16 ene 2017

EXPERIMENTO II: COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS?

Imaxe de Phillip Martin

O tema 1 de Ciencias Naturais, estaba relacionado cos seres vivos e as plantas.Para traballar este tema, na libreta fixemos un montón de esquemas e debuxos sobre a función de nutrición das plantas para aprender como facían para fabricar o seu alimento, para respirar,...

Tamén practicamos todo o aprendido con este libro lim que está na pestana de recursos do blog:


http://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/seres_vivos_e_plantas/seres_vivos_e_plantas.html

Por iso, o noso segundo experimento, estivo relacionado coas plantas e a súa alimentación. 

Primeiro, botamos colorante alimenticio azul e vermello en dous recipientes con auga. A continuación cortamos un talo de apio pola metade e metimos cada parte dentro dun recipiente. Ao día seguinte, puidemos comprobar como as follas do apio estaban tinguidas de azul e vermello e descubrimos que as substancias que as plantas absorben polo raíz chegan ata as follas donde se utilizan para fabricar o seu alimento mediante a fotosíntese.

Aquí vos deixamos un pequeno video de como o fixemos:

8 comentarios:

  1. Un experimento moi interesante, rapaces!! Seguro que vos quedou todo moi clariño.
    Bicos e boa semana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Isto de ver como o líquido chegaba ata as follas foi moi interesante para eles, Anabel. Un bico.

      Eliminar
  2. Seguro que están aprendendo un montón. Os experimentos gústanlles moito. Un biquiño. Gelis

    ResponderEliminar
  3. Cuando nos toquen las plantas ya sabemos qué vídeo veremos. Muchas gracias y estupendo trabajo.bss

    ResponderEliminar
  4. Muy completa la actividad.
    Ya tenía ganas de visitarte. Llevo un par de meses casi apartada de la lectura de blogs. Me tengo que poner al día.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pues ya somos dos, María. Estoy metida en un montón de cosas y apenas tengo tiempo para visitar a los blogs amigos. Me ha encantado verte de nuevo por aquí. Un abrazo.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO