Hoxe se celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en todo o mundo para commemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen que naceu un 2 de abril de 1805. É autor de moitos contos infantís tan coñecidos coma: "O soldadiño de chumbo", "A Sereíña", "O parruliño feo", "O traxe novo do emperador", ... Cada ano un país membro da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) é o encargado de editar o cartel e transmitir unha mensaxe destinada a todos os rapaces e rapazas do mundo. Este ano tocoulle a Estonia e foi a escritora Aino Pervik a encargada de elaborar esta mensaxe e o ilustrador Jüri Mildeberg de facer o cartel.
Para lembrar algúns dos contos de Andersen, aquí vos deixo estes videos:
HOLA ANA!!Me alegra muchísimo ver mis dibujitos en tu blog.Muchas gracias guapetona. Un besazo.
ResponderEliminarGracias a ti por hacerlos y compartirlos con todos nosotros. Siempre que pueda seguiré usándolos.Bicos.
ResponderEliminar