25 abr. 2016

DÍA DO LIBRO

Este sábado foi o día do libro. Como o venres non tiñamos clase, celebrámolo entre o xoves e hoxe luns. O xoves, a nivel de centro,fíxose un apadriñamento lector dos nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto aos nenos e nenas de educación infantil.
Nós,  acompañados de catro rapaces e rapazas de quinto, lémoslles contos aos nenos da clase da profe Lidia, os de tres e catro anos:




Eles, agasalláronnos cunha fermosa flor que fixeron e nós non quixemos ser menos e agasallámolos con estes bonitos marcapáxinas de animais:


Para lembrar este momento, cada peque sacou unha foto co seu "padriño" lector e os agasallos:

 


Na nosa clase, como nos gustaron moito os marcapáxinas de animais, decidimos facer un igualiño para levarnos ás nosas casas. Ollade que bonitiños nos quedaron:


Tamén escribimos un poema nun cadrado, o pegamos no fondo dunha caixiña que fixemos con origami e despois os intercambiamos cos nosos compañeiros e compañeiras.


E hoxe a última hora fixemos o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente, cada rapaz e rapaza podiamos traer ao cole un ou dous libros polos que recibiamos un vale para cambiar por outro/s no mercadillo.



MOI FELICES LECTURAS

12 comentarios:

  1. ¡Qué bonita forma de fomentar el gusto por la lectura! Y los marcapáginas son preciosos.¡Feliz semana!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Yolanda. Nos alegra mucho que te gusten. Un abrazo.

      Eliminar
  2. Unha actividade fabulosa! Saludos Ana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, Carlota. Paréceme moi enriquecedora para todos. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Qué bonita actividad para celebrar el Día del Libro. Me encantan los marcapáginas! Un beso Ana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Lola.Fue una experiencia que deberiamos repetir más a menudo. Un abrazo.

      Eliminar
  4. una experiencia extraordinaria, a guardar la idea para repetir en otros años. un beso, Ana, amiga.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo también opino lo mismo, Blanca. Por mi lo haríamos todas las semanas ja ja Besos.

      Eliminar
  5. Unhas actividades preciosas, Ana. Seguro que o disfrutaron moito e quedaron con gañas de máis.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Creo que o pasaron moi ben, Anabel, tanto no apadriñamento como facendo as caixas e os marcapáxinas. Unha gran aperta.

      Eliminar
  6. Qué bonita actividad. Me encanta el apadrinamiento lector.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Coincido contigo, María. Es una actividad que se debería fomentar más. Un abrazo.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO