Mostrando entradas con la etiqueta RA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RA. Mostrar todas las entradas

3 may 2017

ÉPOCA AZUL DE PICASSO CON AURASMA


Entre 1901 e 1904, Picasso, que estaba moi triste polo suicidio do seu amigo Carlos Casagema, pintou unha serie de obras con figuras humanas  alongadas e temas cheos de dor, pobreza e soidade, nas que predomina a cor azul, por iso a este período, chámase a ÉPOCA AZUL.

Nesta presentación que preparou a profe, puidemos ver algúns dos cadros que pintou nesta etapa:

ÉPOCA AZUL DE PICASSO on PhotoPeach

Despois a profe díxonos que tiñamos que  averiguar o nome dalgunhas destas obras e que comezariamos por estas seis de aquí abaixo.


Todos quedámonos sorprendidísimos porque nós non veiamos ningún cadro só a Picasso con seis marcos baleiros. A profe, díxonos que para poder ver cales eran os cadros que se agochaban debaixo de cada marco, primeiro debiamos descargar no teléfono ou na tablet, a aplicación AURASMA , abrila e facernos seguidores do noso canal:

http://auras.ma/s/7wUkN

Unha vez feito isto, enfocando a imaxe de Picasso e os cadros coa cámara  .... OS CADROS APARECERON POR ARTE DE MAXIAAAAA!!!!!!!!



A continuación, buscamos os cadros nunhas miniaturas que nos deu a profe...


E os pegamos na orde correcta:



O último paso, foi buscar o nome dos seis cadros. Puxémonos por parellas, puxemos no buscador: 
ÉPOCA AZUL DE PICASSO, démoslle a imaxes e... ATOPAMOS O NOME DE TODOS!!!!



 Por último, cada un elexiu un un cadro da época azul de Picasso para recrealo pero iso... amosarémovolo nunha nova entrada.

9 abr 2017

APRENDEMOS OS ÓSOS CON RA


No último tema de naturais do trimestre, ademais dos sentidos, tamén estudamos os ósos e os músculos.

Para aprender os ósos, fixemos un esqueleto articulado que vimos na web de ACTILUDIS:


Ademais copiando unha idea que vimos no blog de  Óscar, La eduteca, coa aplicación AUGMENT, sacámonos unha foto cun esqueleto:


A continuación, con moito coidado, etiquetamos os ósos. Aquí podedes ver algún exemplo:


En canto aos músculos, practicamos a colocalos e tamén o seu nome, con esta ficha que tamén atopamos na web de ACTILUDIS:


Pero iso non foi todo, coa aplicación ANATOMY 4D e o seu marcador, na tablet vimos o esqueleto, os músculos e repasamos algúns dos aparatos que estudamos no tema anterior:


E con estes recursos que recopilamos no noso google sites seguimos aprendendo e practicando:


10 mar 2017

10 GRANDES MULLERES GALEGAS

Como xa vos comentamos na entrada anterior, durante esta semana, estivemos a investigar sobre a vida de dez mulleres importantes da historia galega.

Primeiro, cada un de nós fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:


A continuación, fixemos unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante da nosa personaxe:


E por último, cos nosos debuxos xeramos uns códigos QR con UNITAG que redireccionamos á nosa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:


Para ver se funcionaban, utilizamos o móbil da profe e "limos" os códigos coa aplicación gratuita I-nigma que é o lector de códigos QR que ten a profe pero hai moitos máis como Beetag , Up-Code, QuickMark, ...










Por se alguén non quere descargar ningún lector de códigos QR no seu teléfono móbil, deixámosvos a presentación para que poidades saber quen é cada unha e por que nos parecen mulleres  dignas de pertencer á historia galega:


8 mar 2017

8 DE MARZO


Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, esta semana estamos  investigando a vida de dez mulleres importantes na historia de Galicia, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero que é algo que xa traballamos ao longo de todo o ano.

A finais de semana, amosarémosvos o noso traballo que inclúe unha presentación colectiva feita co OpenOffice Impress ( o libre software equivalente a Power Point) e tamén RA (Realidade Aumentada) en forma de códigos QR.

Para ir abrindo boca, deixámosvos a portada da nosa presentación cos debuxos das dez protagonistas da mesma. Seredes quen de descubrir a identidade algunha? Se  non é así,  non vos preocupedes, o vindeiro venres ...  descubrirédelo.