21 feb 2011

XA CHEGA O ENTROIDO


Está a piques de chegar o Entroido unha das festas máis populares e alegres do calendario.  Nós xa comezamos a adornar o colexio ( na imaxe de arriba podedes ver o que puxemos  no noso corredor) e ao longo desta semana iremos preparando os disfraces para a festa .

Para ir traballando sobre o tema, preparei este libro LIM cun conto sobre o Entroido que atopei na rede. As actividades están en galego e en castelán. Espero que vos sexa útil para traballar cos rapaces e rapazas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

2 comentarios:

  1. Tendes unha páxina preciosa e sodes unhas profesionais fabulosas!!!!!!

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO