11 abr 2011

TEMPO DE PASCUA


Xa faltan pouquiños días para que chegue a Pascua e con ela as vacacións de Semana Santa. Dende hai uns anos é habitual ver nestas datas ovos e coellos de chocolate por doquier. E vos preguntaredes, ¿que pinta o coello en todo isto? Pois conta unha lenda que unha nai pintaba ovos para regalar aos seus fillos en Pascua e que os agochaba polo xardín para que estes os buscaran e atoparan. Un día, cando os nenos estaban buscando os ovos, de súpeto apareceu un coello saltando e os rapaces creron que este, trouxera os ovos decorados. E así foi como apareceu o coello de Pascua. 
E para traballar a Pascua cos rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria vos deixo este libro Lim. 

5 comentarios:

  1. Encántame o libro LIM que fixeches para a Pascua. Eres unha fonte de recursos estupenda. Felices Pascuas.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por crear e compartir materiais tan chulis para traballar c@s nen@s. Noraboa.

    ResponderEliminar
  3. Non sabía eu a historia do coello de Pascua! Gracias por compartir outro libro LIM chulísimo. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas grazas polos vosos comentarios. Alédome que vos gustase o libro LIM da Pascua. Un bico para todas.

    ResponderEliminar
  5. Hermosa entrada para pascuas! Te felicito Ana! A los peques les va a encantar estos recursos! Besos enormes!

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO