Mostrando entradas con la etiqueta OIT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OIT. Mostrar todas las entradas

11 jun 2011

MÁIS NENOS ESTUDANDO, MENOS NENOS TRABALLANDO

 En todo o mundo e en franca violación dos dereitos da infancia, centos de miles de nenas e nenos realizan traballos que os privan da educación, a saúde, o tempo de ocio e as liberdades elementais. Destes nenos, máis da metade están expostos as peores formas de traballo infantil, como o traballo realizado en entornos perigosos, a esclavitude u outras formas de traballo forzoso, actividades ilícitas como o tráfico de drogas e a prostitución, así como a participación en conflictos armados.
A Organización Internacional do Traballo (OIT), instituíu no 2002, o Día Mundial contra o Traballo Infantil (que dende entón celébrase cada 12 de xuño), como forma de pór de relevo a gravísima situación destes nenos. Este día, ofrece a oportunidade de captar máis apoio para a campaña en contra do traballo infantil por parte dos gobernos, a sociedade e as demais partes interesadas, incluíndo as escolas e os medios de comunicación.


PERO COMO LOITAR CONTRA O PROBLEMA?
Segundo a experiencia da OIT, o que resulta máis eficaz e combinar varios tipos de accións entre as que se atopan:
  • Mellorar a recopilación de datos sobre os nenos que traballan e os accidentes laborais e enfermidades ocupacionais, cunha análise por sexo e idade dos raparigos involucrados.
  • Realizar campañas de sensibilización co fin de que tanto os adultos como os nenos recoñezan os perigos.
  • Formular políticas e actualizar as reglamentacións para protexer aos rapaces.
  • Velar polo cumprimento efectivo da lei por medio de servizos integrados de inspección laboral que traballen en consoancia con outros actores.
  • Traballar cos representantes das organizacións de empresarios e traballadores para axudar a garantir a seguridade no traballo para todos.
Clica na imaxe de abaixo para acceder a un video da OIT sobre o traballo infantil: