Hoxe pola mañá a primeiriña hora tivemos unha agradable sorpresa. O noso compañeiro José Pena que vai ao taller de carpintería veunos traer o noso mural do inverno . Ainda que xa o rematamos hai un par de semanas, tivemos que esperar a que nos trouxeran o panel de madeira para pegalo e que José fixese o marco e o pintara. Vos deixo as fotos de como o pintaron entre todos para que vexades o ben que o fixeron e tamén como homenaxe ao noso compañeiro LUÍS MIGUEL VARELA que no pasado mes de xaneiro trasladouse a outro centro máis preto da súa casa. Dende aquí queremos desexarlle que teña moita sorte e que de cando en vez visite este blog que é tanto del como noso.
Si vos colocades enriba da imaxe vos sae unha LUPA coa que podedes ver máis de cerca os pequenos detalles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO