Ao longo destas semanas traballaremos sobre o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Este día celébrase todos os 30 de Xaneiro, desde 1964, por iniciativa de Llorenç Vidal, un educador, poeta e pacifista mallorquín, que creu necesario fixar un día no que os colexios promoveran a non violencia e a paz e así dende a educación fomentar a paz, a solidariedade, a tolerancia, a amizade, o diálogo e buscar o entendemento entre as distintas razas, relixións e culturas. Elixiuse esta data en honor a Mahatma Gandhi un político e pensador pacifista, que loitou desde a non violencia, pola liberación da India e que foi asasinado o 30 de Xaneiro de 1948.
Navegando pola rede atopei este fermoso conto "El castillo de arena" en Google Docs que creo moi axeitado para traballar a Paz. Non podo citar a fonte porque non a poñía en ningures. Para que cargase máis axiña o subín a Issuu tal cual estaba e este é o resultado:
Ademáis preparei este libro Lim con actividades para Infantil e Primaria sobre o que significa a Paz e algúns Premios Nobel da Paz, espero que vos sexa útil.
Ai, Ana!!! Cómo me gustou o contiño do Castelo de Arena... Cópiocho... xa sabes que aínda estou recén aterrada... así que teño que aproveitarme do traballo das amigas de verdade.
ResponderEliminarApertas mil!!!