Hoxe é o Día da Terra. Es día celebrouse por primeira vez o 22 de abril de 1970 como un recoñecemento ao noso planeta e un xeito de subliñar a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo. Danos a oportunidade de educar á sociedade sobre os desafíos aos que se enfrenta o noso planeta e que afectan directamente ao noso benestar e ao de futuras xeracións. Os grupos ecoloxistas utilízano como ocasión para avaliar os problemas medioambientais do planeta: á contaminación, o cambio climático, o agotamento dos recursos non renovables e a conservación da biodiversidade. Insístese en solucións que permitan eliminar ou paliar os efectos negativos das actividades humanas. Entre estas solucións estarían impulsar a eficiencia enerxética, a reciclaxe, a disminución de emisións contaminantes e o fomento das enerxías renovables.
Para pais, nais e educadores en xeral, é un día ideal para traballar cos nosos pequenos acerca da importancia do coidado do medio ambiente no que vivimos utilizando conceptos básicos para inculcar dende temprana idade o vital que significa o aporte de cada un na tarea de crear un mundo mellor.
En Menudos Peques atopei este fermoso conto da Comisión Europea sobre o cambio climático. Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO