7 sept 2011

¡PREMIO!

Hai que ver AS VOLTAS QUE DA ISTO DA BLOGOSFERA!!!!. Aló polo mes de agosto, Blanca do blog "ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN INFANTIL" comparteu connosco un premio que recibira o seu blog , para aceptalo había que decir sete cousas sobre un mesmo e envialo a blogs amigos e iso é o que fixen.
Agora, un mes despois, chéganos de volta o mesmo premio, esta vez de mans de María José Fano do blog "DESVÁN DE PALABRAS", blog que coñezo dende hai pouco tempo e que visito a miúdo porque está xenial, cargadiño de recursos propios e alleos. NON DUBIDEDES EN VISITALO
E aquí está o premio:


Non vou a poñer outra vez as sete características que me definen porque sería repetirme, si queredes saber cales eran CLICADE NA IMAXE e vos levará a entrada antiga. En canto aos blogs amigos cos que quero compartir o premio ademais dos que llo adiquei no seu día, quero compartilo con algúns novos blogs que sigo como:

MOTÍSIMAS GRAZAS MARÍA JOSÉ POR ACORDARTE DE NOS

5 sept 2011

CAMPAÑA POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO II

Hai uns días publicamos unha entrada que se titulaba POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO na que falabamos da campaña que se está a facer a través do blog de Cristina "LA PRINCESA DE LAS ALAS ROSAS",   para concienciar e informar ao maior número de xente posible sobre o autismo. Pois ben, onte chegoume un correo de Cristina onde me pedía que publicase a entrada que ben a continuación (que é a que vai a poñer ela no seu blog, en castelán claro ) e que solicitase a VOSA COLABORACIÓN para que fixerades o mesmo. Atoparedes a mesma entrada pero en castelán no blog de Mª José "COMUNICAR ES MÁS QUE HABLAR"


Ilustración de Santiago Ogazón

Na actualidade, emprégase o término "autismo" asociado a connotacións negativas porque se parte de mitos e informacións falsas como que:
  • as persoas con autismo non poden interactuar o comunicarse
  • as persoas con autismo viven no seu mundo
  • as persoas con autismo son incapaces de sentir, etc
Todo isto da pé a que cada vez maís xornalistas, políticos ou líderes de opinión súmense ao uso abusivo do termo "autista" para descalificar. É dicir, lemos nos medios de comunicación ou escoitamos en boca de políticos "goberno autista" ou "fulanito é autista" cando queren expresar que ese goberno ou esa persoa non cumple co seu traballo, non escoita, non se entera da realidade, non amosa empatía cos problemas, é incapaz de ofrecer solucións ou carece de sentimentos. Por que fai falla recurrir - e ferir con iso a dignidade- a un colectivo de persoas para atacar e descalificar a outra persoa ou colectivo?

Entendemos que non hai mala intención, senón descoñecemento ou mal uso do diccionario. Convivir co autismo implica tamén un importante labor de concienciación na sociedade: convenceremos sempre desde o respecto.O descoñecido, ademais de asustar, alenta a difusión de informacións falsas. Temos que dar a coñecer a visión positiva do autismo á par de fomentar un tratamento digno para todos os afectados. Un gran traballo por diante.

Autismo non é sinónimo de persoas indiferentes que viven ailladas no seu mundo. As persoas con autismo senten, interactúan, comunícanse - con o sin linguaxe - , comparten, son loitadores natos que se esforzan a diario e lles é difícil entender a ironía, os xogos de palabras ou as mentiras (pero ata iso aprenden en moitos casos coa estimulación adecuada). Se se coñecese a realidade do autismo, a ninguén se lle ocurriría máis que asocialo con "superación", "esforzo", "nobleza", "cariño" ou "sensibilidade".

A prevalencia do autismo hoxe en día é o suficientemente significativa como para promover accións de información e sensibilización, con afirmacións que se apoien en evidencias científicas e axustadas á realidade. Según o Instituto da Saúde Carlos III, un de cada 150 nenos presenta algún trastorno dentro do espectro. Hai máis de 200.000 afectados en España e 67 millóns en todo o mundo. Hoxe en día, os avances prodúcense sempre e, moitas veces, a pasos de xigante. Cunha estimulación adecuada, canto máis intensa mellor, evolucionan hacia metas impensables fai uns anos. Por iso, debemos loitar todos xuntos para favorecer a inclusión.

QUE É O AUTISMO?


Ilustración de Fátima Collado               Debuxo de Iker con 6 anos

O autismo é unha síndrome cun espectro moi amplo, non unha enfermedade. Afecta de forma diferente, así que non hai dúas persoas con autismo iguais e por iso non se pode nunca xeneralizar. As áreas nas que se manifesta son:
  • Dificultades - non incapacidade - na linguaxe e a comunicación. Atoparemos persoas que non falan pero que se comunican con xestos ou pictogramas, e persoas capaces de dominar varios idiomas.
  • Dificultades - non incapacidade - nas relacións sociais. Atoparemos persoas que eluden o contacto visual ou se aturden en ambientes ruidosos, e persoas que ofrecen conferencias.
  • Intereses restrinxidos e repetitivos, que cunha boa estimulación poden ampliarse sempre.
Ao igual que todos os seres humanos, a posible realización das persoas con espectro autista é ilimitada. As persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) comparten moitas características, necesidades e desexos coas persoas da súa idade sin autismo. Hai moitas cousas que diferencian ás persoas con TEA, pero tamén hai moitas cousas en común. Coma todos nós, teñen os seus puntos fortes e os seus puntos débiles. Todos somos diferentes, pero todos temos os mesmos dereitos.

 OS MITOS QUE SE DEBEN EVITAR
  • Carencia de sentimentos. As persoas con autismo senten: choran, rin, alégranse, entristécense, enfádanse, sinten celos,... En ocasións poden ter dificultades para canalizar as emocións pero saben demostrar que as sinten.
  • Aillamento no seu propio mundo. Os esforzos por comunicarse son grandiosos. Nin viven noutra galaxia nin mirando a unha parede. Forman parte do mundo, unha sociedade onde hai cabida para a diversidade.
  • A falta de cariño dos pais provoca o autismo. Hai xa moito tempo que se erradicou a teoría das "nais-neveira", que tanto dano provocou. Nácese con autismo. É dicir, hai unha orixe xenética.
  • As persoas con autismo teñen discapacidade intelectual, ou polo contrario, son capaces de habilidades prodixiosas. En realidade, o retraso mental é unha comorbilidade, non unha condición propia do autismo. Hai persoas con autsmo que ademais teñen discapacidade intelectual e hainas tamén que non a teñen; hainas que teñen capacidades asombrosas, e hainas que non as teñen. Pero necesitamos todo tipo de mentes, sin discriminar a ninguén.
  • A inevitable segregación. Debe desterrarse a falsa creencia de que as persoas con autismo só poden vivir o desenvolverse en centros segregados, sin relación co resto das persoas, non coa intención de marxinalas, senón de protexelas. Isto en ningún caso debe ser así. Ao contrario, a inclusión social é unha das claves para lograr unha mellora da calidade de vida das persoas con TEA e un factor esencial para incrementar as súas capacidades de adaptación, o seu desenvolvemento persoal e a súa calidade de vida. Cos apoios adecuados, as persoas con TEA poden aproveitar as oportunidades de participación en entornos ordinarios, o que favorece que poidan disfrutar dunha vida social integrada e normalizada, e contribúe ao seu desenvolvemento persoal.
  • A infancia permanente. Con demasiada frecuencia, os medios falan de "nenos autistas", pero casi nunca de "adultos autistas". É necesario que a sociedade coñeza e entenda tanto aos nenos como aos adultos afectados polo autismo.
  • Son autistas. Mellor empregar a fórmula "persoa con autismo" en lugar de utilizar simplemente a palabra "autista". Asó póñese de relevo a condición de persoa, coas súas características e diferencias, independientes do autismo. Ademais, definir a unha persoa por unha discapacidade é unha forma de discriminación.
  • Definición dos diccionarios. O uso do autismo asociado a connotacións negativas, escúdase en ocasións na definición que aparece nos diccionarios, sobre todo o DRAE. Hai xa máis dun ano que se iniciou unha campaña con respostas positivas no sentido de que van a cambiar a definición, ainda que levará o seu tempo Campaña Diccionario

Presentación sobre mitos de Almu G. Negrete


Ilustración de Fátima Collado

LEMBRA: As palabras son poderosas. Utilizar os termos“autismo” ou “autista” para descalificar ou insultar a outras persoas é unha forma de contribuir á discriminación e á exclusión de todos os afectados por esta síndrome.

Ilustración de Fátima Collado

LEMBRA: O maior lastre que se atopa unha persoa con autismo non é o diagnóstico, senón o descoñecemento e os mitos que perduran na sociedade.

Accións contra os mitos do autismo
Autismo sin Mitos

Realizado por Anabel Cornago coa colaboración e coordinación de Cristina López García de
La Princesa de las Alas Rosas

31 ago 2011

ÚLTIMO DÍA DE VACACIÓNS

HOXE REMATAN AS NOSAS VACACIÓNS! Quero desexarvos a todos e todas os que visitades este blog un "inicio"  o  máis  feliz e tranquilo posible e que afrontedes con ánimo, ilusións e gañas este novo curso 2011/12 que comeza. 
FELIZ CURSO 2011-2012!!!!!!!

30 ago 2011

UN BLOG MÁIS ACCESIBLE PARA TOD@S

 A partir de agora o noso blog será máis accesible para tod@s. En cada entrada teredes a posibilidade de escoitala ademáis de lela clicando no reprodutor que hai debaixo do título da mesma


e na sidebar arriba á dereita poderedes elexir o tamaño da letra e facela máis grande ou máis pequena clicando enriba das imaxes


 A idea orixinal saqueina do blog da nosa amiga María José Fano "DESVÁN DE PALABRAS"  ,un fantástico blog cheo de recursos que non debedes deixar de visitar.

26 ago 2011

POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO

A nosa amiga Carmen, do blog "AULA DE INFANTIL", recibiu unha carta de Cristina, do blog "LA PRINCESA DE LAS ALAS ROSAS" , nai dunha nena con autismo, na que lle dicía así:
"Hola¡¡
Soy la mamá de una niña con autismo y quisiera pedir vuestra colaboración para difundir una campaña que un grupo de padres y profesionales hemos puesto en marcha. El objetivo,és ayudar a desmitificar muchos mitos que hay sobre este trastorno y concienciar a la sociedad sobre el uso de la palabra autismo, ya que las familias estamos cansadas y dolidas también de escuchar como se utiliza esta palabra para insultar a otros o simplemente, con un significado que no se corresponde con la realidad.  Agradeceríamos mucho vuestra colaboración, quisiéramos hacer ruido, que nuestra campaña llegue a todas partes y para eso necesitamos la ayuda y la implicación de todo aquel que quiera sumarse. Por nuestros hijos y un futuro mejor para ellos, donde puedan tener los mismos derechos y oportunidades que los demás. Solo debéis difundir con vuestro blog la campaña, darla a conocer....ser las voces de miles de niños con autismo y de sus familias...ellos y nosotros os lo agradeceremos de corazón. Os envío el enlace de la entrada que podéis copiar y publicar en vuestro blog, gracias. Gracias una vez más".


 O doce de setembro lanzarán unha campaña para concienciar á sociedade para un tratamento digno do autismo por iso necesitan que todo o que teña blog ou páxina web e quera sumarse á campaña, os axude a difundila.
Desde AulaTic queremos sumarnos a esta inicitiativa e solicitamos a colaboración de tod@s @s seguidor@s deste blog para como di Cristina "facer ruído".


24 ago 2011

HORARIOS ESCOLARES

Na web FOCACLIPART de Vladimir Zúñiga, podedes atopar uns fantásticos horarios escolares para nós mesmos ou para os nosos alumnos ademáis doutros fantásticos deseños. Aquí vos deixo unha mostra. Clicade na imaxe para visitar a súa páxina e poder ver todos:


¡FELICIDADES PAQUI!

A nosa amiga Paqui do blog "INFANTIL DE COLORES", acaba de chegar ás 10.000 visitas e para celebralo regálanos este estupendo debuxo feito por ela mesma.


¡FELICIDADES PAQUI!

20 ago 2011

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Sempre tiven en mente facer un libro LIM sobre o conto de CARAPUCHIÑA VERMELLA, que é un conto que lles gusta moitísimo a todos os rapaces e rapaces, e de feito tiña empezado un, pero non estaba moi convencida de como me estaba a quedar. Hai uns días, vin a nova entrada de Jessica, dos blogs QUE HACEMOS  HOY EN EL COLE? e BONITOOH, na que compartía connosco un deses kits tan marabillosos que fai e que esta vez era nin MÁIS nin MENOS que de ¡¡¡CARAPUCHIÑA VERMELLA!!!.Así que púxenme mans a obra e.... ESTE É O RESULTADO. Espero que vos guste. Está sin audio porque cando empece o curso quero grabalo coas voces dos meus alumnos.
MOITÍSIMAS GRAZAS, JESSICA

AGASALLO DE BLANCA

A nosa amiga Blanca, do blog ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL quere compartir connosco este precioso debuxo que lle fixo a súa sobriña Marta, que é unha ARTISTA con maiúsculas, sobre o verán. Grazas Blanca e grazas tamén a Marta polo debuxo.É PRECIOSO.


Para todas esas "GRANDES MESTRAS"

12 ago 2011

DÍA INTERNACIONAL DA XUVENTUDE


Desde 1999 que foi declarado  "DÍA INTERNACIONAL DA XUVENTUDE" polas Nacións Unidas, o 12 de agosto convertiuse na data que nos lembra todos os anos a importancia que ten a xuventude para toda a sociedade e nos fai comprender as súas necesidades e aspiracións. Con esta iniciativa búscase facer un recoñecemento aos esforzos da xuventude de todo o mundo para mellorar a sociedade global e apoiar medidas tanto nacionais como internacionais para:
  • Mellorar a participación dos xóvenes nas actividades das  Nacións Unidas así como na sociedade e na toma de decisións.
  • Desenvolver políticas en temas prioritarios como a educación, o emprego, a fame e a pobreza, a saúde, o medio ambiente, o uso indebido de drogas e a delincuencia xuvenil.
  • Desenvolver canles de colaboración e cooperación entre organizacións xuvenís, axencias do sistema das Nacións Unidas e outras organizacións xuvenís intergubernamentais.

Este día celébrase con competicións e concursos ao longo do mundo para intentar concienciar aos xóvenes dos actuais perigos da sociedade e incitarlles a participar na mesma desde valores de solidariedade, esforzo, ecoloxía,...

11 ago 2011

CHÉGANOS UN NOVO PREMIO!!!!!!

A nosa amiga Blanca, do blog "ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL" comparte con nós este premio que recibiu:


O premio ten dúas condicións: contar sete cousas sobre unha mesma e envialo  a outros blogs amigos. Empecemos. Sete cousas sobre min:
  1. Son mestra e gústame ensinar. 
  2. Na actualidade estou dando PT nun colexio de Educación Especial pero tamén teño a especialidade de Inglés. Nun futuro próximo gustaríame volver a dar inglés sobre todo aos máis pequenos.
  3. Tamén son mamá de dúas preciosas nenas (que vou dicir eu)
  4. Encántame todo o relacionado coas novas tecnoloxías. Podo pasarme horas (que debería estar durmindo)buscando recursos en internet.
  5. Ainda que fago moitos cursiños son sobre todo autodidacta o que non sei busco en internet como facelo o alguén que mo explique.
  6. Gústame moito ler pero recoñezo que ultimamente o deixei algo de lado.
  7. As pelis de terror son a miña debilidade.
Comparto este premio cos seguintes blogs amigos (sei que algúns xa o recibiron e que a outros non lles van estas cousas pero ainda así eu quero compartilo con eles):


GRAZAS BLANCA POLO PREMIO

30 jul 2011

RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Aproveitando o verán estou a facer algúns cambios no blog, espero que para mellor. A partir de agora, nas pestanas de arriba, poderedes ver unha que pon EDUCACIÓN INFANTIL. Nela haberá recursos que considero interesantes ou útiles, clasificados en seis categorías: Lectoescritura, Lóxica-Matemática, Ámbito, Varios, Crearte e Xogos.
Espero que vos sirvan. Eu empregareinos con aqueles alumnos/as que teño con menos nivel académico.

20 jul 2011

FELIZ DÍA DA AMIZADE

Para todos os meus amigos e amigas de aquí e de acolá, de cerca e de lonxe, para todos vós
¡FELIZ DÍA DO AMIG@!

imaxe de Liliana Lois Diseños(http://lilianalois.blogspot.com)

7 jul 2011

INTERCAMBIO CREATIVO


Aínda que dixen que pechaba o blog ata setembro, hoxe vou a facer unha entrada extraordinaria. Estes días
Sandra Luz do blog "MI SALA AMARILLA" e Berenice do blog "BURBUJITAS" fixeron como elas chaman "un intercambio creativo". Sandra Luz montou un video sobre o conto  "DON FRESQUETE" coa voz da propia autora MARÍA ELENA WALSH como narradora e Berenice fixo os debuxos que ilustran o video. Pareceume unha idea moi interesante e un video precioso e como a min gústame moito facer libros LIM, ofrecínme a facerlles un sobre o conto, con actividades para educación infantil. E aquí tedes o resultado (tarda un pouquiño en cargar ,sobre todo o video, non vos desesperedes):

23 jun 2011

FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!

imaxes do kit PIRATAS de Bonitooh (http://bonitooh.blogspot.com)

Un ano máis outro curso que termina. Agora o verán, as vacacións e a desconectar para vir o próximo curso coas pilas ben cargadas. Pero para que poidades seguir practicando e divertíndovos aprendendo, aquí vos deixo as actividades que a Junta de Castilla y León, nos propón para este verán. Temos máis de 100 actividades e xogos repartidos para todos os niveis: INFANTIL, PRIMARIA e SECUNDARIA. 


e se queredes acceder ao escritorio de verán do curso pasado clicade  na imaxe:


21 jun 2011

PREMIO ESPECIAL VACACIÓNS

Pilar, dos blogs "Los enanitos de mi cole" e "Los lapiceros", gran ilustradora, nos obsequia a todos os seus seguidores e aqueles que visitan o seu blog, con este precioso debuxo feito por ela mesma.


As condicións para aceptalo son moi sinxelas de cumprir: primeiro que nos guste (nos gusta moitísimo),  despois publicalo no blog (cousa que estamos a facer) e por último dicir onde vas a pasar as túas vacacións ( en xullo uns días de relax nunha casa de turismo rural e en agosto unha semana na costa Valenciana).

GRAZAS PILAR E FELICES VACACIÓNS!

18 jun 2011

EL DÍA E


¿SABÍAS QUE...
el español es ya la segunda lengua del mundo en cuanto a número de hablantes nativos, el segundo idioma de comunicación internacional y el tercer idioma más utilizado en Internet además del idioma oficial de 21 países ?
Hoy nuestra entrada va en español porque celebramos el DÍA E. Es una iniciativa que promovió  el Instituto Cervantes en 2009 para celebrar su mayoría de edad y a la vez difundir la cultura en español en los cinco continentes. Se festeja el sábado más próximo al solsticio de verano como homenaje a la grandeza del español, la lengua de 500 millones de personas en el mundo.


La fiesta comenzará con la ya tradicional "Lluvia de palabras" que inundará las calles de las ciudades para dar inicio a una jornada llena de actividades. Sustantivos o verbos, llanas o esdrújulas, compuestas o simples. De las miles de palabras que componen nuestra lengua, un grupo de personalidades de habla hispana de los más diversos campos del saber han elegido más de una treintena de ellas: sentimiento, lealtad, solidariedad, amor, querer, murmullo, sueño,..


Nosotros tambien hemos elegido una palabra en español y es: EDUCACIÓN. Porque... ¿qué haríamos sin ella?

17 jun 2011

CELEBRAMOS A FESTA DE FIN DE CURSO!!!!!!

Onte celebramos  a festa de final de curso porque algúns dos nenos e nenas que temos internos no colexio íanse ir para as súas casas ao longo do día de hoxe para non voltar ata o curso próximo. Tivemos unha mañá moi completa. Agora vola conto.
1º Fomos a sala de Xuntas e alí puxemos un video cunha selección de fotos de todas as celebracións, saídas, charlas e demais actividades que fixemos dentro e fora do colexio. Non volo podo poñer aquí porque dura uns vintecinco minutos e non daría cargado .


2º.-  Pedímoslles aos da  FAXPG ( Federación de Asociacións de Xordos de Galicia) que viñesen a contarnos un conto en linguaxe de signos porque no cole temos rapaces xordos. Eles aceptaron e nos mandaron a Branca e unha intérprete para contarnos o conto : "UNA CASA A MEDIDA" de Daniela Kulot que empezaba así:  
"Esta é a Xirafa. Xirafa é moi alta.
Este é crocodilo. Crocodilo é moi baixiño.
Entre eles hai moita diferencia: máis de dous metros.
Pero, a pesar diso, son parella:
unha parella de namorados".
Gustounos moitísimo e ademais aprendimos a facer moitos signos. Tamén nos ensinou un video "EL SUEÑO DE PEDRO" que era moi bonito e falaba da integración dos nenos xordos e de como romper as barreiras.
3º.- Os nenos e nenas que teñen mobilidade foron a xogar un partido de fútbol ( ¡GAÑOU O EQUIPO VERDE!) e os de cadeiras de rodas e os que teñen pouca mobilidade foron á sala de día a facer Xogos Populares.
4º.- Despois do recreo, o monitor da actividade de Música veu cun coro de catro alumnas do instituto de Canido a darnos un concerto. Que ben o pasamos! Acabamos todos cantando e bailando con elas.
5º.- Para rematar unha mañá tan completa, algúns profes quedámonos no comedor a comer cos rapaces.
E por suposto quitamos fotos e máis fotos, que pensabades? Aquí vos deixamos unha pequena mostra delas.


15 jun 2011

PREMIO SHUNSINE-AWARDS


Sandra Luz, do blog: "MI SALA AMARILLA" nos envía este premio que ten por obxectivo fomentar a unión e os nexos de contacto entre os blogueiros da blogosfera. As bases do premio establecen que para ser aceptado, ten que publicarse unha entrada no blog agradecendo a quen o entrega e dar o premio a outros doce blogs amigos. 
Con moito gusto llo paso aos seguintes blogs que sigo (non son doce senón trece pero es que non podía nin quería sacar ningún):

http://evanxelica.blogspot.com/
http://bitacoraterradeferrol.blogspot.com/
http://mansredondas.blogspot.com/
http://englishbloginpazos.blogspot.com/
http://burbujitaas.blogspot.com/
http://geles-remendos.blogspot.com/
http://losenanitosdemicole.blogspot.com/
http://csinfantil.blogspot.com/
http://gemi-carpediem.blogspot.com/
http://sonrisasdemilcolores.blogspot.com/
http://pequespazos.blogspot.com/(xa sei que non che van estas cousas pero quería darcho igual ;))
http://axaneladeinfantil.blogspot.com/
http://patripenalogopeda.blogspot.com/


MOITÍSIMAS GRAZAS SANDRA!!!!!!!

13 jun 2011

REGALAMOS SORRISOS

Gemi, de  El Blog Encantado  recibiu un regalo en forma de sorrisos que lle adica a todos os seus seguidores ( entre os que me inclúo) e demais visitantes do seu blog. Eu vou facer o mesmo e adicarllo a todas aquelas persoas que visitan o noso blog de aula:  aos nosos seguidores que van aumentando pouquiño a pouco e aos que non o son e en especial á miña compi da clase do lado Digna. Para todos vós, vos desexo un feliz comezo de semana.


11 jun 2011

MÁIS NENOS ESTUDANDO, MENOS NENOS TRABALLANDO

 En todo o mundo e en franca violación dos dereitos da infancia, centos de miles de nenas e nenos realizan traballos que os privan da educación, a saúde, o tempo de ocio e as liberdades elementais. Destes nenos, máis da metade están expostos as peores formas de traballo infantil, como o traballo realizado en entornos perigosos, a esclavitude u outras formas de traballo forzoso, actividades ilícitas como o tráfico de drogas e a prostitución, así como a participación en conflictos armados.
A Organización Internacional do Traballo (OIT), instituíu no 2002, o Día Mundial contra o Traballo Infantil (que dende entón celébrase cada 12 de xuño), como forma de pór de relevo a gravísima situación destes nenos. Este día, ofrece a oportunidade de captar máis apoio para a campaña en contra do traballo infantil por parte dos gobernos, a sociedade e as demais partes interesadas, incluíndo as escolas e os medios de comunicación.


PERO COMO LOITAR CONTRA O PROBLEMA?
Segundo a experiencia da OIT, o que resulta máis eficaz e combinar varios tipos de accións entre as que se atopan:
  • Mellorar a recopilación de datos sobre os nenos que traballan e os accidentes laborais e enfermidades ocupacionais, cunha análise por sexo e idade dos raparigos involucrados.
  • Realizar campañas de sensibilización co fin de que tanto os adultos como os nenos recoñezan os perigos.
  • Formular políticas e actualizar as reglamentacións para protexer aos rapaces.
  • Velar polo cumprimento efectivo da lei por medio de servizos integrados de inspección laboral que traballen en consoancia con outros actores.
  • Traballar cos representantes das organizacións de empresarios e traballadores para axudar a garantir a seguridade no traballo para todos.
Clica na imaxe de abaixo para acceder a un video da OIT sobre o traballo infantil:

7 jun 2011

CONTO SOBRE MEDIO AMBIENTE: "O BOSQUE ENCANTADO"


Este curso xunto con outras compañeiras do meu cole do ano pasado, estivemos a facer un grupo de traballo sobre Edición de Video e de Audio. Un dos materiais que preparamos foi o conto: "O BOSQUE ENCANTADO" baseado no conto "O BOSQUE ENFADADO" da escritora arxentina afincada en Buenos Aires, LIANA CASTELLO. Dito conto  , que atopamos na páxina  ENCUENTOS, o gravamos coas voces dos rapaces de 5º e 6º do colexio de Pazos, lle puxemos música de fondo de  THE CHIEFTAINS ("Celtic and Medieval Impressions") e unhas viñetas que fixemos utilizando imaxes de Internet e clips arts de PHILLIP MARTIN. Ademáis con el preparamos un libro Lim de actividades para facer cos rapaces e rapazas de Infantil e Primaria e fomentar neles o coidado do Medio Ambiente.
E este foi o resultado, esperamos que vos guste:

3 jun 2011

TOD@S CO MEDIO AMBIENTE

O vindeiro domingo, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día nace coa finalidade de fomentar a sensibilización mundial acerca dos principais problemas medioambientais que acechan ao planeta.

Este ano o tema"BOSQUES: A NATUREZA AO SEU SERVIZO" fai fincapé os numerosos valores esenciais para a subsistencia que aportan os bosques, subraia a relación entre a calidade de vida e a saúde dos bosques e os ecosistemas forestais e trata de contribuír a aumentar a conciencia sobre os graves impactos da deforestación e a degradación forestal.

O presente e o futuro de todos os habitantes do planeta, depende da conservación e restauración dos bosques do mundo. Neste día debemos comprometernos  a facer moito máis para asegurar que continuaremos disfrutando dos grandes servizos que nos proporcionan so bosques á nosa xeración e as xeracións futuras.

Con EDUFORES,un programa de educación forestal para rapaces e rapazas de Educación Primaria, xogando podemos aumentar o noso coñecemento do bosque e os produtos forestais e xerar conciencia da nosa responsabilidade na súa defensa e coidado.



COA VIAXE DE KIRIMA, un formidable proxecto educativo dirixido aos alumnos de Educación Infantil, podemos concienciar aos rapaces pequenos sobre a problemática do medio ambiente, traballando aspectos relacionados con puntos claves como o consumo responsable, o aforro de enerxía, a reciclaxe  ou o coidado da auga, entre outras cosas.


E para fomentar a RECICLAXE nos máis pequenos, aquí vos deixo este conto educativo para colorear de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente) para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Espero que vos guste.


Na pestana de Educación en Valores podedes atopar una recopilación de recursos para traballar o coidado do medio ambiente e nos seguintes blogs  podemos atopar moitísimos recursos máis e ideas para traballar o medio ambiente cos rapaces, non deixedes de visitalos.




E xa para rematar, temos que lembrarnos a nós mesmos e aos demais a importancia que ten o coidado do noso medio ambiente.

LEMBRA CADA ACCIÓN CONTA

2 jun 2011

REGALO INESPERADO

Hoxe no cole, tanto a profe Digna coma min tivemos un regalo inesperado. Jose Pena, o alumno de Digna que nos fai os marcos para os murais no taller de carpintería apareceunos cun paquete para cada unha. Doúnolos coa condición de que non o podíamos abrir ata chegar a casa. E cando os abrimos vimos .... ¡UNHA PRECIOSA BANDEXA! feita por el mesmo no taller.
Moitísimas grazas José por tan precioso regalo porque os regalos que máis gustan son aqueles que fai un mesmo e co corazón.
E para que vexades que bonita era a miña bandexa aquí vos deixo a foto.