20 jun. 2012

DOBRE EXCURSIÓN

A piques de rematar o cole, tivemos dobre excursión. Por unha banda onte fomos toda a mañá á Lagoa de Doniños a facer un itinerario medioambiental que solicitamos cando empezamos o noso proxecto dos bosques. Foi unha experiencia fantástica. Gustounos todo ... menos o tempo que non nos acompañou nadiña e por momentos choveunos con bastante vento o cal no era moi agradable. Ainda así a mañá foi moi fructífera. Coñecimos prantas e arbustos novos como a herba de San Roberto, o torvisco, a malcomia,... lembramos o nome dalgunhas que xa coñeciamos como as estaletas, os toxos, as xestas ,. ..vimos árbores como oliveiras, nogueiras, castiñeiros,... e tamén cardos, allos bravos,... Escoitamos as rás, observamos insectos como libélulas e reis reis, contemplamos como voaban as anduriñas e as gaivotas e o mellor de todo e que cando fomos á beira da praia vimos ... DOUS GOLFIÑOS NADANDO!!!!!! Mágoa que estivesen moi lonxe para poder quitarlles unha foto. Estas son as fotos de todo canto vimos:
A LAGOA DE DONIÑOS on PhotoPeach

E hoxe fomos todos ao teatro Jofre a ver a película: "COPITO DE NEVE". Gustounos un montón. Aquí estamos diante do teatro:
Vos deixamos un trailer da película:
QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!

16 comentarios:

  1. Ana, sabes que admiro o teu traballo, eres o máximo porque ademais de facelo moi ben, tamén o fas super rápido. Noraboa por todo o teu traballo e moitas grazas pola parte que me corresponde. É un gustazo traballar contigo.Ata mañá compi.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Digna, por Deus, non hai nada que admirar, todas facemos o que podemos e cada unha de nós aporta o seu graíño de area, facemos un magnífico tandem. A ver se podemos continuar traballando así o curso que ven. Unha aperta.

      Eliminar
  2. Xa quedan poucos días para rematar o curso e xa están moi cansos para traballar no cole así que mellor idea a de ir de excursión ou ir ao cine. Seguide disfrutando destes dous días que vos quedan e felices vacacións.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitísimas grazas Ángeles. O certo é que a estas alturas xa están moi cansos e non se centran nada. Estes días polos menos aireámonos un pouquiño je,je Unha aperta e moi felices vacacións para ti tamén.

      Eliminar
  3. Pero qué bien os lo pasáis, jeje. Bonita foto en la que estás centrada. Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí que nos lo pasamos bien. En cuanto a la foto, no me gusta nada salir en ellas, la fotogenia no es lo mío ;)pero de vez en cuando toca salir que sino mis compis ya me riñen. Un beso.

      Eliminar
  4. qué bien os lo montáis!!!!

    Os he dejado una sorpresa en mi blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sabemos divertirnos ¿verdad? Ahora mismo me paso a ver la sorpresa. Un beso.

      Eliminar
  5. Ana, te he dejado el cartelito de verano en el blog. Como me gusta que estemos unidas por esto. Un besazo, corazón.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Blanca, voy a recogerlo para el blog. Muchísimas gracias. Un beso.

      Eliminar
  6. Ana, una excursión amena y sobre todo con un fondo muy educativo...Me encanta el sonido que has puesto a la presentación: es como si estuviésemos allí mismo :)
    Un beso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Noe, sí que fue muy amena, no tuvimos tiempo a aburrirnos. Si no fuese por el tiempo, por momentos nos llovió, todavía hubiese sido mucho mejor. Un beso.

      Eliminar
  7. Encántame o percorrido medioambiental, é unha preciosidade de excursión, ademáis aprendendo moitas cousas, valorando as fermosas paisaxes que temos e gozando da natureza. E despois unha boa elección a peli de Copito de Neve ¡¡un remate de clases estupendo!!
    ¡¡Biquiños!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A mágoa foi o tempo, quedáronnos moitas cousas por ver por culpa do mal tempo que nos fixo ao principio pero eu creo que foi unha boa excursión e que aprenderon bastantes cousiñas. O que máis lles gustou foi velos golfiños. Unha aperta.

      Eliminar
  8. Feliz verano Ana,y a descansar!!, muchas gracias por todo lo que nos has aportado,un biquiño moi forte das profes de Barciela.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas a vos tamén, por participar no proxecto e colaborar, por compartir con nos tan bos proxectos e materiais en fin por todo. Unha aperta e a disfrutar das vacacións.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO