27 ene 2017

PROXECTO PICASSO

Imaxe atopada en Francofolies

Neste segundo trimestre, comezamos un proxecto sobre o gran pintor español, Pablo Picasso. Para aprender un pouco da súa vida e da súa obra, estivemos vendo varias presentacións e videos que atopamos no blog APRENDEMOS JUNTOS.

Ademais, despois de ver este video de Philip Scott Johnson onde aparecen 27 obras de Pablo Picasso,


no mesmo blog xogamos cun widget que tiña 26 das obras do video e había que averiguar a que faltaba. Aquí vos deixamos as 26 cabezas. Eres quen de averiguar a que falta? Se é así, déixanos a resposta nun comentario.



Imaxes atopadas no blog APRENDEMOS JUNTOS

Tamén pintamos a portada do noso proxecto. Ollade como nos quedou:


Para ter todo o proxecto organizado, creamos esta páxina (a cal iremos enchendo pouco a pouco) co novo google sites que queremos compartir convosco e que enlazamos na barra lateral do noso blog de clase: ESTAMOS EN CUARTO


4 comentarios:

  1. Bo proxecto, rapazada!!!Ten moi boa pinta, Ana!!!
    Esterei atenta.
    Boa finde.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas. Espero que aprendamos moito deste fantástico pintos. Bicos.

      Eliminar
  2. Un proxecto moi colorido. Seguro que desfrutades un montón aprendendo de Picasso. Apertas.

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO