10 feb 2016

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres pasado celebramos a festa do Entroido no cole. Como xa vos dixemos en entradas anteriores, a temática deste ano foi: "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS". Por iso, pola pasarela da Maciñeira pasaron rapaces e rapazas de distintos lugares do mundo:

 - Os de Educación Infantil de EXIPTO:






- Os de Primeiro de FRANCIA:




- Os de Segundo de  REINO UNIDO:




- Os de Terceiro de a INDIA:




- Os de Cuarto de XAPÓN:




- Os de Quinto de CHINA:





- E nós, os de Sexto de EEUU:




E por suposto, non podían faltar os protagonistas da Historia: Willy Fog (Phileas Foog na obra orixinal), Rigodón (Juan Picaporte), Rommy (Aouda) e o Inspector Dix (Inspector Fix):


Nin algunhas mamás acompañando aos seus fillos:





Despois do desfile e de recoller os diplomas á participación (un por clase), disfrutamos grazas á ANPA da degustación de ricas ORELLAS e ROSQUILLAS:


E xa para rematar, con moita mágoa, queimamos o noso MECO.






5 feb 2016

ÓRDENES DO MECO: TERCEIRO DÍA

E xa chegamos ao terceiro día das órdenes do Meco. Así que hoxe había que traer algo amarelo, os pés moi elegantes e algo que fixese moito ruído:


E para mañá ...


3 feb 2016

ÓRDENES DO MECO: SEGUNDO DÍA

Lembrades que onte o MECO mandounos vir a todos cos pés ben elegantes? Pois como somos moi cumplidores, hoxe todos viñemos cos nosos pés moi pero que moi elegantes, non si? E como é ACUMULATIVO, tamén viñemos con algo de cor amarela.


E que temos que levar mañá? Lede moi atentamente:

ENTROIDO 2016: ORDES DO MECO

Se o ano pasado, as mamás e papás tan traballador@s da ANPA nos sorprenderon co MECO de Finn e o seu can Jake da serie Hora de Aventuras, este ano no podía ser menos, así que cando chegamos o luns ao cole, atopámonos con .... nin máis nin menos que OS MINIONS!!!!!! que nos van a acompañar na nosa VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS que é a temática elexida este ano para o noso disfraz. 

Eleximos este tema porque dende a Biblioteca, estamos a facer este curso, un proxecto sobre esta obra de Julio Verne. Así que cada clase irá disfrazada do país que lle tocou no proxecto. A novidade deste ano, é que case todos os cursos FARÁN O DISFRAZ NA CLASE . Na nosa clase, tocounos EEUU, e como a parada alí foi na cidade de Nova Iork, iremos disfrazados de .... Síntoo pero teredes que esperar ata o venres para sabelo! ;)

Ollade que preciosidade de MECO temos este ano:


O mesmo luns pola mañá cediño, recibimos a visita de STUART que veu a dicirnos que tiñamos que traer hoxe:


E como somos moi mandadiños, hoxe todos viñemos con ... ALGO DE COR AMARELO:


A primeira hora, Stuart voltou á nosa clase a comprobar que todos cumpríramos co mandato e despois de facelo, deunos a consigna para mañá:


Así que lembrade que mañá ... HAI QUE VIR COS PÉS BEN ADORNADOS!!!!!

1 feb 2016

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este ano, adiantamos a celebración no colexio do Día Escolar da Paz e a Non Violencia ao xoves 28 por motivos organizativos. Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoria, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montamos esta bonita e colorida pomba:


Estes son os que fixemos nós:


Como xa sabedes, no noso cole temos emisora de radio, RADIO BELELLE no dial  102.0 da FM. Por iso, como xa ven sendo habitual, o xoves gravamos un programa de radio onde participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...


A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:


Mentras escoitábamos o programa de radio, estivos a facer unhas bonitas pombas trenzadas que vimos na web de Actiludis:



Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe:


Ademais, no Taller de Escritura Creativa, inventamos e ilustramos uns bonitos poemas de Paz. Ollade que grandes poetas somos:

Con estes poemas, que limos no programa de radio, fixemos un LIBRO-SOBRE que nos quedou así:




A idea orixinal, vímola no blog BIBLIOABRAZO e neste mesmo blog, atopamos este video que explica como facer un LIBRO-SOBRE:

17 ene 2016

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Si clicades na imaxe, accederedes a algúns dos recursos que temos para traballar a PAZ:


Ademáis neste enlace, AULATIC-PAZ poderedes ver todas as nosas entradas sobre o tema.

Esperamos que vós resulten útiles