17 may. 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fonte: Obra Social NovaCaixaGalicia

Hoxe celébrase un día moi importante para nós os galegos; "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS".Cada ano adícase a un autor ou autora que traballa coa nosa lingua. Este ano o homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aquí vós deixamos unha pequena biografía:
  • Roberto Vidal Bolaño, fillo de Roberto e Carmen, naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950. Pasou os primeiros anos no barrio compostelá de Vista Alegre, estudando en distintos colexios e institutos da cidade.
  • Con 12 anos comezou a traballar nunha empresa de recambio de automóbiles levando respostos por toda a cidade montado nunha bicicleta. Máis tarde traballou nunha axencia de viaxes, nuns almacéns, nunha tenda de electrodomésticos e nun banco.
  • Aos 27 anos decidiu adicarse ao teatro. Fixo de todo: iluminador, decorador, electricista, director, actor, ... Chegou a fundar a súa propia compañía: Antroido.
  • Escribiu máis de trinta obras teatrais, algunhas adicadas aos máis pequenos como "Touporroutou da Lúa e do Sol", "Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e  o Cachamón". Tamén traballou no cine e en distintas series televisivas.
  • Pola súa traxectoria recibiu numerosos premios como: O premio Abrente, o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o do Eixo Atlántico, o María Casares,...
  • Morreu en Santiago no ano 2002.
En todos os coles galegos, trabállase esta data. No noso, na entrada,puxemos un gran mural cos carteis que cada ano manda a Xunta de Galicia sobre o autor homenaxeado:


E como onte faciamos ponte e non tiñamos clase ao igual que hoxe, o mércores CELEBRAMOS O FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS cos alumnos do segundo ciclo do colexio de Lasalle que viñeron ao noso cole para facer un intercambio:

- Vimos unha presentación sobre a súa vida feita cos debuxos de todos os nenos do cole:


- Recitamos dous fragmentos das súas obras:
  1. De Touporroutou da Lúa e do Sol, con Jaime Dragó e Sergio Camacho:

2. De Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón, entre Anibal, Diego, Sergio, Jaime, Jordan E Carlos:


3.- Amosámoslles aos nenos de Lasalle a nosa obra de teatro: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR (como faltaba Ruth, o papel de tartaruga fíxoo Marcos):


4.- Collidos das mans, bailamos todos xuntos a canción: QUEN QUERE ENTRAR,...



5.- A continuación tivemos a sorte de volver a contar, unha vez máis coa actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS, que nos sorprendeu cunha divertídisa obra titulada: "NON É PAÍS PARA CABALEIROS". Aquí vos deixamos algúns momentos da obra:



6.- E por último, despois dun pequeno recreo, os nenos e nenas xogaron un partido de fútbol do que non temos fotos.

E así foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS.

MOI FELIZ DÍA PARA TODOS OS GALEGOS E GALEGAS!!!!!!!!!



28 comentarios:

  1. Ana que festival más completo!!,nosotros lo haremos el día 24. Feliz día das Letras Galegas,biquiños

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ya nos enseñaréis todo lo que hagáis, profes. Muy feliz para vosotros también.

      Eliminar
  2. Feliz día de las letras gallegas Ana, se ve que lo pasasteis muy bien el día de la celebración. Un día lleno de diversión. Un besete

    ResponderEliminar
  3. Feliz Día ! Menuda celebración tivestes ! Agora a disfrutar da ponte. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi feliz día para vós tamén, profes. Agora nos toca descansar un chisquiño. Unha aperta.

      Eliminar
  4. Que ben o pasades!Noraboa por ese festival da Lingua; vese que traballastes moito.Saudiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas Anabel. Moi feliz día das Letras Galegas!!!!!!!!!

      Eliminar
  5. Como siempre, un fantástico homenaje el vuestro.
    Feliz Día de las letras gallegas.

    ResponderEliminar
  6. Moitas felicidades a todos!!Moitas grazas, pasámolo
    moi ben traballando cos vosos recursos.Un bico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alédome moito, María, de que vos servisen os nosos recursos. Unha gran aperta e moi feliz día!!!!!

      Eliminar
  7. Muchas felicidades, un poco retrasadas, pero es que no doy abasto, jajaj. Un besito.

    ResponderEliminar
  8. Feliz día de las letras gallegas y felicitaciones hermoso festival muy creativo y divertido.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegra que te gustara, Mirian. Nos lo pasamos fenomenal. Un beso.

      Eliminar
  9. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! BICOS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Ángeles. Moi feliz día para ti tamén. Unha aperta.

      Eliminar
  10. Una jornada muy amena y entretenida la que habéis tenido el miércoles para celebrar ese día tan importante para todos los gallegos. Muy feliz día de las letras gallegas. Besinos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, Isa, no tuvimos tiempo para aburrirnos, je,je Tuvimos una mañana de lo más completa. Muchas gracias por tu comentario. Un beso.

      Eliminar
  11. Con celebraciones así da gusto :-)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se lo pasaron fenomenal, Carmen, te lo aseguro. Un beso.

      Eliminar
  12. Que festival tan bonito¡ habéis hecho de todo. Feliz dia de la letras gallegas. Un beso

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias Rosario, nos hemos divertido mucho. Un abrazo.

      Eliminar
  13. Menudo festival, que ben o pasastedes.
    Estamos esperando con moita ilusión polo voso trompo de ouro.
    Moita sorte.
    Mónica 4ºPrimaria dos talleres de Carmela.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí que o pasamos moi ben, Mónica. Moitísimas grazas polo comentario. En canto ao do trompo... xa se verá pero dubido que sexa o de ouro ,je,je Unha gran aperta.

      Eliminar
  14. ¡¡Unha celebración do máis completa!! ¡¡Noraboa!! ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O certo é que fixemos un pouquiño de todo, Dolores, je,je Un bico.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO