Mañá celébrase o Día Internacional da Seguridade en Internet en moitos países de Europa e no resto do mundo. Este evento, promovido por INSAFE ( Rede Europea por un Internet Seguro) da Comisión Europea para a conciención sobre un bo e seguro uso da Rede, ten lugar todos os anos desde o 2004 no mes de Febreiro, co obxetivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores y xóvenes. O tema para este ano 2011 é "a vida virtual" arredor do slogan "É MÁIS CUN XOGO, É A TÚA VIDA".
No portal da Xunta de Galicia, podemos atopar o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que @s escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa intención é que se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO