Aínda que o día da Paz non é ata o 30 de Xaneiro, como cadra en domingo, nós o adiantamos para hoxe pois os venres e os luns faltan os rapaces e rapazas que son de lonxe.
¿Que como o celebramos?
Pois ben, primeiro fomos á sala de xuntas onde vimos a presentación do día da Paz que grabamos coas nosas voces e o conto de "Marce o Carteiro" grabado polos alumnos e alumnas da profe Ana Sofía. Houbo recitado de poesías e a continuación fixemos unha cadea pola paz coa música de Amaral:"Rosa de la paz". Despois fomos á sala de día onde cada clase colocou o seu vagón no TREN POLA PAZ (o noso o podedes ver arriba de todo).
O NOSO TREN POLA PAZ on PhotoPeach
E para rematar... UHMMMMMMM tivemos chocolatada con CHURROS INCLUÍDOS!!!!!!!!!!!!!!! QUE RICOS!!!!!Aquí vos deixo o conto de "Marce, o carteiro". Espero que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO