Así é como estaba este mércores a entrada do noso colexio. Levamos para alí as botellas que decoramos na nosa clase e o Jack O´Lantern así como varias caveiras, morcegos e mouchos que fixemos na clase con cartulina negra:
A todo isto lle engadimos unhas fantásticas láminas sobre as orixes do Samaín que nos proporcionou a profe Digna e unhas cabazas da profe Lucía.
Despois grazas ao equipo de dinamización da biblioteca, capitaneado polas profes Lucía e Patricia, disfrutamos primeiro de sesión de contacontos na biblioteca ...
Unha vez alí, estaba esperándonos unha MEIGA (a profe Patricia) que nos contou un terrorífico conto : "CABEZA DE CABAZA"
coa colaboración da profe Lucía no papel de neno protagonista:
Pasamos un rato moi divertido. Moitísimas grazas ás dúas:
Pero non rematou aquí a cousa. Tamén dende o equipo da biblioteca, estes días nos corredores podiamos ver este cartel:
Pois sí, despois do recreo fomos ao salón de actos. Cando xa estabamos todos sentados, de súpeto apagouse a luz, empezou a sonar a canción SAMAÍN do grupo Mamá Cabra, e non volo ides crer, no noso salón de actos apareceron .... PANTASMAS e a mesma MEIGA de antes. Viñan con cabazas que alumeaban! Que medo pasamos! (tedes que perdoar pero a calidade das fotos é malísima)
Cando remataron o seu desfile, encendéronse as luces e empezou a soar a música. Todos nos levantamos dos nosos asentos e nos puxemos a bailar (incluso moitos dos profes). Pasámolo moi pero que moi ben. Aquí vos deixamos un adianto das fotos.
Próximamente subiremos á páxina web do cole, os videos e algunhas fotos do día de hoxe e deixaremos un enlace para que poidades velas.
E ainda que a noite de samaín xa pasou... con este fermoso selo que me fixo Liliana quero desexarvos a tod@s MOI FELIZ SAMAÍN !!!!!!!