familias, quentarse ao carón do lume e comer os alimentos que lles tiñan preparados.
O cristianismo, adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, por iso ao primeiro de novembro se lle camou día de Todos os Santos, e a partires do século XII, ao día seguinte, día de difuntos.

Este e o mural que fixemos na clase para celebrar o Samaín e adornar o corredor:






E tamén fixemos un pequeno taller de cabazas. Este foi o resultado:


FELIZ SAMAÍN!!!