26 oct 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. INVENTAMOS UN LEMA

Imaxe do ilustrador Fran Bueno

"Biblioteca escolar, base de exploracións", e o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

Elexiuse este lema, porque chama a traballar coa información, convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. Ofrécenos unha visión das  bibliotecas escolares como bases de exploración tanto persoal como colectiva, como inicio de viaxes reais ou imaxinarias, como espazo de encontro consigo mesmo e cos outros.

No noso centro, para celebrar este día, o equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, organizou unha exposición de carteis con lemas inventados relacionados coa Biblioteca como Base de Exploracións.

Na nosa clase, cada un inventou un lema (a profe incluída). Escribímolos na pizarra, e sometímolos a votación: 

1.- Ler e explorar na biblioteca escolar. I

2.- A mellor aventura que podas imaxinar, na biblioteca vala atopar. I

3.- Ao ler, moitas boas aventuras vas a ter.

4.- Na biblioteca vas a explorar, os libros que atoparás.

5.- Se cada día les un libro, un incrible mundo poderás explorar.I

6.- Na biblioteca os libros explorarás, e se non o fas triste quedarás. II

7.- Á biblioteca irás e libros atopás, e con eles novos mundos explorarás.I

8.- Leo moitos libros, algúns de medo, outros de risa e todos para explorar cada día.II

9.- Se che gusta a aventura, na biblioteca busca unhas boas lecturas.I

10.- Nun país multicolor brilla a biblioteca Maciñeira baixo o sol. Xente de todo o mundo, ven de París ou de Madrid, para ler, disfrutar e coa lectura explorar.

11.- Tanto na Terra como na Lúa, disfruta dunha boa lectura. II

Como podedes observar, nesta primeira votación houbo un triple empate entre o 6, o 8 e o 11. Así que houbo que desempatar. E nunha segunda votación, con seis puntos, o lema gañador foi o de Sara Fernández:

" NA BIBLIOTECA OS LIBROS EXPLORARÁS
E SE NON O FAS TRISTE QUEDARÁS"

A continuación, coas aportacións de todos, fixemos o noso cartel para a exposición que nos quedou así de ben. Non credes?

24 comentarios:

  1. Me encanta cada uno de los lemas y el dibujo os ha quedado precioso. Que tengas una linda semana. Saludos :)

    ResponderEliminar
  2. Hola. un lema perfecto para acercar a los alumnos a las bibliotecas y los libros. Seguimos en contacto

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es el que eligieron por mayoría, Marta. Lo han hecho fenomenal. Un saludo.

      Eliminar
  3. Quedouvos un cartel chulísimo , chicos/as!!!!
    Bo traballo!!!
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. Les quedó estupendo el cartel , con esa alfombra y ese eslogan.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  5. Me encanta el lema y el cartel ha quedado precioso. Muy buen trabajo para fomentar el gusto por la lectura.

    ResponderEliminar
  6. bueno, bueno, sin palabras. Como se nota la edad!!! los míos son tan chiquis!!!

    Excelente trabajo. Mil besos, guapa.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Los tuyos seguro que también lo hacen fenomenal a su nivel, Blanca. Un besazo.

      Eliminar
  7. ¡Qué bonito! Muchas felicidades ha quedado muy chulo.
    Un bico forte

    ResponderEliminar
  8. Han discurrido mucho y han aportado unos buenos lemas. El dibujo muy bonito.
    Un besico

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lo han hecho todos muy bien, Blanca. Los lemas eran muy bonitos. Un beso.

      Eliminar
  9. Un lema perfecto para a ocasión e un cartel moi colorido. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  10. Seguro que entre vós non hai tristes!!! Moi chuli o voso lema! Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non, profes. Son moi bos lectores e todos axudantes da biblioteca do cole ji ji Unha aperta.

      Eliminar
  11. Felicidades por el trabajo realizado, os ha quedado estupendo. Un biquiño Gelis

    ResponderEliminar
  12. Encantoume o voso traballo, Darlle á biblioteca a importancia que se merece. Aproveitade todos os recursos que vos ofrece para aprender moito e disfrutar aprendendo!. Moitos bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas, Ángeles. Os meus nenos e nenas son moi asiduos á biblioteca do centro. Unha aperta.

      Eliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO