18 ene. 2017

EXPERIMENTO III: O CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA

Imaxe de Phillip Martin

O tema 2 de Ciencias Sociais falábamos da Hidrosfera. Nel, aprendimos, moitas cousas sobre os ríos:


E tamén sobre o Ciclo da Auga. Para traballalo e entendelo ben, ademais de ver  videos, presentacións,... fixemos un despregable e unha roda do ciclo da auga que adaptamos e modificamos a partir dun que atopamos na páxina  A WEB DO MAESTRO e que xa vos amosamos nunha entrada anterior e tamén o noso derradeiro experimento do trimestre:

O CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA

Primeiro, cortamos unha botella de auga de cinco litros pola metade. A continuación botamos unha capa de pedras no fondo, seguida dunha capa de area e outra de terra. Despois, plantamos unha pequena planta nun lado e puxemos o tapón da botella no outro lado. Cubrimos con plástico e lle puxemos unha goma para que non entrase o aire. Despois de poñer a botella ao sol, puidemos comprobar que a auga do tapón evaporouse e pasou ao plástico, precipitándose  e regando a planta.

Queredes ver o ben que o explicamos?

10 comentarios:

  1. Genial, felicidades por vuestro proyecto. Un beso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se lo han pasado muy bien haciéndolo, Mónica. Un abrazo.

      Eliminar
  2. Estupendo! Co teu permiso gardo para outra ocasión. Un biquiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que se lo pasan tan bien como mis alumnos a la vez que aprenden en directo el ciclo del agua, Mª José. Ya me contarás. Un biquiño.

      Eliminar
  3. Quedou xenial este experimento!!!Parabéns a todos/as!!!
    Boa finde.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O malo foi que o ciclo da auga estivo facéndose todas as vacacións de Nadal e ao final a planta morreunos :( Moi boa semana.

      Eliminar
  4. Me encantó el vídeo explicativo.
    Buen finde Ana!!
    Besitos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo hicieron fenomenal, Sandra. Muy buena semana. Un besazo.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO