3 jun 2014

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE


Ainda que o coidado e a preservación do medio ambiente e do noso planeta en xeral, están presentes na nosa clase durante todo o curso, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente o próximo 5 de xuño, durante esta semana estamos a traballar máis a fondo este tema:
  • A través destes videos de "OS ANIMAIS SALVAN O PLANETA" con consellos para salvagardar o noso medio ambiente:

Video 1: Comer unha dieta equilibrada            
Video 2: Usar só a auga necesaria               
Video 3: Utilizar produtos biodegradables     
Video 4: Usar bombillas de baixo consumo     
Video 5: Reciclar todo o que se poida            
Video 6: Non malgastar enerxía
Video 7: Aislar a casa
Video 8: Apagar o que non se utiliza
Video 9: Non usar bolsas de plástico
Video 10: Recoller o lixo
Video 11: Reducir as emisións
  • E a través destes recursos que temos doutros ano e que vos deixamos aquí por se vos resultan útiles a vós tamén:


2 jun 2014

O ESQUELETO II: PRACTICANDO COA REALIDADE AUMENTADA


Despois de saber para que serve o esqueleto, quixemos saber como se chaman algúns dos ósos que o forman, para iso utilizamos algúns recursos como estes:



Practicamos con este xogo:


Con esta ficha:

Co puzzle dos ósos que temos no noso recuncho do proxecto:


E ademais, aproveitando que temos unha tablet na clase, descargamos nela dúas aplicacións gratuitas sobre o corpo humano.
Coa  primeira:

vimos un póster dun esqueleto e tamén como dunha figura que parecía un cadrado, saía un esqueleto en vertical que nos dicía o nome dos ósos. Parecía maxia!!!!!!!


A segunda:


permitiunos ver o noso esqueleto:
         



1 jun 2014

O ESQUELETO I

Continuando co noso estudo sobre os ÓSOS, descubrimos que o conxunto de todos os ósos chámase ESQUELETO e que o esqueleto serve para soster o corpo e protexer órganos tan importantes como o corazón, o cerebro, os pulmóns, ...
Nos seguintes videos, explícannolo dun xeito moi sinxelo:





Coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha onde ademais de completar coas palabras precisas, montamos un esqueleto a partir dunha ficha que podedes atopar na estupenda páxina de ACTILUDIS:


E como montamos tan ben o esqueleto, decidimos volver a montalo pero esta vez utilizando paíños de algodón. Ollade que chulis nos quedaron:


31 may 2014

IMOS AO TEATRO


O venres fomos á Fundación Novacaixagalicia  a ver a obra "LUME" baseada nun libro do mesmo nome do escritor Alberto Varela Ferreiro, a cargo da compañía BABALUVA.


A obra baséase nunha historia de cooperación e concienciación medioambiental xa que se trata dun incendio que se produce nun bosque e todos os animaliños teñen que unirse para atallar ese lume.

SINOPSE:

"Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can…
Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e ao esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume."

Ainda que nos gustou todo, o máis orixinal da obra foi o xeito de elaborar os animaliños e o resto do decorado xa que estaban realizados utilizando obxetos cotiás como envases, medias, guantes, panos de cociña, taburetes, ... todo moi sinxelo e colorido.




PASÁMOLO FENOMENAL !!!!!

29 may 2014

RECIBIMOS A VISITA DE PAULA MERLÁN

Hoxe tivemos a gran sorte de contar no noso cole coa visita da escritora infantil e mestra, PAULA MERLÁN, autora de dous albums ilustrados : "Esto no es una fábrica de sonrisas"e "Moranda" e  unha novela "Ali e os Macapún"que desinteresadamente veunos contar o seu ebook dixital: "FEROZ E MAULLÍN".


Esta APP dispoñible  en APPLE STORE, é unha ferramenta para aprender a ler adaptada ás necesidades de cada neno podendo elexir idioma, nivel de dificultade, tipo de letra,... e con actividades de comprensión ao final.
Gustounos moitísimo o conto porque  ademáis de que o texto e as ilustraciones eran moi bonitas, a aplicación ten moitos sons e movementos que fixeron que estivésemos moi atentos.


Despois do conto, fixemos un pequeno obradoiro de debuxo no que  pintamos dúas esceas do conto:


E por suposto quitamos unha foto de grupo con ela:


Paula ademais adicounos os seus libros para a nosa biblioteca:


E para agradecerlle que viñese ao noso cole a contarnos un conto tan fermoso, lle regalamos unha camiseta coa mascota da nosa biblioteca:

E se queredes estar ao tanto dos seus novos libros e actividades, non dubidedes en visitar o seu blogue. "CUENTOS EN EL DESVÁN"

28 may 2014

QUE TEÑEN OS ÓSOS POR DENTRO?

Continuando co noso estudo dos ósos, quixemos saber como era un óso por dentro. Descubrimos que case todos os ósos están compostos por:

  • Unha membrana fina que se chama PERIOSTIO.
  • Unha capa lisa e dura formada por ÓSO COMPACTO
  • Por dentro do óso compacto, moitas capas de ÓSO ESPONXOSO que como di o seu nome, se parece bastante a unha esponxa.
  • É a parte máis interna a MÉDULA ÓSEA.
Nesta animación flash podedes ver como é un ÓSO. Clica na imaxe e despois nos rótulos para obter máis información:


http://kidshealth.org/kid/en_espanol/interactivo/bones_it_esp.html

Quixemos recrealo e para iso, fabricamos unha maqueta cun tubo de cartón de papel hixiénico, unha esponxa amarela, papel de seda tamén amarelo, unha palliña, dous trozos de lá de cor azul e vermello e plástico transparente:



E coma sempre, para afianzar o aprendido, fixemos esta ficha:


E como non todo vai ser traballar, vos deixamos este xogo de memoria sobre ósos:

http://primerodecarlos.com/SEGUNDO_PRIMARIA/septiembre/unidad_1/memoria.swf

27 may 2014

ESTUDAMOS OS ÓSOS: COMO SON?

 Estes días estamos a estudar os ÓSOS. Descubrimos que os ÓSOS son as partes DURAS do noso corpo, que son RÍXIDOS e por iso NON SE PODEN DOBRAR. Ao principio non o tiñamos moi claro, pero a profe deixounos uns ósos de polo para que o comprobásemos por nós mesmos :


Aprendimos que no corpo temos 206 ósos, e que non todos son iguais: algúns son LONGOS (como o fémur), outros CURTOS (como os ósos das mans) e outros PLANOS (como os ósos do cranio):


Tamén  que ainda que son moi duros se nos damos un golpe moi forte poden FRACTURARSE que é o que lle pasou ao noso compañeiro Kevin, que estivo tres semanas sin vir porque nunha caída fracturou o ombro.
Falamos de que para que os nosos ósos estean moi fortes e sans temos que tomar moito CALCIO e que o calcio o atopamos no leite, nos iogures, no queixo,... Porque, que pasaría se non tomásemos calcio? Para iso comezamos un experimento utilizando...


Pero deste EXPERIMENTO falaremos a semana que vén cando o teñamos completado ji ji.

Ademais, sabedes que? Os médicos poden sacar fotografías dos nosos ósos utilizando un aparato de RAIOS X. Por casualidades da vida, no noso cole resulta que temos un cuarto onde hai unha máquina antigua de Raios X, así que nin cortos nin perezosos fomos a visitala e aproveitamos para quitar unha foto alí:


E como son as fotografías que saen? Esas fotografías chámanse RADIOGRAFÍAS e a profe amosounos unhas que tiña na clase. Eran uns papeis negros nos que non se veía nada. Pero cando as puxemos na ventá .... misteriosamente vimos o que había nelas:


E quixemos ter unha radiografía da nosa man , así que nos puxemos máns á obra e este é o resultado:


E para que non se nos olvidase todo o que aprendimos, fixemos esta fichiña:


Mañá vos seguiremos informando de outras cousiñas que tamén aprendimos.